Nominoe

nobre bretón, primeiro gobernante da Bretaña

Nominoe (en francés Nominoë ou, ás veces Nominoé; en bretón Nevenoe; en latín Nomenoius ou Numenoius[1]), nado en 800 e finado o 7 de marzo de 851 en Vendôme Francia,[2] ou nos seus arredores, foi o primeiro conde de Vannes, nomeado por Ludovico Pío en 826 na Dieta de Ingelheim, e missus imperatoris (mensaxeiro imperial), inspirado nos missi dominici do Imperio romano e, en 831, ducatus ipsius gentis, príncipe da súa propia tribo (a dos bretóns).

Nominoe
Conde de Vannes
O xuramento de Nominoe.
Ilustración vitoriana na que Nominoe xura vingarse dos francos por mataren un emisario bretón.

Reinado819 - 851
Outros títulosXefe tribal dos bretóns (831-851)
Nacemento800
Armórica
Falecemento7 de marzo de 851
Vendôme (ou nos arredores)
PredecesorMurmanus
SucesorErispoe
Descendencia

Na rede
WikiTree: Bretagne-186

A miúdo coñécese como o primeiro rei da Bretaña, citado con este título por primeira vez polo cronista medieval Rexino de Prüm (Regino Prumiensis).

Foi soberano da Bretaña desde 845 até 851. Estivo na orixe do nacemento dunha Bretaña unificada e independente, polo que se considera o Pai da Patria bretoa, e os nacionalistas bretóns chámano Tad ar Vro ("pai do país").

Orixe editar

Non se coñecen os devanceiros de Nominoë, só sabemos que tiña unha irmá que era nai do rei Salomón da Bretaña, como se mostra nun documento de Erispoe, no que nomea tanto ao seu pai, Nominoe como a Salomón, definíndoos como curmána.[3]

Traxectoria editar

Ludovico Pío nomeouno missus dominicus da Bretaña (Princeps Veneticae stateis), en 831,[3] e en 834, segundo a Diplomata Ludovigi Pii Imperatoris, o emperador chamono fiel (fideli nostra Nominoë) e lle confirmou a doazón do mosteiro de S. Salvador en Redon.[4]

Despois da morte de Murmanus, en 837, que, segundo o cronista franco Rexino de Prüm en 836 fora o responsábel da rebelión contra Ludovico Pío.[5] Entón o emperador preparou un exército e atacou, sen obter a vitoria. O emperador, Ludovico Pío, na Dieta de Ingelnheim, nomeou a Nominoe duque do seu pobo (Ducatus ipsius gentis).[5]

Despois da morte de Ludovico Pío, Nominoe recoñeceu inicialmente a autoridade do rei dos francos occidentais, Carlos o Calvo.

Pero, despois duns anos, negouse a seguir recoñecéndoo e, de feito, comezou unha guerra de conquista cara ao Condado do Maine. En 845 Nominoe dispersou o exército franco de Carlos o Calvo, preto de Redon, na batalla de Ballon, obrigando, segundo R. McKitterick, coa paz de 846,[6] ao rei dos francos occidentais a recoñecer a independencia da rexión bretoa.[3]

Notas editar

  1. Regino Prumiensis, Crónica, en G. H. Pertz, Monumenta Germaniae historica, Script I, p. 567, Weidmann, Berlin, 1861.
  2. René Merlet, La Chronique de Nantes (570 environ-1049), Alphonse Picard, 1896, p. 42.
  3. 3,0 3,1 3,2 Nominoë en Medieval Lands.
  4. Rerum Gallicarum et Francicarum Scriptores, tomus sextus - Diplomata Ludovigi Pii Imperatoris, páx. 597.
  5. 5,0 5,1 Monumenta Germanica Historica: Reginonis Chronicon, anno 836, páx. 567 Arquivado o 4 marzo de 2014 en Internet Archive. Consultado o 12 de agosto de 2921.
  6. Annales Bertiniani anno 846, páx. 64.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Arthur de La Borderie, Histoire de Bretagne, t. 2, Mayenne: Joseph Floch, 1975 (1ª ed. 1898), pp. 27-72.
  • Barthélemy-Amédée Pocquet du Haut-Jussé, Nominoë et la naissance de la Bretagne, Société d'histoire et d'archéologie de Bretagne, 1945.
  • Barthélémy-Amédée Pocquet du Haut-Jussé, Les Papes et les Ducs de Bretagne, Spézet, COOP Breizh, 2000, ISBN 2-84346-077-8.
  • Henri Poisson, Nominoë: Fondateur de l'État breton, Saint-Brieuc: Les Presses Bretonnes, 1967.
  • Hervé Le Boterf, Nominoë et l'épopée des Rois de Bretagne, París: France-Empire, 1981. ISBN 2-7048-0875-9.
  • André Chédeville & Hubert Guillotel, La Bretagne des saints et des rois: Ve – Xe siècle, Éditions Ouest-France, 1984, ISBN 2-8588-2613-7.
  • Jean-Christophe Cassard, Les Bretons de Nominoë, Brasparts: Editions Beltan, 1990. ISBN 2-9059-3917-6.
  • Noël-Yves Tonnerre, Naissance de la Bretagne. Géographie historique et structures sociales de la Bretagne méridionale (Nantais et Vannetais) de la fin du VIIIe à la fin du XIIesiècle, Angers: Presses de l'Université d'Angers, 1994. ISBN 2-9030-7558-1.
  • Janet Nelson, Charles le Chauve, París: Aubier Histoires, 1994. ISBN 2-7007-2261-2.

Ligazóns externas editar