Hoël I da Bretaña

Hoël I da Bretaña (en bretón: Hoel Iañ), finado en 981, foi un nobre bretón que foi conde e Nantes e duque da Bretaña desde 960 a 981.

Hoël I da Bretaña
Duque da Bretaña

Reinado960 - 981
Outros títulosConde de Nantes
NacementoSéculo X
?
Falecemento981
?
PredecesorDrogón
SucesorGuerech da Bretaña
Consorte?
Casa realCasa de Nantes
ProxenitoresAlan II da Bretaña
Xudite

Na rede
WikiTree: Bretagne-122

TraxectoriaEditar

Hoël era un fillo ilexítimo de Alan II da Bretaña e Xudite.[1] Á morte de Drogón, irmán de Hoël e de Guerech, o goberno do ducado da Bretaña dispersouse entre os principais nobres. A proba deste liderado roto está nas cartas do papa Xoán XIII a Bretaña, dirixidas a Judicael Berengario e ao seu fillo Conan I, así como a Hoël e ao seu irmán Guerech.[2]

En 975, Hoël entrou en conflito con Conan, conde de Rennes, e duque eventual da Bretaña tras o goberno de Hoël e o seu hermano Guerech. Conan, que controlaba o norte da Bretaña, considerábase o gobernante de todo o país. O exército de Hoël estaba reforzado con tropas de Godofredo I de Anjou, mentres que as forzas de Conan I apoiábanas a Casa de Blois.[3] Tivo lugar unha batalla en Conquereuil na que Godofredo derrotou a Conan I, a pesar de que o resultado militar da batalla foi indeciso, xa que constan resultados diferentes nas Crónicas de Nantes e Mont St Michel.[4]

En 981, Hoël apoiou ao seu imán Guerech para que fose elixido bispo de Nantes en substitución de Gauthier I, que morrera.

FamiliaEditar

Descoñécese o nome da cónxuxe de Hoël I. Tivo polo menos dous fillos coñecidos:

  • Judicaël (c. 979 - 1004) - Conde de Nantes e pai de Budic e Xudite de Nantes.
  • Hoël

MorteEditar

En 981, durante unha visita de Guerech ao Metropolitano de Tours, que controlaba todos os bispos da Bretaña, Hoël foi asasinado por Galuron, por orde de Conan I. Guerech deixou o seu bispado de Nantes antes de ser consagrado bispo, e foi elixido Conde de Nantes.


Títulos
Precedido por
Drogón
Duque da Bretaña
Conde de Nantes

960981
Sucedido por
Guerech

NotasEditar

  1. Segundo a Chronique de Nantes, "Hi nompe progenitiex nobili matre, nomine Judith, exctiterant, antequam Alanus praefatus sororem Theobaldi comitis Blesensis in uxorem duceret".
  2. Barthélémy-Amédée Pocquet du Haut-Jussé: Les Papes et les Ducs de Bretagne. Publicado en 1928 pola éditions De Boccard, Paris. (Hoëdic na páx. 511).
  3. Conan I era vasalo de Teobaldo I de Blois.
  4. En fait l’issue du combat fut très indécise: victoire nantaise pour la Chronique de Nantes et victoire rennaise pour celle du Mont-Saint-Michel: Anno DCCCCLXXXI.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Chédeville, André & Noël-Yves Tonnerre (1987): La Bretagne féodale XIe-XIIIe siècle. Ouest-France: Université Rennes. ISBN 27-373-0014-2.
  • Quaghebeur, Joëlle (2002): La Cornouaille du IXe au XIIe siècle. Mémoire , pouvoirs, noblesse. Rennes: Presses Universitaires de Rennes. ISBN 2-8684-7743-7.
  • Tonnerre, Noël-Yves (1994): Naissance de la Bretagne. Géographie historique et structures sociales de la Bretagne méridionale (Nantais et Vannetais) de la fin du VIIIe à la fin du XIIe siècle Angers: Presses de l'Université d'Angers. ISBN 2-9030-7558-9.

Ligazóns externasEditar