Alan de Nantes
Alan de Nantes, tamén coñecido como Alan da Bretaña (corresponderíalle o nome de Alan III, pero no se lle aplica máis que raramente, e tampouco se utiliza moito o nome Alan II da Bretaña; ás veces menciónase como Alan III de Nantes, aproveitando que Alan III da Bretaña foi o único Alan que non foi conde de Nantes), nado despois de 981 e finado en 990, foi un nobre normando, que foi duque da Bretaña (de jure) e conde de Nantes durante tan só dous anos, desde 988 a 990.
Biografía | |
---|---|
Morte | 990 Nantes, Francia |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Duque |
Pai | Guerech da Bretaña |
Traxectoria
editarAlan era fillo e sucesor de Guerech da Bretaña e da súa esposa Aremburga de Ancenis.
Sucedeu ao seu pai (morto en 988) como duque e conde cando era moi novo, e morreu, segundo a Chronique de Nantes, de enfermidade no ano 990.
A súa morte permitiu a Conan I da Bretaña, conde de Rennes, que xa matara ao pai de Guerech (e ao irmán deste Hoel I) ocupar Nantes, onde construíu o castelo do Bouffay, para confiar o goberno da cidade ao su aliado o bispo Orscand de Vannes, e proclamarse duque da Bretaña.[1]
Notas
editar- ↑ Chédeville & Tonnerre 1987, p. 34.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Chédeville, André & Noël-Yves Tonnerre (1987): La Bretagne féodale XIe-XIIIe siècle. Ouest-France: Université Rennes. ISBN 27-373-0014-2.
- Tonnerre, Noël-Yves (1994): Naissance de la Bretagne. Géographie historique et structures sociales de la Bretagne méridionale (Nantais et Vannetais) de la fin du VIIIe à la fin du XIIe siècle Angers: Presses de l'Université d'Angers. ISBN 2-9030-7558-9.