Godofredo II da Bretaña
Godofredo II da Bretaña (en bretón: Jafrez; en latín: Galfridus, en anglonormando: Geoffroy) naceu en Londres, o 23 de setembro de 1158, e morreu en París o 19 de agosto de 1186.[1][2] Era o cuarto fillo home de Henrique II de Inglaterra, duque de Normandía e conde de Anjou, e da súa esposa Leonor de Aquitania. Foi duque da Bretaña en nome da súa prometida Constanza da Bretaña.
Traxectoria
editarO duque da Bretaña Conan IV subtraeu o poder ó seu titor Eon de Porhoët grazas ó apoio do rei de Inglaterra. Pero esta rivalidade, así como a intervención de Henrique II, provocaron as rebelións sucesivas de moitos das súas vasalos, dirixidos por Eon e os príncipes de León. Proclamado duque en 1156, tivo que abdicar en 1166 cando Henrique II invadiu a Bretaña e, á cabeza dunha armada, arrasou as vilas insurrectas. Para controlar mellor a Bretaña, Henrique II comprometeu dous nenos: o seu fillo Godofredo (13 anos), e a herdeira Constanza (10 anos), filla de Conan IV. Henrique II fíxose nomear rexente do ducado até a maioría de idade de Godofredo.
Morte
editarO matrimonio de Godofredo e Constanza produciuse en xullo de 1181, pero o poder efectivo de Godofredo foi breve porque faleceu accidentalmente durante un torneo no que participou, en París (Francia) —onde se refuxiou logo de rebelado contra o seu pai, o rei Henrique II—, o 19 de agosto de 1186, ós 27 anos de idade, sendo enterrado na Catedral de Notre Dáme.[3][4] Porén, tivo tempo de ordenar a redacción, por unha asemblea de xuristas (1185), dun texto xurídico, Assise au Comte Geoffroy, mediante o cal trataba de limitar a división dos grandes feudos, o que lle valeu o favor dos baróns.
Descendencia
editarDo seu matrimonio naceron 3 fillos:
- Leonor (n. 1184 - m. presa no castelo de Bristol, 12 de agosto de 1241), pretendente á sucesión do ducado á morte do seu irmán, pero foi encarcerada por orde do seu tío Xoán sen Terra até a súa morte.
- Matilde (n. 1185 - m. cara a 1189).
- Artur I (fillo póstumo), Nantes, 29 de marzo de 1187 - m. asasinado, Ruán, 3 de abril de 1203), sucesor do seu pai no ducado e pretendente ó trono de Inglaterra.
Legado
editarO novo rei de Inglaterra, Ricardo Corazón de León, continuou coa política paterna de suxeición da Bretaña e apresou á duquesa en 1197 en Carhaix. Os bretóns reaccionaron e derrotaron á súa armada, motivo polo cal Artur I da Bretaña foi confiado ó rei de Francia, Filipe Augusto, a fin de garantir a súa seguridade.
Notas
editar- ↑ Marie-Aline de Mascureau, Chronologie, primitivement publiée dans Aliénor d’Aquitaine. Revue 303, hors-série 81, p. 218-223, Nantes 2004, in Edmond-René Labande, Pour une image véridique d’Aliénor d’Aquitaine, réédité avec une préface de Martin Aurell par la Société des antiquaires de l'Ouest-Geste éditions en 2005. ISBN 2-84561-224-9
- ↑ Mascureau, obra citada,p.142
- ↑ D’« une dysenterie succédant à l’accident», selon Dom Lobineau (Histoire de Bretagne, Palais Royal, 1973, I, p. 171, CLVIII).
- ↑ Arthur de La Borderie « Le règne de Geoffroy II »