María de Francia e de Aquitania

noble francesa (1145-1198)

María de Francia e Aquitania, nada en 1145 e finada o 11 de marzo de 1198, foi unha princesa de Francia e rexente do condado de Champaña (1181 - 1187 e 1190 - 1197). Participou na cultivada corte de Leonor de Aquitania en Poitiers (1170-1173) e ela mesma mantivo unha corte de amor brillante e protexeu ou alentou a varios escritores, entre os cales estaban Chrétien de Troyes, Gace Brulé, Gautier d'Arras, Guiot de Provins, Huon d'Oisy ou Geoffroi de Villehardouin.

María de Francia e de Aquitania
Marie Champagne.jpg
Nacemento1145
Lugar de nacementoReino de Francia
Falecemento11 de marzo de 1198
Lugar de falecementoMeaux
SoterradaMeaux Cathedral
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónaristócrata
PaiLuís VII de Francia
NaiLeonor de Aquitania
CónxuxeHenrique I de Champaña
FillosHenrique II de Jerusalém, Scholastique of Champagne, Maria de Champanhe e Teobaldo III de Champaña
IrmánsMargarida de Francia, Leonor Plantagenet, Inés de Francia, Joana de Inglaterra, rainha da Sicília, Adela de Francia, Matilde de Inglaterra, Duquesa da Saxônia, Adelaida de Francia, Xoán I de Inglaterra, Henrique o Rei Mozo, Godofredo II da Bretaña, Filipe II de Francia, Ricardo I de Inglaterra e Guilherme, Conde de Poitiers
Na rede
WikiTree: Capet-526 Find a Grave: 11012601 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Orixes familiaresEditar

Primeira filla do rei Luís VII de Francia e da súa primeira esposa, Leonor de Aquitania. Era neta por liña paterna de Luís VI de Francia e de Adelaida de Savoia, e por liña materna de Guillerme X de Aquitania e Leonor de Châtellerault. Era a irmá máis vella, por parte de nai, dos futuros reis de Inglaterra Ricardo Corazón de León e Xoán sen Terra.

Matrimonio e descendentesEditar

Casou en 1164 con Henrique I de Champaña, conde de Champaña e Brie. Desta unión naceron cinco fillos:

Tras a morte do seu marido, asumiu a rexencia do condado de Champaña en nome do seu fillo ata o ano 1187. En 1190, o seu fillo foi loitar en Terra Santa e ela volveu ser rexente do reino, ata que Henrique II casou coa raíña de Xerusalén e foi nomeado rei. Cando o seu fillo Henrique II morreu en 1197, María de Francia cedeu o poder ao seu segundo fillo Teobaldo II e retirouse a un convento. Morreu en 1198.

Véxase taménEditar