Anjou

rexión histórica e cultural francesa

Anjou foi unha rexión histórica e cultural francesa que se corresponde coa antiga provincia do mesmo nome e cuxa capital é Angers. Aínda que xa hai ben tempo que desapareceu o ducado, o termo « Anjou » aínda se utiliza para definir o territorio do Maine e Loira[1][2]. O logo do departamento retoma o termo «Anjou»[3]. O territorio do Anjou correspóndese co actual departamento de Maine e Loira, así como con outros territorios integrados en diversas divisións administrativas.

Mapa do Anjou
Bandeira da antiga provincia do Anjou.

Historia Editar

Anjou aparece na Antigüidade como entidade territorial co pobo dos andecavos. O seu territorio, centrado en Angers (daquela Andegavum), correspóndese en parte cos límites do futuro Maine e Loira. Após a ocupación romana, o Anjou encóntrase máis tarde no centro de varias influencias e rivalidades, sobre todo entre os francos e os bretóns. Sendo xa condado, convértese no corazón do imperio Plantagenêt, ou «imperio anxevino» no século XIII.

Anjou conserva a súa independencia fronte aos reis de Francia até 1259, data do Tratado de París, que o vincula á coroa de Francia. Dado en herdanza tras a morte de Luís VIII de Francia, pasou a ser ducado en 1360. O Anjou anexionouse definitivamente ao Reino de Francia en 1481.

Culturalmente, asócianse ao Anjou os seus viñedos, o río Loira, os seus materiais de construción (lousa e tufa calcaria), así como a súa gran concentración de trogloditas.

O poeta Joachim du Bellay inmortalizou Anjou na súa obra Les Regrets, publicada en 1558.

Notas Editar

  1. Comité départemental du tourisme & Fédération des offices de tourisme et syndicats d’initiative de l’Anjou. "Anjou Tiurisme". Consultado o 13-10-2015. 
  2. Comité d'expansion économique de Maine-et-Loire. "Anjou. Comité d'expansionéconomique.". Arquivado dende o orixinal o 14-01-2016. Consultado o 13-12-2015. 
  3. Logo do CG49. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 14 de outubro de 2015. 

Véxase tamén Editar