Pobo bretón
Os bretóns[7] son un grupo étnico que habita na rexión histórica da Bretaña, en Francia. A súa orixe como pobo procede dos grupos de britónicos que emigraron dende o suroeste de Gran Bretaña, incluíndo Cornualla, para fuxir da invasión dos pobos xermánicos. Tamén descenden dos antigos galos e en menor medida dos viquingos. Emigraron en diversas ondas dende o século III até o IX (a maioría entre os anos 450 e 600) cara a Armórica, que foi chamada Bretaña por eles.[8]
Pobo bretón | |
---|---|
Une Jeune Bretonne, pintura de Roderic O'Conor. | |
Poboación | |
Poboación total: c 6-8 millóns | |
Rexións principais: | |
Bretaña | 3 120 288[1] |
Loira Atlántico | 1 246 798[2] |
Illa de Francia | 1 500 000[3] |
Le Havre | 70 000[4] |
Quebec | 14 290[5] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Bretón, galó e francés |
Relixión | Catolicismo |
Grupos relacionados | Celtas: Britónicos (córnicos, galeses), Gaélicos (irlandeses, manx, escoceses)[6] |
A lingua tradicional deste pobo é o bretón (brezhoneg), falado na Baixa Bretaña (a parte máis occidental da península). Hoxe, o bretón é falado por menos de 200 000 persoas.[9] A outra lingua propia dos bretóns é o galó, unha lingua que só se fala Alta Bretaña, onde o bretón é menos dominante. Como unha das linguas britónicas, o bretón está estreitamente relacionado co córnico e máis forma máis distante co galés, mentres que o galó é unha lingua de oïl románica. No presente, a lingua nativa da maioría dos bretóns é o francés.
Notas
editar- ↑ "Populations légales 2013 - Insee". Consultado o 31 de decembro de 2016.
- ↑ "Insee − Institut national de la statistique et des études économiques - Insee". Consultado o 31 de decembro de 2016.
- ↑ Rolland, Michel. "La Bretagne à Paris". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2018. Consultado o 31 de decembro de 2016.
- ↑ "Ils sont 70 000 ! Notre dossier sur les Bretons du Havre". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 31 de decembro de 2016.
- ↑ 2011 National Household Survey; includes 4,770 people of single and 9,525 of mixed Breton origin.
- ↑ Ed. Wade Davis and K. David Harrison (2007). National Geographic Society, ed. Book of Peoples of the World. p. 225. ISBN 978-1-4262-0238-4.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bretón.
- ↑ Koch, John (2005). ABL-CIO, ed. Celtic Culture: A Historical Encyclopedia. p. 275. ISBN 978-1-85109-440-0. Consultado o 29 de setembro de 2012.
- ↑ "Moins de 200 000 personnes parlent le breton". Consultado o 31 de decembro de 2016.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Léon Fleuriot, Les origines de la Bretagne, Bibliothèque historique Payot, 1980, París, (ISBN 2-228-12711-6)
- Christian Y. M. Kerboul, Les royaumes brittoniques au Très Haut Moyen Âge, Éditions du Pontig/Coop Breizh, Sautron – Spézet, 1997, (ISBN 2-84346-030-1)
- Morvan Lebesque, Comment peut-on être Breton ? Essai sur la démocratie française, Éditions du Seuil, coll. « Points », París, 1983, (ISBN 2-02-006697-1)
- Myles Dillon, Nora Kershaw Chadwick, Christian-J. Guyonvarc'h e Françoise Le Roux, Les Royaumes celtiques, Éditions Armeline, Crozon, 2001, (ISBN 2-910878-13-9).