O pobo irlandés (en irlandés: Muintir na hÉireann, na hÉireannaigh ou na Gaeil) é un grupo nacional, cultural e etnolongüístico nativo da illa de Irlanda.

Pobo irlandés
Poboación
Poboación total:
70–80 millóns[1]
Rexións principais:
Irlanda Irlanda4 581 269 (2011)
Irlanda do Norte Irlanda do Norte1 810 863 (2011)
Total na illa de Irlanda6 392 132 (2011)
Estados Unidos de América Estados Unidos(+) 40 000 000[2]
Reino Unido Reino Unido14 000 000[3]
Australia Australia7 000 000
Canadá4 544 870[4]
Arxentina1 000 000[5]
México600 000[6]
Nova Zelandia Nova Zelandia600 000[7]
Aspectos culturais
LinguaIrlandés, inglés, escocés do Ulster e shelta
RelixiónCatolicismo e protestantismo

Irlanda está habitada dende hai máis de 9 000 anos segundo os estudos arqueolóxicos. Durante a maior parte da historia documentada de Irlanda, os irlandeses foron principalmente un pobo gaélico. Os anglo-normandos conquistaron partes de Irlanda no século XII. A partir dos séculos XVI e XVII, o Reino de Inglaterra reconquistou e colonizou Irlanda, traendo consigo un gran número de escoceses das Terras Baixas e ingleses, que ocuparon principalmente o norte da illa.

Hoxe en día Irlanda está dividida en dúas partes: unha é a República de Irlanda (un estado independente) e a outra é Irlanda do Norte (que forma parte do Reino Unido). A súa poboación combinada era de 6 392 132 segundo o censo de 2011. Porén, estímase que hai entre 70 e 80 millóns de persoas en diferentes países que teñen ascendencia irlandesa, feito que converte a diáspora irlandesa nunha das meirandes do mundo. Historicamente, a emigración en Irlanda foi resultado de graves problemas económicos e fames, especialmente entre os séculos XVIII e XIX.

As persoas de ascendencia irlandesa poden atoparse principalmente en países de fala inglesa, especialmente no Reino Unido, nos Estados Unidos de América, no Canadá e Australia. Tamén son significativas as poboacións na Arxentina e México. Nos Estados Unidos está a poboación máis numerosa, mentres que Australia ten a meirande porcentaxe de descendentes de irlandeses de todo o mundo en relación co total da súa poboación[8]. Así mesmo, moitos islandeses teñen antepasados irlandeses e escoceses[9].

  1. The Scottish Diaspora and Diaspora Strategy: Insights and Lessons from Ireland
  2. American FactFinder, United States Census Bureau. "Selected Social Characteristics in the United States: 2007". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2010. Consultado o 26 de marzo de 2016. 
  3. BBC News (ed.). "One in four Britons claim Irish roots". Consultado o 26 de marzo de 2016. 
  4. "2011 National Household Survey: Data tables". Consultado o 26 de marzo de 2016. 
  5. "An Irish Argentine in the Easter Rising". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2016. 
  6. "The Irish in Mexico". Consultado o 26 de marzo de 2016. 
  7. "The Irish in New Zealand: Historical Contexts and Perspectives". Consultado o 26 de marzo de 2016. 
  8. Oireachtasdebates.oireachtas.ie (ed.). "Dáil Éireann - 29/Apr/1987 Ceisteanna — Questions. Oral Answers. - Australian Bicentenary". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2017. Consultado o 26 de marzo de 2016. 
  9. Ann C. Humphrey. "They Accuse Us of Being Descended from Slaves". Settlement History, Cultural Syncretism, and the Foundation of Medieval Icelandic Identity. Rutgers University, 2009.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar