Gaels

falantes das linguas célticas gaélicas

Gaels (á veces designados por Goidels ou Goidélicos, por Goídel Glas) é un termo que designa aos falantes das linguas célticas gaélicas: irlandés, gaélico escocés e lingua manx.[1]

Illas Británicas no século V d.C., entre a saída dos Romanos de Gran Bretaña e a fundación dos reinos anglosaxóns.      Área con falantes de linguas gaélicas.      Área con falantes de linguas pictas.      Área con falantes de linguas britónicas.

Sociolingüística

editar

O dialecto gaélico ten orixe en Irlanda, tendo rapidamente unha expansión cara ao oeste e o norte de Escocia e á Illa de Man. Actualmente, como as linguas gaélicas foron significativamente substituídas polo inglés, o termo Gael tamén é empregado polos irlandeses ou polos celtas escoceses, independentemente da súa lingua.

As linguas gaélicas son unha das dúas vertentes das linguas célticas insulares, sendo o outro o das linguas britónicas.

 
Escota (Scota, esquerda) con Catelus (Catelo ou Goidel Glas, dereita) viaxando desde Exipto, como se representa nun manuscrito do Scotichronicon do século XV de Walter Bower

Mitoloxía

editar

Na súa épica nacional contida en obras medievais como o Lebor Gabála Érenn, os gaels remontan a súa orixe a un antepasado homónimo chamado Catelo ou Goídel Glas. É descrito como un príncipe escita (neto de Fénius Farsaid e fillo da exipcia Scota), considerado o creador das linguas gaélicas. Segundo esa lenda, os gaélicos viaxaron durante centos de anos, atravesaronn Exipto, Creta, Escita, o Mar Caspio e o Norte de África, antes de chegaren á Península Ibérica, onde o seu rei, Breogán, fundou Brigantia no Noroeste da Península.

Dise entón que os gaélicos navegaron á illa de Irlanda desde Galiza como milesianos, fillos de Míl Espáine. Levan a cabo unha batalla de feiticería contra os Tuatha Dé Danann, os semideuses que habitaban Irlanda naquel momento. Ériu, unha deusa da terra, prometeu aos gaels que a illa sería deles sempre que lle rendan homenaxe. Concordan, e o seu bardo e druída Amergin recita un encantamento coñecido como "Canción de Amergin". Os dous grupos acordan dividir Irlanda entre eles: os gaels ocuparán o mundo exterior mentres que os Tuatha ocuparán o Outro mundo.[2]

  1. "Gael" é frecuentemente usado polos falantes de gaélico escocés. "Goidels" foi introducido por John Rhys en Early Britain (1882) como un termo xeral para referirse a tódolos falantes das linguas gaélicas, e empregouse comunmente en estudos célticos. Ver "Goidel". Oxford English Dictionary. 1989. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2020. Consultado o 29 de novembro de 2011. .
  2. fidalgosdenaron (2019-02-28). "Celtic Common Law in The Cradle of the Celts of Atlantic Europe. The “Terra de Trasancos” as a paradigm". Narón, Fidalga Cidade. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2023. Consultado o 2023-01-17. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

----

 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.