Oxford English Dictionary
O Oxford English Dictionary (abreviado OED) é un dicionario publicado pola editorial Oxford University Press, considerado o máis erudito e completo dicionario da lingua inglesa, así como o principal punto de referencia para o seu estudo etimolóxico, así como a unha completa e definida explicación da súa sintaxe e a súa gramática.
Oxford English Dictionary | |
---|---|
![]() | |
Nome curto | OED ![]() |
Tipo | dicionario en liña, dictionary of the English language (en) ![]() ![]() ![]() |
Xénero artístico | dictionary of the English language (en) ![]() ![]() |
Linguas
| |
Autoría | |
Autor/a | John Simpson, Edmund Weiner e James Murray (pt) ![]() ![]() |
Publicación | |
Lugar publicación | Oxford ![]() |
País orixe | Reino Unido ![]() |
Editorial | Oxford University Press ![]() |
Edicións | |
Identificadores | |
OCLC | 17648714 ![]() |
Open Library | OL18229428W ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | oed.com ![]() |
Redes | ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Características
editarO 30 de novembro de 2005 incluía unhas 301 000 entradas principais, a través de 350 millóns de caracteres. Ademais das entradas principais, contén 157 000 combinacións e derivados en letra grosa, e 169 000 frases e combinacións en letra grosa cursiva, até un total de 616 500 expresións. Hai 137 000 pronuncias, 249 000 etimoloxías, 577 000 referencias cruzadas, e 2 412 400 citas ilustrativas. A intención da obra é recoller todos os usos e variantes coñecidos de cada palabra en todas as variedades do inglés de todo o mundo, pasadas e presentes, así como as súas etimoloxías, historia, pronuncia, etc. É o punto de partida de moitos estudos sobre a lingua inglesa, e a orde no que se listan alí as distintas grafías das palabras ten moita influencia sobre o inglés escrito de moitos países.
A realización de tal obra débese á tradición enciclopedista do século XIX, que conseguiu axuntar os esforzos de multitude de lectores baixo a coordinación de James Murray, o editor orixinal do dicionario.