Pedra fadada
Pedra fadada é unha pedra lendaria da mitoloxía galego-portuguesa e das illas Británicas. Segundo ela, a pedra era a que Catelo escolleu como asento ou trono para administrar xustiza, ter audiencia cos seus vasalos e xulgar as causas da súa cidade en Hispania. "E esta pedra vieram a ter como fadada, para perpetuar o seu nome escoto onde ela permanecesse."
Segundo a lenda, Simon Brecho tería levado a pedra a Hibernia, despois o seu fillo Fergusio levouna a Escocia e máis tarde a Albión (hoxe Gran Bretaña pero neste caso, como noutros, é Inglaterra). Di así: "A partir de entón, todos os reis de Escocia que sucederon a Ferguzio, o seu primeiro rei, sentáronse, na solemnidade da súa coroación, na pedra predestinada, fundando nesa superstición a estabilidade do seu reino [1] "
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Nobiliarchia Portugueza, por Antonio de Villasso, 1676
- Epitome de las historias portvgvesas: dividido en quatro partes, por Francisco Foppens, 1677, pág.s 349 e 350
- Tropheos y antiguedades de la imperial ciudad de Zaragoza y general historia suya, desde su fundacion ... hasta nuestros tiempos: primera parte ... : diuidida en dos estados, secular y eclesiastico ..., por Luis López, ed. Sebastian de Cormellas, 1639, pág.s 224
- Catalogo e historia dos bispos do Porto, por Rodrigo da Cunha, ed. Rodriguez, 1742, nota 17 da prefacção prévia