Hibernia
Hibernia é o nome en latín da illa da Irlanda.[1]
Etimoloxía do nome
editarLiteralmente quere dicir: "Terra do inverno".
Tamén se di que o nome pode deberse a unha latinización do nome Ivernii, unha das tribos celtas que habitaba Irlanda no tempo dos romanos.
Hibernia e Roma
editarHibernia nunca foi incorporada formalmente ao Imperio Romano.
A crenza popular é que os romanos nin invadiron nin influíron de xeito notable Irlanda, aínda que se sabe que expedicións de tribos irlandesas chegaron ás provincias romanas de Britania (Gran Bretaña) e Galia (Francia).
Os testemuños escritos son escasos, aínda que suxestivos. Non se atoparon calzadas romanas, nin probas de ningunha invasión. Aínda así, no sueste de Irlanda apareceron cemiterios de estilo romano e grandes cantidades de achados romanos.
Está xeralmente aceptado que Cesar "invadiu" Gran Bretaña. Aínda que o seu exército deixou poucas probas que descubrir, permaneceu alí só un par de anos e fracasou no seu intento de incorporar Hibernia ao Imperio Romano. A única proba que se ten da invasión romana de Hibernia é o libro de César, A Guerra das Galias, do ano 54 a. dC.
Os outros poucos textos do período que se conservan xunto coa arqueoloxía, suxiren certa interacción entre a Britania romanizada e Irlanda. Sen un novo achado arqueolóxico ou a aparición dalgún texto perdido, os detalles de devandita interacción permanecen aínda suxeitos a debate.
Notas
editar- ↑ Poyares, Pedro de (1667). Diccionario lusitanico latino de nomes proprios de regioens, reinos, prouincias, cidades ...: con o nome latino, dando a esse nome latino o vulgar que hoje tem, peraboa [sic] intelligencia de liuros sagrados, [et] prophanos ... (en portugués). na officina de Ioam da Costa.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hibernia |