Illa de Irlanda
Irlanda (en irlandés: Éire, e en inglés: Ireland) é a terceira illa máis grande de Europa. Está situada entre o océano Atlántico e o mar de Irlanda. Politicamente está dividida na República de Irlanda (oficialmente chamada Irlanda), un estado que cobre os cinco sextos da illa (sur, leste, oeste e noroeste), e Irlanda do Norte, parte do Reino Unido, no nor-leste da illa.[1] O nome deriva do anglosaxón, e significa 'Terra de Ériu'.
Tipo | illa rexión cultural | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Británicas Nacións celtas | ||||
Situado na entidade xeográfica | Illas Británicas | ||||
Localización | |||||
Continente | Europa | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Atlántico, Mar de Irlanda, Canal de San Xurxo e Canle do Norte | ||||
Características | |||||
Dimensións | 260 () × 450 () km | ||||
Perímetro | 2.797 km | ||||
Punto máis alto | Carrauntoohil (pt) (1.041 m ) | ||||
Superficie | 84.421 km² | ||||
A poboación da illa é aproximadamente de 5,8 millóns de persoas (2001); 4 millóns na República de Irlanda e 1,7 millóns en Irlanda do Norte.
Política
editarVéxase artigo principal Política da Illa de Irlanda.
Politicamente, Irlanda está dividida en:
- A República de Irlanda, coa súa capital Dublín. A este estado refírese internamente e internacionalmente como "Irlanda" ou "Éire" en irlandés. Tecnicamente Irlanda e Éire son os nomes oficiais do estado e "República de Irlanda" é a súa descrición oficial.
- Irlanda do Norte é coñecida non-oficialmente como "o Norte" (polos nacionalistas), o "Sexto Condado" (polos nacionalistas) e o "Ulster" (polos unionistas) (Ulster tamén inclúe Donegal, Cavan, e Monaghan, que están na República). Irlanda do Norte e un dos "países" que forman Reino Unido.
Nun número de aspectos a illa opera oficialmente como unha única entidade, por exemplo, en varios deportes. As confesións relixiosas maioritarias, a Igrexa católica, a Igrexa de Irlanda e a Igrexa Presbiteriana, están organizadas a un nivel de toda a illa. O 88% da poboación da República de Irlanda (censo do 2002) e aproximadamente o 44% de Irlanda do Norte son Católicos Romanos. Algúns sindicatos están tamén organizados na totalidade de Irlanda e asociados co Congreso Irlandés de Sindicatos (ICTU) en Dublín, mentres que outros en Irlanda do Norte están afiliados ó Congreso de Sindicatos (TUC) no Reino Unido — aínda que tales unións poden organizarse en ambas partes da Illa tan ben como en Gran Bretaña. A illa ten tamén unha cultura compartida en moitos outros aspectos. A música tradicional irlandesa, por exemplo, a pesar de mostrar algunhas variacións nas diferentes áreas xeográficas, é, amplamente falando, a mesma nos dous lados da fronteira. A música tradicional irlandesa e escocesa ten moitas similitudes. The Ireland Funds, unha fundación internacional, tenta axudar á xente en ámbolos dous lados a atopar a paz e a reconciliación a través do desenvolvemento común, a educación, as artes e a cultura.
A illa é normalmente nomeada como parte das Illas Británicas. Isto é rexeitado polos irlandeses, xa que isto suxire que ambas illas pertencen ó Reino Unido. Por esta razón, "Illas de Gran Bretaña e Irlanda" é usada normalmente como unha alternativa máis neutral. Outra suxestión, empregada de tódolos modos moito menos, é a de "Illas do Atlántico Norte".
Xeografía
editarUn anel de montañas costeiras rodea as baixas terras chás centrais. O pico máis alto é o Corrán Tuathail, en inglés Carrauntohill, que mide 1,041 m [1]. A illa está dividida polo río Sionainn, de 386 km, o río máis longo de Irlanda [2]. A vexetación exuberante da illa, produto do seu clima apracible e a súa frecuente pero suave choiva, deulle sobrenome de "Illa esmeralda". A superficie da illa é de 84,412 km².
Irlanda está dividida en catro provincias: Connacht, Leinster, Munster e Ulster. En irlandés son referidas como "cúigí" (cúige, "quinto"). Previamente había cinco provincias - Connacht, Munster, Ulster, Leinster ed Meath, formando os condados de Meath, Westmeath e Longford. Estes foron máis adiante divididos en 32 condados con propósito administrativo. Seis dos condados do Ulster permaneceron baixo soberanía británica como Irlanda do Norte trala división de Irlanda en 1922 (os outros 26 condados forman hoxe a República de Irlanda); dende a reorganización do Reino Unido de 1974 esta división condal deixou de existir en Irlanda do Norte para usos administrativos, a pesar de que o Fermanagh District Council é practicamente idéntico ó condado. Na República, a división condal están aínda observadas para o goberno local, aínda con Tipperary e Dublín subdivididas (algunhas cidades tamén teñen as súas propias rexións administrativas). Para os distritos electorais, algúns condados son mesturados ou divididos, pero constitucionalmente as divisións teñen que ser tidas en conta. Ó longo de Irlanda, os 32 condados son empregados aínda nos deportes e noutros aspectos culturais e reteñen un forte sentido de identidade local.
As terras menos cultivables de Irlanda están nos condados do oeste e o suroeste. Estas áreas son espectacularmente rochosas e montañosas, con preciosas vistas verdes.
Clima
editarPor enriba de todo, Irlanda ten un clima temperado, pero cambiable, todo o ano. A illa non sobresae por temperaturas extremas. A temperatura do aire máis alta rexistrada é de 33.3 °C en Kilkenny Castle, Condado de Kilkenny o 26 de xuño de 1887. A temperatura máis fría foi -19.1 °C en Markree Castle, Condado de Sligo o 16 de xaneiro de 1881 [3]. Hai precipitacións durante todo o ano, pero predominan os días despexados, particularmente no leste da illa. O oeste do país, de todas formas, tende a ser húmido e propenso á forza das tormentas Atlánticas, máis especialmente nos meses do final do Outono e os do Inverno, o que ocasionalmente provoca ventos destrutivos e moitas precipitacións nesas áreas, así como saraiba e neve. As rexións de Galway Norte e East Mayo presentan os máis altos números de tormentas con raios ó ano (de 5 a 10 días por ano[4]. A caída prolongada de neve é rara, e tende a limitarse á metade norte do país.
Flora e fauna
editarIrlanda ten menos especies animais e vexetais que as outras Illas Británicas ou a maioría de Europa porque converteuse nunha illa pouco despois do fin da derradeira Glaciación, fai aproximadamente 8,000 anos. A pesar disto, é fogar de centos de especies vexetais, algunhas delas exclusivas da illa. Atópanse hábitats moi variados na illa, incluíndo terras de labor, bosques abertos, bosques temperados,plantacións de coníferas, pantanos, e diversos ecosistemas costeiros.
Fauna
editarTan só 31 especies de mamíferos son nativos da illa [Cómpre referencia], por que a illa foi illada trala Idade de Xeo. Algunhas especies, como o raposo, o ourizo cacho, e o porco teixo son moi comúns, mentres que outras, como a lebre de montaña ou o cervo son menos comúns e xeralmente só vistas nalgúns parques e reservas naturais da illa. Algunhas especies introducidas con posterioridade naturalizáronse con relativa comodidade, como o coello e a rata parda.
Aproximadamente 400 especies de aves teñen sido observadas na illa, a maioría son migratorias, ou paxaros árticos que veñen no inverno, ou paxaros como a andoriña que veñen de África no verán para reproducírense. Irlanda ten unha gran riqueza de aves mariñas, con grandes colonias de paxaros mariños na costa como as que hai nas Illas Saltee e Skellig Michael. Tamén ten presenza a aguia Imperial, recentemente reintroducidas tras varias décadas desaparecidas da illa.
Non hai serpes e tan só un réptil nativo de Irlanda, o lagarto común. Hai tres anfibios entre os que está a ra común. Algunhas especies de tartarugas mariñas aparecen regularmente na costa suroeste pero non van á terra.
Bandeiras de Irlanda
editarBandeiras de Irlanda |
---|
Bandeiras de Irlanda |
Bandeiras presidenciais e reais |
Bandeiras Históricas |
A historia da bandeira tricolor irlandesa portante das cores verde pola maioría católica, laranxa por Guillerme de Orange o Rei Protestante (e os seus seguidores) e o branco polo desexo de paz entre ámbolos dous, comezou a mediados do século XIX.[5] Foi empregada en público por primeira vez polo membre de Young Ireland Thomas Francis Meagher quen, empregando o simbolismo da bandeira, explicou a súa visión como segue: "O branco no centro simboliza a derradeira tregua entre o "Laranxa" e o "Verde," e eu confío en que as mans dos protestantes e católicos irlandeses deberían unirse nun xeneroso e heroico afecto fraternal". O seu compañeiro nacionalista John Mitchel dixo dela: "Espero ver algún día esa bandeira ondeando como o noso símbolo nacional." Dende o seu uso no Levantamento de 1916 foi aceptada comunmente como a bandeira nacional, sendo empregada oficialmente pola República Irlandesa (1919 - 1921) e o Estado Libre de Irlanda (1922 - 1937). En 1937 cando foi aprobada a Constitución de Irlanda a Tricor foi confirmada formalmente como a bandeira nacional: "A bandeira nacional é a tricolor de verde, branco e laranxa." Mentres que a tricor hoxe en día é a bandeira oficial de Irlanda como unha bandeira estatal, non se aplica á totalidade da Illa de Irlanda. Dende a división non hai unha bandeira universalmente aceptada que represente á totalidade da Illa. Como unha solución provisional para algúns deportes emprégase a Bandeira das Catro Provincias, que goza dunha certa aceptación xeral e popularidade. Historicamente tense usado outras bandeiras, incluíndo a Cruz de San Patricio, a bandeira empregada ás veces polo Reino de Irlanda e que representa a Irlanda na Union Jack trala Acta de Unión; unha bandeira verde cunha arpa (empregada por moitos nacionalistas no século XIX e que é tamén a bandeira de Leinster), unha bandeira azul cunha arpa empregada dende o século XVIII por moitos nacionalistas (hoxe o símbolo do Presidente de Irlanda), e a Tricolor Irlandesa. A bandeira estatal que aplícase a Irlanda do Norte é a bandeira do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte.
A cruz de San Patricio [6] foi empregada formalmente para representar a illa de Irlanda pola Unión Irlandesa de Rugby (IRFU), antes da adaptación da Bandeira das Catro Provincias. A Asociación Gaélica de Atletismo (GAA) emprega a tricolor para representar a totalidade da illa.
Historia de Irlanda
editarHistoria antes da división
editarIrlanda estivo cuberta por xeo e unida a Gran Bretaña e Europa durante a última glaciación. Estivo deshabitada até aproximadamente 9.000 anos. Os habitantes da Idade de Pedra chegaron algo despois do 8000 a.d.C, e a cultura progresou dende o mesolítico ó alto neolítico no curso de tres ou catro milenios aproximadamente. Coa Idade de Bronce, que comezou ó redor do 2500 a.C., trouxo a produción de elaboradas ferramentas e ornamentos de bronce e ouro. A Idade de Ferro en Irlanda está asociada ós celtas. Pénsase que colonizaron a illa nunha serie de vagas entre os séculos VIII e I a.C., e que coa derradeira onda de celtas, foi conquistada a illa e dividida en cinco ou máis reinos. Os romanos chamaban a Irlanda Hibernia.[7] Tolomeo no ano 100 fai un estudo da xeografía e as tribos de Irlanda.[8]. A relación exacta entre Roma e as tribos de Hibernia non está hoxe clara, xa que as únicas referencias atopámolas nuns poucos escritos romanos.
Os historiadores manteñen que no 432, San Patricio chegou á illa e, nos anos vindeiros, tratou de converter a Irlanda ó Cristianismo.[9] As tradicións druídas desapareceron ante a forza das novas crenzas. As artes da ilustración dos manuscritos, o traballo do metal e a escultura floreceron e produciron tesouros como o Libro de Kells, xoiería, e as traballadas cruces de pedra que cobren a illa. Isto foi interrompido no século IX por 200 anos de guerra contra os piratas viquingos que saqueaban mosteiros e pobos. Eventualmente conseguían establecerse en Irlanda, formando pobos como as actuais cidades de Dublín, Cork, Limerick e Waterford.
En 1172, o rei Henrique II de Inglaterra conseguiu as terras irlandesas co visto e prace do papa inglés Hadrián IV, e sobre o século XIII, a lexislación inglesa comezou a ser aplicada á illa. O dominio inglés estivo durante moito tempo limitado ó area ó redor de Dublín e Waterford, pero comezou a expandirse no século XVI co colapso final da superestrutura social e política gaélica; e no século XVII os Tudor reconquistaron Irlanda e comezou a colonización protestante das terras de Irlanda, sendo nesta época cando o dominio inglés esténdese por toda a illa. Trala rebelión irlandesa de 1641, ós católicos irlandeses negóuselles o voto e a presenza no Parlamento de Irlanda. O dominio da nova clase inglesa protestante foi coñecido como o ascendente protestante.
En 1800 o Parlamento de Irlanda aprobou o Acta de Unión que, en 1801, uniu o Reino de Irlanda e o Reino de Gran Bretaña para crear o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda. A totalidade da illa formou parte do Reino Unido, directamente dirixido polo Parlamento do Reino Unido en Londres. O século XIX veu o Gran Fame dos anos corenta, durante o cal morreron preto dun millón de irlandeses e outro millón emigraron. A emigración continuou como resultado da fame e a poboación continuou descendendo até entrado o século XX. A poboación anterior aos tempos da fame era de máis de oito millóns (recollidos no censo de 1841). A poboación non volveu a acadar dito nivel dende iso.
O século XIX e os inicios do XX viron o auxe do nacionalismo irlandés, especialmente entre a poboación católica máis humilde. Daniel O'Connell dirixiu unha exitosa campaña non violenta para a emancipación católica. A subseguinte campaña para revogar o Acta de Unión fallou. Máis tarde Charles Stewart Parnell e outros nacionalistas fixeron unha campaña para acadar unha certa autonomía dentro da Unión, que foi pouco exitosa. Isto provocou o paso do nacionalismo moderado ó separatismo armado. En 1921, trala Rebelión de Pascua de 1916, e a subseguinte guerra anglo-irlandesa, foi asinado un tratado entre o Goberno Británico e os líderes da República Irlandesa. O tratado adoptou a solución de dous estados separados. De Irlanda do Norte pensábase que ía formar un estado autónomo dentro do novo estado libre irlandés a menos que optase polo non. A poboación protestante de Irlanda do Norte temía converterse nunha minoría dentro dun estado maioritariamente católico. Como se esperaba, optou por permanecer como parte do Reino Unido. Formouse unha comisión para establecer as fronteiras entre os dous estados irlandeses, pero foi abandonada cando recomendou unha maior flexibilidade. Os desacordos sobre o tratado atrouxeron un rexurdir do nacionalismo e consecuentemente á guerra civil, que rematou en 1923 coa derrota das forzas contrarias ó tratado.
Historia dende a División
editarA independencia irlandesa: O Estado Libre Irlandés, Éire, Irlanda
editarVexa o artigo principal: Historia da República de Irlanda
O Tratado Anglo-Irlandés foi aprobado pola Dáil Éireann en decembro de 1921 pero foi rexeitado por unha gran minoría, o que levou á guerra civil irlandesa que durou até 1923. En 1922, no medio desta guerra civil, o Estado Libre Irlandés comezou a existir. Nos seus primeiros anos o novo estado foi gobernado polos vencedores da guerra civil. De tódolos xeitos, nos anos 30 o Fianna Fáil, o partido dos opoñentes ó tratado, foi elixido para formar goberno. O partido introduciu unha nova constitución en 1937 que renomeou o estado como "Éire ou, en inglés, Ireland" (prefacio á Constitución).
O estado permaneceu neutral durante a segunda guerra mundial, pero ofreceu algún apoio ós aliados, especialmente en Irlanda do Norte. De tódolos xeitos, estímase que arredor de 50,000 voluntarios da república loitaron nas Forzas Armadas Británicas[1] durante a segunda guerra mundial. En 1949, o estado irlandés declarouse dende aquel momento como a República de Irlanda. A República viuse afectada pola pobreza e a emigración até mediados dos 70. Os anos 90 viron o comezo dun éxito económico sen precedentes, nun fenómeno coñecido como o "Tigre céltico". Para comezos do século XXI tíñase convertido nun dos países máis ricos (en termos de renda per cápita) na Unión Europea. En outubro de 2006, houbo conversacións entre Irlanda e os Estados Unidos para negociar unha nova política de inmigración entre os dous países, en resposta ó crecemento da economía irlandesa e o desexo de moitos cidadáns americanos que querían moverse a Irlanda en busca de traballo.[10]
Irlanda do Norte
editarVexa o arigo principal: Historia de Irlanda do Norte
Dende a súa creación en 1921 até 1972, Irlanda do Norte gozou dun limitado autogoberno dentro do Reino Unido, co seu propio parlamento e primeiro ministro. Aínda así, as comunidades protestante e católica votaban case totalmente de forma sectaria axudadas por unha política de eleccións amañadas, o que significaba que o goberno norteirlandés estaba sempre controlado polo Partido Unionista do Ulster. Consecuentemente, os católicos non podían participar no goberno, que aplicaba unha política fortemente discriminatoria en temas de acceso á vivenda e ó emprego.
Irlanda do Norte librouse en gran parte das consecuencias da guerra civil no sur guNorthern pero houbo moitos episodios de violencia entre protestantes e católicos (os primeiros amparados en grande medida polo goberno británico) durante as décadas que seguiron á partición. A pesar de que Irlanda foi oficialmente neutral na guerra mundial, Irlanda do Norte, como parte do Reino Unido, non o era e Belfast sufriu bombardeos da Luftwaffe en 1941.
As queixas nacionalistas fronte á discriminación unionista e estatal levaron a grandes protestas polos dereitos civís nos anos 60, que o goberno reprimiu con man moi dura, sendo especialmente notable no "domingo sanguento". Foi durante estes anos cando unha facción do IRA, que levaba tempo sen actuar, escindiuse e formou o IRA Provisional, que comezou a actuar trala queima de barrios enteiros de católicos por milicias unionistas fronte as cales o goberno e a policía norteirlandesa permaneceron impasibles. Outros grupos, legais e ilegais no lado unionista, ilegais no bando nacionalista, comezaron a participar na violencia e comezou o período coñecido como "The Troubles". Debido á situación de violencia civil o goberno británico suspendeu o autogoberno en 1972 e a provincia pasou a estar gobernada directamente desde Londres.
En 1998, tralo alto o fogo do IRA Provisional e despois dun diálogo multipartito, foron concluídos os Acordos do Venres Santo e ratificados por referendo tanto en Irlanda do Norte como na República. Este acordo tentaba restablecer o autogoberno en Irlanda do Norte baseado na compartición do poder polas dúas comunidades. A violencia diminuíu en grande medida trala sinatura do acordo. A asemblea de poder compartido ten só operado durante pequenos períodos e está actualmente suspendida.
En 2001 a forza de policía norteirlandesa, a Royal Ulster Constabulary, foi substituídapolo Servizo Policial de Irlanda do Norte.
O 28 de xullo de 2005, o IRA Provisional anunciou o fin da súa campaña armada e o 25 de setembro de 2005 unha comisión internacional independente para o desarme supervisou o desarme completo do IRA Provisional.[11]
Deporte
editarO fútbol gaélico e o hurling son os deportes máis populares en Irlanda.[12] Estes dous, xunto co Camogie, o fútbol gaélico feminino, o pelota-man e o cuairtean, conforman os deportes nacionais de Irlanda, coñecidos colectivamente como xogos gaélicos. Tódolos xogos gaélicos están dirixidos pola Gaelic Athletic Association (GAA), coa excepción do fútbol gaélico feminino, que está rexido por outra organización. A GAA organízase en base a toda Irlanda con tódolos 32 condados podendo competir; tradicionalmente, os condados primeiro compiten na súa provincia, nos campionatos provinciais, e entón os gañadores compiten nun campionato de hurling ou de fútbol a nivel de toda a illa. As oficinas da GAA están localizadas no estadio con capacidade para 82,500[13] espectadores en Croke Park no norte de Dublín. Os principais xogos da GAA dispútanse alí, incluíndo as semifinais e finais dos campionatos de toda a illa. Durante o desenvolvemento do estadio de Lansdowne Road, a competición internacional de rugby foi xogada alí, cun grande éxito. Tódolos xogadores da GAA, incluso os dos niveis máis altos, son afeccionados e non reciben pagas.
Lugares de interese
editarAlgúns lugares interesantes de Irlanda son os seguintes:
- A Roca de Cashel
- A Calzada dos Xigantes
- As Montañas de Mourne
- A Illa de Rathlin
- Os Vals de Antrim
- O Libro de Kells
- O zoo de Dublín
- Os xardíns xaponeses
- Os xardíns botánicos
- As Oileáin Árann
- Emain Macha (tamén coñecido como o Forte Naval)
- Outeiro de Tara
- Cantís de Moher
Cultura
editarVexa o artigo principal: Cultura de Irlanda
As artes
editarPara ser unha illa de relativamente pouca poboación, Irlanda ten feita unha desproporcionada contribución á literatura mundial en tódalas súas polas, principalmente en inglés. A poesía en irlandés representa a máis vella poesía en lingua vernácula en Europa cos máis temperáns exemplos datados do século VI; Jonathan Swift, aínda chamado a miúdo o mellor sátiro en lingua inglesa, foi amplamente popular no seu día(Os viaxes de Gulliver, A Modest Proposal etc.) e permanece hoxe en día entre nenos e adultos. En tempos máis recentes, Irlanda ten producido catro gañadores do Premio Nobel de Literatura: George Bernard Shaw, William Butler Yeats, Samuel Beckett e Seamus Heaney. A pesar de non ter gañado ningún, James Joyce e amplamente considerado un dos máis, se non o máis, significantes escritores do século XX. A súa novela de 1922 Ulíses é citada como a mellor novela en inglés do século XX.
A máis temperá historia da arte visual irlandesa considérase que comeza con taias como as atopadas en sitios como Newgrange e continúa con artefactos da Idade de Bronce, especialmente obxectos ornamentais de ouro, e as miniaturas relixiosas e manuscritos do período medieval. Durante os séculos XIX e XX, emerxiu unha forte tradición de pintura, incluíndo figuras como John Butler Yeats, William Orpen, Jack Yeats e Louis le Brocquy.
Música e danza
editarVexa o artigo principal Música de Irlanda
A tradición irlandesa da música folk e a danza e amplamente coñecida. A mediados do século XX, cando a sociedade irlandesa trataba de modernizarse, a música tradicional perdeu moito do favor que tiña, especialmente nas cidades. Durante os 60, e inspirado polo movemento americano de música folk, houbo un renacemento do interese na tradición irlandesa. Este renacemento foi liderado por grupos como The Dubliners, The Chieftains, os Clancy Brothers, Sweeney's Men, e solistas como Seán Ó Riada e Danny O'Flaherty. A música tradicional escocesa e irlandesa son similares.
Dende fai moito, grupos e músicos como Horslips, Van Morrison, e incluso Thin Lizzy foron incorporando elementos de música tradicional nun código rock para formar un novo son único. Durante os 70 e 80, as diferenzas entre músicos tradicionais e cantantes de rock volveuse moi turbia, con moitos deles tocando nun e outro estilo e facendo mesturas de ambos. Isto pode verse máis recentemente no traballo de artistas como Dropkick Murphys, The Saw Doctors, Enya, Moya Brennan, U2, Damien Rice, The Corrs, Sinéad O'Connor, Clannad, The Cranberries, Van Morrison, Rory Gallagher, Boyzone, Westlife, Gilbert O'Sullivan Black 47, Wolfe Tones, The Elders, Flogging Molly e The Pogues.
Tamén hai un nacente xénero de música celta fusionada con Heavy Metal chamada Celtic Metal, Celtic Battle Metal e tamén ás veces chamada Folk Metal. Geasa, Primordial, Waylander, Cruachan e Mael Mordha son exemplos destas bandas.
A cantante feminina que máis ten vendido é Enya; ela é tamén a segunda que máis vende entre grupos e solistas masculinos e femininos, superada tan só por U2.[14] Enya saltou á fama internacional coa canción "Orinoco Flow" e dende entón chegou a vender máis de 70 millóns de álbums arredor do mundo. Enya vive nun castelo do século XIX en Killiney, Dublin.
A música irlandesa ten amosado un grande incremento de popularidade con moitas tentativas de volver ás súas raíces. Algúns grupos contemporáneos de música mantense moi preto dun son tradicional, incluíndo Altan, Gaelic Storm, Lúnasa, e Solas. Outros incorporan múltiples culturas fusionando estilos, tales como Afro Celt Sound System e a canadense Loreena McKennitt.
A República faino bastante ben no Concurso de Eurovisión, sendo o país máis exitoso na competición, con sete vitorias.[15]
Demografía
editarIrlanda ten sido habitada dende hai uns 9.000 anos, a pesar de que sábese moi pouco sobor os habitantes do paleolítico ou do neolítico. As máis antigas crónicas históricas e xenealóxicas datan a existencia de diferentes pobos (Cruithne, Attacotti, Conmaicne, Eóganachta, Érainn, Soghain, por nomear algúns).
A pesar de que durante moitos anos se pensaba que os irlandesas eran de ascendencia celta, os recentes estudos sobor o ADN teñen concluído outra cousa. O haplogrupo R1b domina en Irlanda, contradicindo a idea de que a cultura celta foi establecida en Irlanda pola emigración masiva de celtas do centro de Europa.[16] Un estudo levado polo Trinity College Dublin, concluíu que os irlandesas descenden principalmente de xente do norte de Iberia que emigrou de alí trala idade de xeo que rematou fai unha ducia de milenios. Estes xenetistas produciron un mapa de Europa con contornos nos que correspondía a ascendencia xenética. Un deles rodea Gales, Escocia, Irlanda e inclúe Galicia e o País Vasco.[17]
Durante os derradeiros 1.000 anos, foron influídos polos viquingos, que fundaron numerosos portos, incluíndo Dublín, e os normandos. De tódolos xeitos, a maior parte (80%) da poboación descende dos primeiros habitantes da illa que chegaron trala idade de xeo. Moitos no norte de Irlanda poden reclamarse descendentes de colonizadores británicos maioritariamente escoceses; os Ulster-escoceses.
O grupo relixioso máis grande de Irlanda son os católicos (arredor dun 70% en toda a illa, e máis dun 90% na República), e moitos dos restantes adhírense a confesións protestantes. A máis seguida é a anglicana Igrexa de Irlanda. A comunidade musulmá irlandesa está a medrar, principalmente pola inmigración. A illa ten tamén unha pequena comunidade xudía, que descendeu nos derradeiros anos. Dende a entrada na Unión Europea en 2004, os polacos ten sido a fonte máis grande de inmigrantes (uns 180.000) de Europa Central, seguidos dos lituanos, checos e letóns.
Despois de Dublín (1 661 185 hab.), as cidades máis grandes de Irlanda son Belfast (579.276 hab.), Cork (~380.000 hab.), Derry (94.329 hab.), Limerick (93.321 hab.), Galway (71.983), Lisburn (71.465), Waterford (45.775), Newry (27.433), Kilkenny (23.967) e Armagh (14.590).
Infraestruturas
editarTransporte
editarAéreo
editarOs tres aeroportos internacionais máis importantes da República son o Aeroporto de Dublín, o Aeroporto Internacional de Cork e o Aeroporto de Shannon. Todos proporcionan extensos servizos ó Reino Unido e a Europa continental, mentres que Dublín e Shannon tamén ofrecen unha gama de servizos transatlánticos. A aeroliña nacional irlandesa Aer Lingus e o seu operador de baixo custo Ryanair teñen a súa base en Dublín. Shannon foi unha vez unha importante escala na ruta transatlántica para operacións de repostaxe e, con Dublín, é aínda un dos dous aeroportos irlandeses desiñados para travesías transatlánticas. Hai varios aeroportos rexionais máis pequenos na República: o Aeroporto de Galway, o Aeroporto de Kerry (Farranfore), o Aeroporto do Oeste de Irlanda de Knock, o Aeroporto de Sligo, o Aeroporto de Waterford, e o Aeroporto de Donegal (Carrickfinn). Os servizos programados dende eses aeroportos rexionais están limitados na súa maioría a Irlanda e o Reino Unido.
En Irlanda do Norte hai tres principais instalacións de aviación. O Aeroporto Internacional de Belfast (Aldergrove) ofrece servizos á Gran Bretaña e Europa Occidental, e dende 2005, un servizo transatlántico diario a Newark (en Nova Jersey). Os volos dende o Aeroporto da Cidade de Belfast (Recentemente renomeado Aeroporto George Best da Cidade de Belfast trala morte do xogador de fútbol) e o Aeroporto da Cidade de Derry principalmente teñen destinos á República e a Gran Bretaña.
Estradas
editarOs motoristas deben conducir pola esquerda en Irlanda, como en Gran Bretaña, Australia, India, Hong Kong e o Xapón. Desafortunadamente, os turistas que conducen polo lado equivocado da estrada causan serios incidentes tódolos anos.[18] A Illa de Irlanda ten unha extensa rede de estradas. Nos anos recentes ten medrado, especialmente na costa leste e arredor de Dublín. Historicamente, os propietarios de terras desenvolveron moitas estradas e en 1800 Irlanda tiña unha rede de estradas de 16.100 km.[19]
O ano 1815 marcou a inauguración do primeiro servizo de coche de cabalos dende Clonmel a Thurles e Limerick. Hoxe, as principais compañías de bus son Bus Éireann na República e Ulsterbus, unha división de Translink, no norte, ambas delas ofrecen amplos servizos en tódalas partes da illa. Dublin Bus serve especificamente en Dublín e arredores, e outra división de Translink chamada Metro, ofrece servizos na área de Belfast.
Ferrocarril
editarA rede de ferrocarril en Irlanda foi desenvolvida por varias compañías privadas, algunha das cales recibiu financiamento do goberno británico a finais do século XIX. A rede acadou a súa máis grande extensión en 1920.
Os trens de pasazeiros na República están levados por Iarnród Éireann (ferrocarrís irlandeses) e conecta moitos dos pobos e cidades importantes en todo o país. En Dublín, dúas redes locais provén de transporte a cidade e os seus arredores máis inmediatos. O Dublin Area Rapid Transit une o centro da cidade cos suburbios de arredor. Ademais un novo ferrocarril lixeiro chamado Luas, aberto no 2004, transporta pasaxeiros dentro dos límites da cidade.
Baixo o plan do goberno Transport 21, a volta a abrir do enlace por ferrocarril de Navan-Clonsilla, o enlace Cork Midleton e o Ferrocarril Occidental son algúns dos plans para os ferrocarrís de Irlanda.
En Irlanda do Norte, tódolos servizos de ferrocarril están levados por Northern Ireland Railways, parte de Translink.
Enerxía
editarDurante moito tempo as redes eléctricas na República de Irlanda e en Irlanda do Norte estiveron completamente separadas. Ambas redes foron deseñadas e construídas independentemente, pero están hoxe en día conectadas entre elas e tamén conectadas por Northern Ireland Electricity (NIE) a través de Gran Bretaña ó continente europeo. A Electricity Supply Board (ESB) na República conduciu un programa de electrificación rural dende os anos 40 ós anos 70.
A rede de gas natural tamén é hoxe unha en toda a illa, cunha conexión dende Antrim a Escocia. Moito do gas irlandés provén do campo de Kinsale.
En Irlanda, o norte e o sur teñen amosado dificultades para prover de enerxía continua. A situación en Irlanda do Norte é complicada polo feito de que as compañías privadas non poden suplir á NIE, mentres que na República, a ESB ten faiado en modernizar as súas centrais eléctricas. Neste último caso, a dispoñibilidade das centrais eléctricas ten unha media recente dun 66%, unha das peores da Europa Occidental.
Teñen habido numerosos esforzos recentemente en Irlanda de empregar enerxía renovable como a enerxía eólica con grandes campos eólicos construídos en condados costeiros como Donegal, Mayo ou Antrim. Recentemente o que vai ser o campo eólico máis grande do mundo esta a ser construído en Arklow Bank na costa de Wicklow. Estímase que cubrirá o 10% das necesidades enerxéticas de Irlanda. Estas construcións nalgúns casos son atrasadas pola oposición dos habitantes da zona, máis recentemente na Illa de Achill, algúns dos cales consideraban a turbina eólica terriblemente fea. Outro feito da República é o fracaso da envellecida rede para arreglárselas coa variante dispoñibilidade de enerxía dende tales instalacións. Turlough Hill é o único mecanismo de almaceamento de enerxía de Irlanda.[20]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 CIA World Factbook Arquivado 29 de xuño de 2006 en Wayback Machine. www.cia.gov
- ↑ River Shannon - Shannon Development Website Arquivado 28 de maio de 2006 en Wayback Machine. www.shannonregiontourism.ie
- ↑ Website of Met Éireann - Temperature in Ireland Arquivado 15 de xullo de 2006 en Wayback Machine. www.met.ie
- ↑ Website of Met Éireann - Rainfall in Ireland Arquivado 15 de xullo de 2006 en Wayback Machine. www.met.ie
- ↑ The Irish State www.irlgov.ie
- ↑ Historia da Cruz de San Patricio Arquivado 08 de xullo de 2006 en Wayback Machine. www.doyle.com.au
- ↑ Os Romanos e Irlanda www.irishclans.com
- ↑ A Xeografía de Tolomeo www.roman-britain.co.uk
- ↑ BBC Online - Christianity - Features - St Patrick Arquivado 14 de maio de 2004 en Wayback Machine. www.bbc.co.uk/religion
- ↑ "Ireland considering immigration deal with U.S". Reuters (en inglés). 2007-01-19. Consultado o 2022-02-12.
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de marzo de 2011. Consultado o 30 de decembro de 2006.
- ↑ Irish Government Website Culture and Sport Information Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine. http://www.irlgov.ie Arquivado 08 de novembro de 2008 en Wayback Machine.
- ↑ "CROKE PARK REDEVELOPMENT". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2007. Consultado o 2007-01-12.
- ↑ New Releases, Nov. 22: System of a Down, Enya, Michael Buble Arquivado 10 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine. www.livedaily.com/news
- ↑ Ireland in shock Eurovision exit BBC Online, 19 May, 2005
- ↑ [Y-chromosome variation and Irish origins - EW Hill, MA Jobling, DG Bradley] http://www.tu-cottbus.de/BTU/Fak4/AllgOeko/erm/reprotox/focus/404351a0_r.pdf Arquivado 07 de novembro de 2006 en Wayback Machine.
- ↑ [The Irish are not Celts, say experts, The Sunday Times - Jan Battles] http://www.timesonline.co.uk/newspaper/0,,2765-1247765,00.html Arquivado 15 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine.
- ↑ U.S. Department of State, Consular Information Sheet Ireland, TRAFFIC SAFETY AND ROAD CONDITIONS Arquivado 13 de decembro de 2006 en Wayback Machine. travel.state.gov
- ↑ THE HISTORY OF TRANSPORT IN IRELAND PART 1 Arquivado 10 de abril de 2004 en Wayback Machine. www.cie.ie
- ↑ Options For Future Renewable Energy Policy, Targets And Programmes Issued By Department Of Communications, Marine And Natural Resources www.hibernianwindpower.ie (27th February 2004)
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Illa de Irlanda |
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |