Loreena McKennitt

Loreena McKennitt, nada en Morden (Manitoba) o 17 de febreiro de 1957, é unha cantante e intérprete de piano e arpa canadense, con ascendencia escocesa e irlandesa. Actualmente reside en Ontario.

Loreena McKennitt
Loreena McKennitt.jpg
Nome completoLoreena Isabel Irene McKennitt
Nacemento17 de febreiro de 1957
 Morden
NacionalidadeCanadá
Alma máterUniversidade de Manitoba
Ocupacióncantante, compositora, pianista, música, cantautora e produtora musical
Premiosmember of the Order of Canada, Ordem do Canadá e Queen Elizabeth II Diamond Jubilee Medal
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Os seus nove discos conságrana como unha grande intérprete no universo da música celta. Os seus discos Elemental e To Drive the cold winter away marcaron un antes e un despois na súa carreira musical. Antes destes discos Loreena traballaba na compañía teatral estábel do Shakespearean festival, onde tivo tempo de se inspirar no poeta William Butler Yeats, así como na música de The Bothy band e Alan Stivell.

No seu primeiro disco deuse a con cancións como "Banks of Claudy" ou "Stolen Child", mentres que no segundo deixa claro o seu desexo de mesturar a cultura celta con outras procedentes doutros lugares. Loreena non deixou de percorrer mundo cambiando a súa música a medida que encontraba novas culturas: en 1991 visitou Venecia, Hungría, Ucraína, España e outras partes de Asia para poder realizar o disco The Visit. Segundo ela, a música é un medio de comunicación entre as distintas culturas e, para deixalo aínda máis claro, gravou o disco "The Mask and Mirror" no cal España ten un papel importante. Despois daquel disco Loreena gravou The Book of Secrets e Live in Paris and Toronto.

DiscografíaEditar

Editou 9 álbums (8 álbums en estudio e o directo Live in Paris and Toronto; 13 millóns de exemplares foron vendidos por todo o mundo):

  • Elemental (1985).
  • To drive the cold winter away (1987).
  • Parallel dreams (1989).
  • The visit (1991).
  • The mask and the mirror (1994).
  • A winter garden : five songs for the season (1995).
  • The book of secrets (1997).
  • Live in Paris and Toronto (1999).
  • An Ancient Muse (2006).
  • An Ancient Muse (2007, edición limitada).

Bandas sonorasEditar

  • Bayo (1985).
  • Heaven on Earth (1986).
  • To a safer place (1987, documental).
  • Goddess Remember (1989, documental).
  • Highlander III (canción Bonny Portmore'; 1995')

Premios e outros méritosEditar

  • 1992 : Premio Juno ao mellor álbum de música tradicional por The Visit
  • 1994 : Premio Juno ao mellor álbum de música tradicional por The Mask and the Mirror
  • 1997 : Premio Billboard International Achievement Award
  • 2002 : Doutor honoris causa en letras da Universidade Wilfrid Laurier
  • 2003 : Orde de Manitoba
  • 2004 : Orde do Canadá

ComplementosEditar

Loreena McKennitt é moi activa nas seguintes asociacións :

  • Creación da Fundación para a memoria de Cook-Rees, (salvamento e seguridade náutica)
  • Participación financeira nos Fondos de Socorro da Sociedade da Medialúa Vermella Turca e da Cruz Vermella Grega
  • Creación en 2002 do Centro Falstaff Family en Statford

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar