Derry

cidade de Irlanda do Norte

Derry (denominación nacionalista), Londonderry (denominación unionista) ou Doire (denominación gaélica) é unha cidade de Irlanda do Norte. Está integrada na rexión do Ulster e no departamento de Derry County e constitúe a segunda cidade máis importante de Irlanda do Norte despois da capital Belfast e a cuarta da illa de Irlanda ( República de Irlanda e Irlanda do Norte)

Derry
Doire / Doire Cholmcille
Derrie / Lunnonderrie
Collage de imaxes de Derry.
Localización
Derry en Irlanda do Norte
Derry
Derry
País Reino Unido
Nación constituínteIrlanda do Norte
Condado Condado de Derry
DistritoDistrito de Derry
Xeografía
Altitude70 msnm
Superficie372 km²
Demografía
Poboación214.000 hab. (2002)
Densidade336 hab. / km²
Outros datos
Código postalLONDONDERRY
AlcaldeMartin Reilly
Páxina oficial de Derry

Cidade editar

A poboación da cidade era de 83.652 habitantes no 2001, ascendendo a unhas 200.000 se engadimos as localidades veciñas. Está situada preto da costa, na fronteira coa República de Irlanda. A cidade está rexida por un concello chamado Derry City Council e ten un aeroporto, o Derry City Airport, xunto cun porto, o Londonderry Port. A cidade está atravesada polo río Foyle, e nas súas beiras albérgase a cidade. No lado oeste está o centro da cidade ou Foyle Side e na outra banda atópase Waterside. Existen dúas pontes que atravesan o río Foyle.

Historia editar

Durante o reinado de Carlos II, quen tentou restaurar os dereitos dos católicos, os irlandeses trataron de botar aos granxeiro escoceses protestantes que se instalaran nesas terras, pero estes resgardáronse na cidade de Derry ou Londonderry. Cando Carlos II foi destituído por Gillerme de Orange, os católicos irlandeses foron duramente castigados e privados de dereitos tales coma traballar nun servizo público, ou ter escolas católicas. Nin sequera podían mercar un cabalo que custase máis de 5 libras.

Dende ese momento produciuse na cidade unha división entre católicos defensores da República de Irlanda, e protestantes a favor da monarquía británica.

Así, o 30 de xaneiro de 1972 produciuse o chamado Domingo Sanguento (Bloody Sunday). Ese día morreron na cidade 13 homes e nenos non armados a causa dos disparos da forza paracaidista británica tras unha manifestación a favor dos Dereitos Civís para os católicos de Irlanda do Norte no barrio de Bogside. Na honra destas mortes creouse o Bloody Sunday Museum ou Free Derry Museum, e tamén hai visíbeis murais católicos e protestantes nas rúas de Derry.

Clima editar

Táboa climática de Derry
Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Oct Nov Dec Anual
Media diaria de temperaturas máximas (°C) 10 10 11 12 14 17 18 19 17 15 11 11 13'75
Media diaria de temperaturas mínimas (°C) 0 0 2 3 5 8 10 10 9 6 4 1 4'8
Precipitacións (mm) 110 80 90 60 60 70 70 90 100 120 120 100 1070
Fonte: Yahoo! Weather
 
Guildhall

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar