Fianna Fáil
partido político irlandés
Fianna Fáil (expresión en irlandés que aproximadamente significa Soldados do Destino) é un partido político irlandés conservador fundado por Éamon de Valera en 1926 como escisión do Sinn Féin ao negarse este a recoñecer a constitución do Estado Libre de Irlanda despois da Guerra Civil irlandesa.
Fianna Fáil | |
---|---|
Partido político de Irlanda | |
Mocidades | Ógra Fianna Fáil |
Filiación internacional | Unión pola Europa das Nacións |
Historia | |
Fundación | 23 de marzo de 1926 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo irlandés Republicanismo Centrismo |
Representación | |
Representación | 78 (de 166) parlamentarios no Oireachtas |
Outros datos | |
Sede | 65-66 Lower Mount Street, Dublín 2, Irlanda |
Na rede | |
www.fiannafail.ie | |
Situación política actual
editarEste partido é a primeira forza política de Irlanda (co 41,5% dos votos e 81 de 166 parlamentarios no Parlamento de Irlanda). Mary McAleese (presidenta de Irlanda) é do Fianna Fáil así como Brian Cowen (primeiro ministro irlandés).
Líderes do FF
editar- Éamon de Valera (1926–1959)
- Seán Lemass (1959–1966)
- Jack Lynch (1966–1979)
- Charles Haughey (1979–1992)
- Albert Reynolds (1992–1994)
- Bertie Ahern (1994–2008)
- Brian Cowen (2008–presente)
Fianna Fáil en Europa
editarFianna Fáil (ou FF) forma parte do UEN (Unión pola Europa das Nacións).