Estado Libre Irlandés

O Estado Libre Irlandés (en irlandés: Saorstat Éireann, en inglés: Irish Free State) foi un estado estabelecido entre 1922 e 1937 en Irlanda en virtude do Tratado Angloirlandés, asinado polo goberno británico e os representantes de Irlanda, que comprendía vinte e seis dos trinta e dous condados de Irlanda, sendo un dos estados integrantes da Commonwealth.

Modelo:Xeografía políticaEstado Libre Irlandés
Irish Free State (en)
Saorstát Éireann (ga) Editar o valor em Wikidata

HimnoAmhrán na bhFiann Editar o valor em Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 53°20′52″N 6°15′35″O / 53.347777777778, -6.2597222222222Coordenadas: 53°20′52″N 6°15′35″O / 53.347777777778, -6.2597222222222
CapitalDublín Editar o valor em Wikidata
Escindido deReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua irlandesa
lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación 6 de decembro de 1922Home Rule (Tratado Angloirlandés) Editar o valor em Wikidata
Disolución29 de decembro de 1937 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porIrlanda Editar o valor em Wikidata
Evento clave
28 de xuño de 1922Guerra Civil Irlandesa Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoMonarquía parlamentaria Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoOireachtas of the Irish Free State (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
MoedaLibra irlandesa Editar o valor em Wikidata

O nacemento deste estado puxo fin á coexistencia de Irlanda do Sur, rexión autónoma dependente do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda, e a República Irlandesa, estado declarado independente unilateralmente nunca recoñecido polos británicos. Do mesmo xeito, o novo goberno do Estado Libre de Irlanda substituíu tanto o Goberno Provisional de Irlanda do Sur como o Goberno da República Irlandesa, que naqueles momentos estaba presidida por William T. Cosgrave.

Antecedentes editar

No Levantamento de Pascua de 1916 e, en particular, a decisión das autoridades militares británicas de executar moitos dos seus dirixentes despois da Guerra, xerou simpatía pola causa republicana na illa de Irlanda. Así mesmo, os republicanos e algúns nacionalistas independentes opuxéronse á prestación do servizo militar obrigatorio en 1918, desacreditando o partido maioritario que apoiaba os Aliados da primeira guerra mundial, e conseguiron que nas eleccións xerais de 1918 a maioría dos escanos irlandeses do Parlamento do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda no Palacio de Westminster fosen parar ao Sinn Féin.

A negativa por parte do Sinn Féin de tomar posesión das súas actas de deputado en Londres fixo que se crease na cidade de Dublín o Dáil Éireann, ou Asemblea de Irlanda, e a posterior autoproclamación da República Irlandesa. A pesar desta proclamación, tan só a Unión Soviética recoñeceu este estado, o verdadeiro goberno da illa quedou nas mans da rexión autónoma chamada Irlanda do Sur, xurdida da partición da illa despois da guerra angloirlandesa. Mediante a firma do Tratado Angloirlandés descartouse a constitución dunha república, sendo o novo Estado resultante un dominio parte do Imperio Británico e da Commonwealth, que uniu os gobernos da República Irlandesa e de Irlanda do Sur nun só e centralizado.

O caso de Irlanda do Norte editar

Véxase tamén: Irlanda do Norte.

O 6 de decembro de 1922, e por varios días en diante, Irlanda do Norte deixou de formar parte do Reino Unido pasando formar parte do recentemente creado Estado Libre Irlandés. Este excepcional episodio constitucional sucedeu debido ao Tratado Angloirlandés e á lexislación introducida para dar efecto legal ao tratado.

O Tratado tivo efecto no Reino Unido a través da Lei Constitucional de 1922 do Estado Libre Irlandés. A lei estabelecía un novo dominio da illa enteira de Irlanda, pero tamén permitía a Irlanda do Norte non participar ou non unirse ao Estado Libre. Baixo o Artigo 12 do Tratado, Irlanda do Norte presentou unha carta ao Rei solicitando non formar parte do Estado Libre Irlandés. Unha vez o Tratado foi ratificado, o Parlamento de Irlanda do Norte tivo un mes para exercitar a súa "non unión" durante a cal o goberno do Estado Libre Irlandés non lexislou para Irlanda do Norte, deixando a xurisdición efectiva do Estado Libre en desuso por un mes.

O Primeiro Ministro de Irlanda do Norte, James Craig, falando para o Parlamento en outubro de 1922, expresou que unha vez pasase o 6 de decembro comezaba o mes para decidir se se unían ou non ao Estado Libre Irlandés. Para Craig era sumamente importante que a decisión se tomase canto antes logo do 6 de decembro. O 7 de decembro de 1922 (un día despois do establecemento do Estado Libre), o Parlamento demostrou sen vacilación a súa posición de non se unir ao Estado Libre Irlandés, facendo a seguinte presentación ao Rei:

MOI AMABLE SOBERANO, nós, os seus máis obedientes e leais súbditos, os Senadores e Comúns de Irlanda do Norte en reunión parlamentaria... rogamos á súa Maxestade que os poderes do Parlamento e o Goberno do Estado Libre Irlandés non sexan estendidos a Irlanda do Norte.

O 13 de decembro de 1922, o Primeiro Ministro Craig dirixiuse ao Parlamento comunicándolles que o Rei respondera á súa comunicación. Desta forma o Parlamento de Irlanda do Norte decide non se unir ao novo Estado Libre Irlandés e permanecer xunto ao Reino Unido.

Estruturas gobernamentais editar

As estruturas do novo Estado Libre Irlandés foron sinaladas no Tratado e na Lei de Constitución do Estado Libre Irlandés. Esta prové para unha monarquía constitucional, cun parlamento de tres niveis, chamado Oireachtas, formado polo Rei e dúas casas: Dáil Éireann (parlamento) e Seanad Éireann (senado). A autoridade executiva era exercida polo Rei, e o exercicio do poder por un gabinete chamado Consello Executivo, presidido por un primeiro ministro chamado Presidente do Consello Executivo.

Disolución editar

En 1937 Éamon de Valera fixo aprobar unha nova constitución, que no ano 2012 é aínda vixente. Mediante a aprobación da devandita Constitución, aboliuse o cargo de gobernador para crear o cargo de Presidente. O primeiro ministro pasou a denominarse Taoiseach e o parlamento reduciu a 138 escanos os 153 que tiña até o momento. A idea de de Valera era que esta constitución fose válida para toda a illa de Irlanda, aínda que só se aplicou provisionalmente nos 26 condados do Sur. Así mesmo, o gaélico irlandés foi confirmado como lingua cooficial xunto ao inglés, e o catolicismo foi nomeado relixión oficial, aínda que se recoñeceu a liberdade relixiosa e de conciencia. O país pasou a denominarse República de Irlanda.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar