Palacio de Westminster

O Palacio de Westminster é o lugar no que se reúnen as dúas cámaras do Parlamento do Reino Unido (a Cámara dos Lores e a Cámara dos Comúns). O palacio atópase situado na beira norte do río Támese en Westminster en Londres, preto doutros edificios gobernamentais en Whitehall. O palacio serviu inicialmente como residencia real, a pesar de que ningún monarca viviu nel dende o século XVI. A maior parte da estrutura actual data do século XIX, data na que o palacio foi reconstruído logo dun incendio en 1834 que destruíu a maior parte do edificio. Os arquitectos responsables da reconstrución do palacio foron Sir Charles Barry e Augustus Pugin. O edificio é un exemplo do estilo neogótico. Unha das características máis senlleiras do palacio é a torre do reloxo, unha atracción turística que aloxa a campá chamada Big Ben, nome asignado erroneamente ao reloxo da torre.

Modelo:Xeografía físicaPalacio de Westminster
(en) Palace of Westminster Editar o valor en Wikidata
Imaxe
(2022)
Tipoedifício parlamentar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte dePalácio de Westminster, Abadia de Westminster e Igreja de Santa Margarida (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCidade de Westminster, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Mapa
 51°29′58″N 0°07′27″O / 51.4994, -0.1242
Bañado porRío Támesis Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Superficie10 ha Editar o valor en Wikidata
Monumento clasificado como grao I
Data5 de febreiro de 1970
Identificador1226284
Monumento clasificado como grao I
Westminster Hall (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg
Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundaciónsen valor Editar o valor en Wikidata
OcupanteParlamento do Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
16 de outubro de 1834 incendio
Causado por: accidente
1840 redesenvolvimento (pt) Traducir
10 de maio de 1941 bombardeo Editar o valor en Wikidata
Primeiro rexistro escrito1016 Editar o valor en Wikidata
Actividade
UsoParlamento e residencia oficial Editar o valor en Wikidata

Páxina webparliament.uk… Editar o valor en Wikidata
Twitter: visitparliament Editar o valor en Wikidata

O palacio contén máis de mil habitacións, sendo as máis importantes as correspondentes aos Salóns da Cámara dos Lores e a Cámara dos Comúns. O palacio tamén inclúe salas de reunión, bibliotecas, corredores, comedores, bares e ximnasios. É o lugar onde se realizan importantes cerimonias de estado, das cales a máis importante é a Cerimonia de apertura do Parlamento. O palacio está moi asociado coas dúas Cámaras, tal como o demostran o emprego da palabra "Westminster" para referirse ao "Parlamento". As oficinas dos parlamentarios atópanse en edificios próximos, tales como a Casa Portcullis e os Edificios Norman Shaw.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar