Lansdowne Road
Para o novo estadio véxase: Aviva Stadium
Lansdowne Road | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estadio de fútbol, estadio de rugby, antiga instalación deportiva e estadio ![]() | |||
Deporte | rugby a 15 ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Ocupante | Irish Rugby Football Union ![]() | |||
Propietario/a | Irish Rugby Football Union | |||
Datas | ||||
Fundación | 1872 ![]() | |||
Inauguración | 1872 | |||
Demolición | 2007 | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 49.000 | |||
Tipo superficie | céspede ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Irlanda | |||
Provincias | Leinster | |||
Condados | Dublin City (en) ![]() | |||
Cidade grande | Dublín ![]() | |||
Localización | Dublín, Irlanda | |||
Enderezo | Ballsbridge, Dublin 4, Republic of Ireland ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | lrsdc.ie… ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Lansdowne Road (en irlandés:Bóthar Lansdúin) era un estadio de deportes sito en Dublín pertencente á Federación Irlandesa de Rugby (IRFU) e utilizado principalmente por ela, mais tamén para partidos internacionais de fútbol, finais de competicións e concertos de música. Foi demolido en 2007, e estase a construír no seu lugar un novo estadio, o coñecido coma novo Lansdowne Road: o Aviva Stadium.
Lansdowne Road é tamén o nome da rúa lindeira, da que o estadio recibiu o nome.
Localización
editarO estadio estaba situado no barrio de Ballsbridge na cidade de Dublín na área 4. Cruzaba o Río Dodder e estaba próximo a moitas casas de ladrillo vermello vitorianas, a ponte que o cruzaba é a Pont de Herbert e conecta co cruzamento de Estrada de Herbert e a Avenida Newbridge.
Ao estadio púxoselle o nome da estrada próxima, á cal, a cambio, se lle puxo o nome de Marqués de Lansdowne. O Marqués era tamén o Conde de Shelbourne, e a estrada de Shelbourne próxima tamén se chama así por el.
Como curiosidade, o Lansdowne Road pódese xactar de ter o mellor e máis conveniente sistema de acceso ao transporte público que calquera outro estadio no mundo, isto é porque a estación "Lansdowne Road" do ferrocarril de Dublín (o Dublin Area Rapid Transit ou DART), atópase á saída do estadio e cruza por baixo da tribuna oeste. Este era até 2007, o estadio máis antigo do mundo sobre o que se seguía xogando tanto a rugby como a fútbol. Destaca así mesmo polo incríbel ambiente que se xera en cada partido da selección irlandesa, cunha afección que non deixa en ningún momento de animar o seu equipo, convertendo o estadio nunha caldeira.
A súa capacidade variaba segundo o deporte, posto que no rugby non existe unha limitación de prazas de pé, feito que si se dá no fútbol. Por este motivo os socalcos situados nos fondos norte e sur adaptábanse con cadeiras, polo que a capacidade do estadio diminuía de 49 000 a 36 000 espectadores. No ano 2004 o goberno irlandés xunto coas federacións de rugby (IRFU) e fútbol (FAI) chegaron a un acordo para remodelar por completo Lansdowne Road durante o ano 2007 e 2008, polo que ambas seleccións deberán disputar os seus encontros no estadio Croke Park, pertencente á asociación de fútbol gaélico (GAA) até o ano 2010.
Podemos engadir, como referencia, que este estadio foi usado para concertos dalgunhas bandas tan famosas como R.E.M., U2 e The Corrs, conseguindo enchelo.
Incidentes
editarIrlanda contra Inglaterra
editarO 6 de febreiro de 1995, uns seareiros enfurecidos causaron que o árbitro tivese que abandonar o terreo de xogo aos 27 minutos[1] por anularlle un gol a Inglaterra.
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2011. Consultado o 04 de xuño de 2009.