Aviva Stadium
O Aviva Stadium (en irlandés: Staid Aviva, informalmente coñecido como Lansdowne Road ou Estadio de Irlanda)[1] é un estadio polideportico situado en Dublín, capital de Irlanda, con capacidade para 51.700 espectadores. Está situado no lugar do antigo Lansdowne Road (en irlandés: Bóthair Lansdúin), demolido en 2007, e substituíndo a este como como estadio local da selección irlandesa de rugby e de fútbol. O Grupo Aviva asinou en 2009 un acordo por 10 anos para ter os dereitos de nome do estadio.[2]
Aviva Stadium | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 53°20′06″N 6°13′42″O / 53.334956, -6.228253 |
Localización | Dublín, Irlanda |
Construción | |
Construción | Marzo de 2007 |
Inauguración | 14 de abril de 2010 |
Arquitecto | HOK Sport |
Enxeñeiro | Buro Happold |
Custo | 410 millóns de € (2010) |
Estadio | |
Superficie | Ballico |
Capacidade | 51.700 espectadores |
Propietario | Irish Rugby Football Union Football Association of Ireland |
Operadora | New Stadium Ltd |
Localía | Selección de rugby de Irlanda Selección de fútbol de Irlanda Leinster Rugby |
Web | http://www.avivastadium.ie/ |
Eventos | |
Final da UEFA League 2011 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
- Para o vello estadio véxase: Lansdowne Road.
O estadio, que foi inaugurado oficialmente o 14 de maio de 2010, está situado ao carón da estación de ferrocarril de Lansdowne Road. É o primeiro e único estadio irlandés que está na categoría UEFA de Elite Stadium, albergando a final da UEFA League de 2011. Tamén albergou a Copa das Nacións, unha competición futbolística celebrada en 2011. Actualmente é a sede das seleccións irlandesas de rugby e fútbol, así como dalgúns encontros do Leinster Rugby. Mentres que o seu predecesor era propiedade exclusiva da Federación Irlandesa de Rugby (IRFU), o actual estadio está controlado por unha sociedade participada a partes iguais polas federacións irlandesas de Rugby e de Fútbol denominada Lansdowne Road Stadium Development Company (LRSDC). Esta sociedade ten os dereitos de explotación durante 60 anos, ao cabo dos que o estadio volverá ser propiedade exclusiva da IRFU.[3]
Notas
editar- ↑ "RWC 2023 Host Selection Process Evaluation Report" (PDF). www.worldrugby.org. 2017. Consultado o 19 November 2017.
- ↑ Gallagher, Paul (2 de febreiro de 2009). "Lansdowne to be renamed Aviva Stadium". Irish Times. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2012. Consultado o 17 de novembro de 2019.
- ↑ Hogan, Vincent (19 de abril de 2010). "Vincent Hogan: Aviva — the most expensive second home in history". Irish Independent.