Croke Park
O Croke Park (en irlandés: Páirc an Chrócaigh) é un estadio situado en Dublín, Irlanda. É o recinto deportivo máis grande do país e o campo principal e sede central da Gaelic Athletic Association (Asociación de Deportes Gaélicos), a máis grande organización deportiva irlandesa.
Croke Park | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estadio ![]() | |||
Custo | 260 millóns de € (2004) | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Irlanda | |||
Provincias | Leinster | |||
Entidade administrativa desaparecida | Condado de Dublín | |||
Cidade grande | Dublín ![]() | |||
Localización | Dublín, Irlanda | |||
Datas | ||||
Inauguración | 1884, 1913 | |||
Acontecementos | ||||
Dimensións | ||||
Capacidade | 82.300 | |||
Superficie | Céspede natural | |||
Tipo superficie | céspede ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | Gaelic Athletic Association (GAA) | |||
Arquitecto | Gilroy McMahon | |||
Ocupante | Irlanda ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | rugby a 15, fútbol gaélico e hurling ![]() | |||
Localía | Selección de rugby de Irlanda (até 2010) Selección de fútbol de Irlanda (até 2010) Dublín GAA | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | crokepark.ie… ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia e características
editarDende 1884 este lar foi utilizado pola GAA para acoller xogos Gaélicos, coma por exemplo as finais de do campionato de Irlanda de fútbol gaélico ou de hurling. En 1920 tivo lugar o Domingo Sanguento, no que as tropas británicas dispararon á multitude que fora mirar o partido entre Dublín e Tipperary.
O "Crocker", como é popularmente coñecido, tamén acolle concertos de música e actos importantes a nivel internacional coma, por exemplo, as cerimonias de apertura e clausura dos Special Olympics de verán de 2003. Durante a reforma do estadio de Lansdowne Road (que se converterá no Aviva Stadium) o estadio tamén acolle á Selección de rugby de Irlanda é a selección fútbol.
Seguindo un programa de desenvolvemento comezado nos anos 90 do século XX, Croke Park aumentou a súa capacidade até 82.300 espectadores[1], converténdoo no cuarto estadio de Europa en capacidade e o actualmente maior estadio do Torneo das Seis Nacións, seguido de preto polo Twickenham Stadium.
Croke Park tamén acolleu en 1972 un combate de boxeo entre Muhammad Ali e Alvin Lewis.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web oficial de Croke Park (en inglés)
- Gaelic Athletic Association - Cumann Lúthchleas Gael Arquivado 06 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés) (en irlandés)
Notas
editar- ↑ Croke Park Venue Information Arquivado 19 de novembro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)