The Pogues
The Pogues é unha banda anglo-irlandesa de celtic punk (estilo musical que fusiona o punk-rock coa música tradicional irlandesa) xurdida a principios dos anos '80 en Londres (Inglaterra) baixo o nome Pogue Mahone, unha anglicisación da expresión irlandesa póg mo thóin, que literalmente significa Bícame o cu.[1] A banda creouse en 1982 liderada por Shane MacGowan e tivo un grande éxito dende mediados da década dos '80 ata os inicios dos '90, cando MacGowan abandonou o grupo a causa dos seus problemas co alcohol, mais a banda continuou a súa andaina, primeiro con Joe Strummer (antigo líder de The Clash), e posteriormente con Spider Stacy como cantantes ata a disolución do grupo en 1996.[2] No 2001 a banda reuniuse novamente, dando concertos de xeito regular e publicando varios discos en directo e recompilatorios, aínda que sen editar ningún álbum de estudio novo.
The Pogues | |
---|---|
Orixe | Kings Cross, Londres, Inglaterra (mais varios membros son de ascendencia irlandesa) |
Período | 1982-1996 2001-presente |
Xénero(s) | celtic punk, folk punk, celtic fusion |
Membros | Shane MacGowan James Fearnley Spider Stacy Jem Finer Andrew Ranken Phil Chevron Terry Woods Darryl Hunt |
Antigos membros | Cait O'Riordan Joe Strummer Jamie Clarke Dave Coulter James McNally |
Na rede | |
http://www.pogues.com/ | |
A súa música ten unha mensaxe política, influenciada por The Clash, coa esencia da máis pura música tradicional irlandesa, con instrumentos como tin whistle, o banjo, a mandolina, o acordeón ou o bodhrán. Durante o período que Shane MacGowan deixou a banda, os instrumentos de base eléctrica gañaron máis importancia.
Discografía
editarÁlbums de estudio
editar- Red Roses for Me - 1984
- Rum, Sodomy, and the Lash - 1985
- If I Should Fall From Grace With God - 1988
- Peace and Love - 1989
- Hell's Ditch - 1990
- Waiting for Herb - 1993
- Pogue Mahone - 1996
EPs
editarDirectos e recompilatorios
editar- The Best of the Pogues - 1991
- The Rest of The Best - 1992
- The Very Best Of The Pogues - 2001
- Streams of Whiskey: Live in Leysin, Switzerland 1991 - 2002
- The Ultimate Collection including Live at the Brixton Academy 2001 - 2005
- Just Look Them Straight In The Eye and Say... POGUE MAHONE!! (Antoloxía/Caixa de rarezas) - 2008
Videografía
editarNotas
editar- ↑ BBC - Radio 2 - Documentaries - Pogue Mahone: The Story of the Pogues
- ↑ "The Pogues: Biography : Rolling Stone". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2010. Consultado o 09 de maio de 2011.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: The Pogues |