No seu sentido máis estrito, a palabra inglesa whistle significa asubío en galego, mais para o caso tin whistle ou low whistle fai referencia a un dos máis famosos instrumentos de vento irlandeses e dos máis significativos na música celta.

Varios estilos de tin whistle

Hoxe en día existen multitude de empresas dedicadas á elaboración de low e tin whistles en varios países. Hainos moi variados, en diferentes tonalidades (predominan os whistles afinados en re) e de diferente material: metal, bambú e incluso plástico.