Bambú

Bosque de bambús.
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Monocots
(sen clasif.): Commelinids
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Subfamilia: Bambusoideae
Supertribo: Bambusodeae
Tribo: Bambuseae
Kunth ex Dumort. (1829)
Genera

68, ver texto

Sinonimia[1]
  • Arthrostylidieae E. Camus (1913)
  • Baccifereae E. Camus (1913, nom. inval.)
  • Chusqueae E. Camus (1913)
  • Hickelieae A. Camus (1935, nom. inval.)
  • Oxytenanthereae Tzvelev (1987)

O nome bambú[2] provén probablemente dunha adaptación da palabra samambu, orixinaria de Malaisia, e introducida en Europa polos portugueses no século XVI. Os bambús son orixinarios de Asia, América, África e Oceanía; poden adaptarse a numerosos climas (tropicais, subtropicais e temperados). En Europa existen fósiles pero ningunha especie endémica, datando as primeiras plantacións de 1855 en Inglaterra e en Anduze (Francia).

Son plantas moi antigas (datan do Mioceno), rústicas e, sobre todo, moi atípicas. Inspiraron mitoloxías e simboloxías. É unha planta extraordinariamente útil, téndose descrito máis de 1 500 usos e utilidades, moi válida no pasado e con moitas posibilidades no futuro. Pola súa alta resistencia e flexibilidade chámaselle "o aceiro vexetal".

O bambú, a nivel económico, pode representar un recurso renovable e sostible.

Bambús en Lijiang, na China
  1. Soreng, Robert J.; Peterson, Paul M.; Romaschenko, Konstantin; Davidse, Gerrit; Zuloaga, Fernando O.; Judziewicz, Emmet J.; Filgueiras, Tarciso S.; Davis, Jerrold I.; Morrone, Osvaldo (2015). "A worldwide phylogenetic classification of the Poaceae (Gramineae)". Journal of Systematics and Evolution 53 (2): 117–137. ISSN 1674-4918. doi:10.1111/jse.12150. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bambú.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar