Kilkenny

Kilkenny
Cill Chainnigh
COA IRL Kilkenny City.svg
Ireland map County Kilkenny Magnified.png
Provincia Leinster
Condado condado de Kilkenny
Poboación 22,179 hab.
Altitude 60 m metros
Cidade da República de Irlanda Flag of Ireland.svg

Kilkenny (en inglés) ou Cill Chainnigh (en irlandés) é unha cidade irlandesa da provincia de Leinster (Irlanda), á beira do río Nore no condado de Kilkenny do cal é a capital. Ten unha poboación de 22.179 habitantes (censo de 2006), dos cales 8.625 residen na cidade (facéndoa a cidade máis pequena de Irlanda), e ten unha altitude de 60 m sobre o nivel do mar.

Kilkenny recibiu o sobrenome durante séculos, e polo cal se fixo famosa, de "Cidade do mármore" (the "Marble City"), debido ao tipo de pedra negra que se atopa nas proximidades e que serve de adorno a moitos dos seus edificios.