Abrir o menú principal

George Ivan Morrison, nado en Belfast o 31 de agosto de 1945, é un cantante e compositor norteirlandés, expoñente do chamado celtic soul.

Van Morrison
Van-Morrison.jpg
Nome completoGeorge Ivan Morrison
AlcumeVan Morrison
Nacemento31 de agosto de 1945
 Belfast
NacionalidadeReino Unido
Ocupaciónguitarrista, poeta, compositor, músico, cantante, pianista, autor-compositor, Produción musical, cantautor e recording artist
CónxuxeMichelle Rocca
FillosShana Morrison
Premiosoficial da Orde do Imperio Británico, Officier des Arts et des Lettres‎, Salón da Fama do Rock, Orde do Imperio Británico e Johnny Mercer Award
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Dedicouse desde moi cedo à música porque o seu pai coleccionaba discos de jazz, e a nai era cantante. Colleu notoriedade á fronte dos Them, banda formada en 1964, e coa cal obtivo unha serie de éxitos. Morrison comezou a ficar triste debido á grande utilización de músicos de estudio por parte da banda e abandonou o grupo despois dunha xira polos EUA en 1966. Regresou a Belfast coa intención de deixar o mundo da música, máis o produtor Bert Berns convenceuno para regresar a Nova York e gravar só. Destas primeiras sesións de gravación saíu unha das súas cancións máis coñecidas, "Brown eyed girl".

En 1968 é editado Astral Weeks, considerado por moitos o seu mellor traballo, moi aclamado pola crítica, máis sen ter moita aceptación por parte do público.

Morrison xeralmente amosa desdén polas opinións da prensa e da crítica. O seu traballo é serio, moitas veces de natureza espiritual, combinando elementos do jazz, R&B e música celta.

En 1990 participou no espectáculo de Roger Waters, The Wall en Berlín, con outros convidados, entre os cales se atopaban Bryan Adams e Scorpions.

DiscografíaEditar

Véxase taménEditar