Brit Awards
A introdución deste artigo precisa dunha ampliación, redución, carece de contexto ou non fornece un resumo axeitado do artigo segundo indica o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Os BRIT Awards son os premios anuais para a música popular entregados pola British Phonographic Industry. O nome foi orixinalmente unha abreviatura de "British", "Britain", ou "Britannia" (nos seus primeiros anos estiveron esponsorizados polo Britannia Music Club), pero posteriormente converteuse nun acrónimo para British Record Industry Trusts Show. Ademais, unha cerimonia equivalente para música clásica, chamada Classic BRIT Awards, celébrase no mes de maio. Robbie Williams é o artista que gañou máis BRIT Awards, 13 como artista en solitario e outros 5 como parte de Take That.[1]
Os premios foron entregados por vez primeira en 1977 e dende 1982 celébrase un evento anual amparado pola asociación comercial da industria fonográfica británica, a BPI. En 1989 os premios foron renomeados como The BRIT Awards.[2] Mastercard é o principal patrocinador do evento.[3] Como principais premios musicais do Reino Unido, a gala dos BRIT Awards contaron con algúns dos momentos máis destacables da cultura popular británica, como a derradeira aparición pública de Freddie Mercury, a protesta de Jarvis Cocker contra Michael Jackson, o pico do enfrontamento entre Oasis e Blur, o vestido da Union Jack levado por Geri Halliwell das Spice Girls, e o lanzamento dun caldeiro de auga xeada por parte dun membro de Chumbawamba ao entón vice primeiro ministro John Prescott.[4][5][6][7] Eses momentos tiveron lugar nos anos 90, cando a cerimonia tiña a reputación de ser "un pouco caótica, impredicible e, por momentos, anárquica" cun criticismo que foi decaendo dende entón e “evolucionou cara a un asunto máis puído e saneado".[8]
Os BRIT Awards emitíronse en directo ata 1989, cando Samantha Fox e Mick Fleetwood presentaron un programa moi criticado onde pouco saíu como fora ensaiado.[9] Dende 1990 ata 2006 o evento gravábase e emitíase a seguinte noite. Dende 2007 a gala dos BRIT Awards volveu a emitirse en directo a través da televisión británica, o día 14 de febreiro pola canle ITV.[9] Ese ano o cómico Russell Brand foi o presentador e tres premios foron retirados da cerimonia: mellor artista de rock británico, mellor artista urbano británico e mellor artista de pop.[9] O 16 de febreiro de 2010 a gala celebrouse por última vez no Earls Court Exhibition Centre en Londres. Os BRIT Awards celebráronse no O2 Arena da capitál británica en 2011 por vez primeira.
A estatuíña dos BRIT Award que se lles entrega aos gañadores representa a Britannia, a personificación feminina de Gran Bretaña. Dende 2011 a estatuíña ten sido redeseñada con regularidade por algúns dos deseñadores, estilistas e artistas británicos máis coñecidos, como Vivienne Westwood, Damien Hirst, Tracey Emin, Peter Blake, Zaha Hadid, Anish Kapoor e David Adjaye.[10][11][12][13] En 1992 The KLF abriu a cerimonia e convidou á banda de metal extremo Extreme Noise Terror ao escenario, que subiu equipada con lanzachamas e disparou balas de fogueo con metralladoras sobre a multitude. O grupo enviou unha ovella morta á festa celebrada despois da gala, e despois enterrou a súa estatuíña en Stonehenge para escenificar o seu aborrecemento pola industria musical.[8]
Notas
editar- ↑ "BRITs Hall Of Fame: The 20 Biggest BRIT Awards Winners In History". Capital (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2021. Consultado o 2020-07-04.
- ↑ "Brit Awards". news.bbc.co.uk. Consultado o 2020-07-04.
- ↑ "The BRIT Awards". www.mastercard.ie. Consultado o 2020-07-04.
- ↑ Bulbul, Nuray (2020-02-17). "10 memorable Brit Awards moments". BBC News (en inglés). Consultado o 2020-07-04.
- ↑ "Freddie Mercury and Queen in pictures". The Telegraph (en inglés). 2015-10-31. ISSN 0307-1235. Consultado o 2020-07-04.
- ↑ Klerk, Amy de (2017-02-22). "It has been 20 years since Geri Halliwell wore the Union Jack dress". Harper's BAZAAR (en inglés). Consultado o 2020-07-04.
- ↑ "Could Jarvis Cocker flashing hit Brit Awards again?". Metro (en inglés). 2008-02-20. Consultado o 2020-07-04.
- ↑ 8,0 8,1 "Have the BRIT Awards lost their edge?". independent (en inglés). Consultado o 2020-07-04.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 "2007 Brits to be broadcast live" (en inglés). 2006-08-21. Consultado o 2020-07-04.
- ↑ "This is what Brit winners will take home next year". BBC News (en inglés). 2017-11-27. Consultado o 2020-07-04.
- ↑ "Dame Zaha Hadid's Brits statue unveiled". BBC News (en inglés). 2016-12-01. Consultado o 2020-07-04.
- ↑ Holden, Steve (2013-10-01). "Damien Hirst's 2013 Brit Award statue unveiled". BBC Newsbeat (en inglés). Consultado o 2020-07-04.
- ↑ "Sir David Adjaye is 2019's Statue Designer". web.archive.org. 2018-12-24. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2018. Consultado o 2020-07-04.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brit Awards |