Zaha Hadid
Zaha Hadid (en árabe: زها حديد), nada en Bagdad, Iraq, o 31 de outubro do 1950 e finada en Miami (Florida) o 31 de marzo de 2016,[1] foi unha arquitecta británica de orixe árabe identificada coa corrente desconstrutivista da arquitectura.
Zaha Hadid | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Zaha Hadid |
Nacemento | 31 de outubro de 1950 |
Bagdad | |
Falecemento | 31 de marzo de 2016 |
Miami, Florida | |
Causa | Infarto agudo de miocardio |
Soterrada | Cemitério de Brookwood |
Nacionalidade | Reino Unido e Iraq |
Relixión | Islam |
Alma máter | Architectural Association School of Architecture e Universidade Americana de Beirute |
Ocupación | arquitecta, deseñadora e catedrática |
Pai | Mohammed Hadid |
Irmáns | Foulath Hadid |
Coñecido/a por | Sheikh Zayed Bridge, Centro Aquático de Londres, Heydar Aliyev Cultural Center, Guangzhou Opera House, Contemporary Arts Center, Dubai Opera House, BMW Central Building, Bridge Pavilion, Lilium Tower, Bergiselschanze, Phaeno Science Center, CMA CGM Tower, Riverside Museum, MAXXI – National Museum of the 21st Century Arts, one-north, CityLife, Port House e Capital Hill Residence |
Premios | Prémio Stirling, Dama comendadora da Orde do Imperio británico, Premio Pritzker, Praemium Imperiale, Royal Gold Medal, Prémio Stirling, Great Golden Medal of Honour for Services to the Republic of Austria, Jane Drew Prize, Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea - Premio Mies van der Rohe, Lista das mulheres mais poderosas segundo a revista Forbes, Fellow of the American Institute of Architects, Condecoração Austríaca de Ciência e Arte e Hóspede ilustre da Cidade do México |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou matemáticas na Universidade Americana de Beirut. Logo de se formar, pasou a estudar na Architectural Association de Londres. Despois de se licenciar como arquitecta tornouse membro do Office for Metropolitan Architecture, traballando co seu antigo profesor, o arquitecto Rem Koolhaas. En 1979, pasou a estabelecer un despacho profesional propio en Londres. De alí en diante, a súa obra pasa a posuír certo renome. Na década de 80, tamén deu clases na Architectural Association.
ProxectosEditar
Grande parte da obra de Zaha Hadid é conceptual. Entre os seus proxectos executados inclúense:
- Parque de Bombeiros de Vitra (1993), Weil am Rhein, Alemaña
- Centro Rosenthal de Arte Contemporánea (1998), Cincinnati, Ohio, EUA
- Terminal Hoenheim-North & estacionamento (2001), Estrasburgo, Francia
- Bergisel Ski Jump (2002), Innsbruck, Austria
- Phaeno, museo científico. Co lema Da staunst du (“Asombrarate”) (2005), Wolfsburg, Alemaña
Zaha Hadid tamén realizou traballos de interiores de alto nivel, incluíndo a Zona da mente no Domo do Milenio en Londres. Vencedora de diversas competicións internacionais, algúns dos seus proxectos premiados nunca foron construídos: notabelmente The Peak Club en Hong Kong (1983) e a Ópera da Baía de Cardiff en Gales, 1994.
En 2004, Hadid converteuse na primeira arquitecta en recibir o Premio Pritzker de Arquitectura polo conxunto de súa obra. Anteriormente tamén fora condecorada coa Orde do Imperio Británico polos servizos realizados á arquitectura.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zaha Hadid |