Abrir o menú principal

Oasis foi unha banda británica de rock formada en Manchester no ano 1991. Nos seus comezos estaba formada por Liam Gallagher (vocalista), Paul Arthurs (guitarrista), Paul McGuigan (baixista) e Tony McCarroll (batería), e tocaban baixo o nome de The Rain. Mudaron o seu nome a Oasis cando, invitado polo seu irmán menor, entra no grupo Noel Gallagher, converténdose en líder, guitarrista principal e compositor da banda.

Oasisworklogo.png
Oasis Noel and Liam WF.jpg
Os irmáns Gallagher en concerto
OrixeManchester, Inglaterra Inglaterra
Período1991 - 2009
Xénero(s)britpop, rock and roll, rock alternativo
MembrosLiam Gallagher
Gem Archer
Andy Bell
Chris Sharrock
Páxina webwww.oasisinet.com

Oasis é considerado un dos grupos máis destacados da historia do Reino Unido e da música rock, por ser quizais o máximo expoñente do movemento britrock xunto con Blur e por ser tamén un dos grupos máis senlleiros da música a nivel mundial na década dos 90. Boa proba diso son as 11 millóns de copias vendidas do seu álbum debut Definetely Maybe, as 26 millóns do seu segundo álbum, (What´s the story)Morning Glory, que se converteu no segundo disco máis vendido na historia do Reino Unido por detrás do aclamado Sargent Pepper´s Lonely Hearts Club Band, e as 420.000 copias vendidas o día da posta á venda do seu terceiro álbum de estudio, Be Here Now, que logrou converterse no disco máis rapidamente vendido na historia do seu país.

A súa principal e máis notable influencia musical foi The Beatles, mais tamén beberon doutros grupos como The Rolling Stones, The Who, The Kinks, Sex Pistols, The Smiths, Neil Young, The Stooges e The Stone Roses. Por outra banda foron, xunto con Blur, un dos máximos expoñentes do Britpop.

En agosto do ano 2009 Noel Gallagher anunciou a súa saída da banda despois dun altercado nos camerinos con Liam antes dun concerto. O resto dos seus membros, liderados por Liam Gallagher, decidiron continuar traballando xuntos baixo o nome Beady Eye.

Índice

Influencias musicaisEditar

Musicalmente, Oasis citou como as súas principais influencias a The Beatles, The Who, Sex Pistols e The Stone Roses. Tamén nomearon, en menor medida, a The Stooges, The Kinks, The Smiths, The Rolling Stones e Neil Young.

Grande cantidade de bandas citaron a Oasis como unha das súas maiores influencias, entre elas Arctic Monkeys, The Killers, The Coral, Jet e Kasabian.

DiscografíaEditar

Álbums de estudioEditar

Álbums ao vivoEditar

RecompilatoriosEditar