Britpop

O britpop foi un xénero de rock alternativo británico e un movemento que foi moi popular sobre todo en Gran Bretaña a mediados dos anos 90. O britpop emerxeu da escena indie aprincipios da década dos 90 e estaba caracterizado por bandas influenciadas polo pop guitar británico dos anos 60 e 70. O movemento desenvolveuse como unha reacción contra varias tendencias musicais e culturais de finais dos 80 e principios dos 90, particularmente o fenómeno grunge dos Estados Unidos.

Britpop
Blur Newcastle 2009 Coxon Albarn.jpg
Orixe musicalBritish Invasion, Glam rock, Indie rock, Madchester, Mod revival, New Wave, Punk rock
Orixe culturalprincipios dos 90 no Reino Unido
Instrumentos típicosGuitarra - Baixo - Batería - Teclado
DerivadosNew wave of new wave, Lion Pop

A pesar de que as bandas de britpop non tiñan un son unificado elas foron agrupadas xuntas polos medios primeiramente como unha escena musical, máis que como un xénero propiamente, e posteriormente como un movemento cultural nacional. Blur, Oasis e Pulp son considerados os grupos máis representativos do britpop, e outras bandas asociadas a este movemento son Suede, Elastica, Ocean Colour Scene, Supergrass e The Verve. Esas bandas levaron o rock alternativo británico cara o mainstream e formaron a espiña dorsal dun movemento cultural británico aínda maior denominado "Cool Britannia".

A pesar de que as súas bandas máis populares foron capaces de manter o seu éxito comercial internacionalmente, sobre todo en Norteamérica, o movemento en gran parte se disolveu cara finais da década dos 90.

Estilo, raíces e influenciasEditar

As bandas de britpop estiveron fortemente influenciadas pola música inglesa dos anos 60 e 70, especialmente polas bandas de British Invasion coma The Beatles, The Rolling Stones, The Who, The Kinks e The Small Faces; por artistas de glam rock coma David Bowie e T. Rex; e grupos de punk rock como os Sex Pistols, The Jam, os Buzzcocks e Wire. As influencias específicas de cada banda varían: Blur e Oasis beben dos Kinks e dos Beatles respectivamente; mentres que Elastica está máis influenciada polo arty punk rock.

As bandas de rock alternativo da escena indie dos 80 e de principios dos 90 foron on antecesores directos do movemento britpop. A influencia de The Smiths foi común na maioría dos artistas britpop. A escena Madchester, encabezada por The Stone Roses, Happy Mondays e Inspiral Carpets (para quen Noel Gallagher de Oasis traballara de roadie), foi a raíz máis inmediata do britpop.

En termos de estilo, as bandas de britpop confiaban en temas pegadizos e escribían letras con temáticas afíns á mocidade británica da súa xeración. Estas bandas denunciaban que os grupos de shoegazing e grunge eran irrelevantes e non lle dicían nada ás súas vidas. Damon Albarn de Blur resumiu a súa actitude en 1993 cando despois de que lle preguntasen se Blur era unha "banda anti-grunge" dixo, "se o punk tratábase de desfacerso dos hippies, entón esu estou desfacéndome do grunge". A pesar da declarada inimizade entre os xéneros, algúns elementos eran comúns a ambos.