Be Here Now é o terceiro álbum da banda inglesa de britpop Oasis, publicado o 21 de agosto de 1997 a través do selo Creation Records. O disco foi moi agardado tanto pola crítica como polos seareiros, tras o éxito do grupo en todo o mundo co seu traballo de estrea, Definitely Maybe (1994), e a súa continuación, (What's the Story) Morning Glory? (1995). O pre-lanzament de Be Here Now deu lugar a un gran despregue publicitario, tanto na prensa musical como na convencional. Nese momento a fama de Oasis estaba no seu momento máis alto, e Be Here Now converteuse no disco con vendas máis rápidas no Reino Unido ata a data, vendendo ao redor de 350.000 unidades o seu primeiro día. Cara 2008 o disco levaba vendidas 8 millóns de copias en todo o mundo.

Be Here Now
Álbum de Oasis
Publicado21 de agosto de 1997
Gravaciónoutubro de 1996 - abril de 1997
Estudio(s)Abbey Road Studios, Air Studios, Orinoco Studios e Master Rock en Londres; Ridge Farm, Surrey
Duración71:38
Xénero(s)britpop
Selo(s)Creation Records
Producido porOwen Morris, Noel Gallagher
Cronoloxía
(What's the Story) Morning Glory? Be Here Now The Masterplan

Listaxe de cancións editar

Todos os temas compostos por Noel Gallagher.

  1. "D'You Know What I Mean?" – 7:44
  2. "My Big Mouth" – 5:02
  3. "Magic Pie" – 7:19
  4. "Stand by Me" – 5:56
  5. "I Hope, I Think, I Know" – 4:22
  6. "The Girl in the Dirty Shirt" – 5:49
  7. "Fade In-Out" – 6:52
  8. "Don't Go Away" – 4:48
  9. "Be Here Now" – 5:13
  10. "All Around the World" – 9:20
  11. "It's Gettin' Better (Man!!)" – 7:00
  12. "All Around the World (Reprise)" – 2:08