The Stone Roses

The Stone Roses é unha banda orixinaria de Manchester (Inglaterra), representativa do movemento Madchester de finais dos anos 80. É un dos grupos que máis influíu a bandas da escena Britpop nos anos 90. O grupo separouse no ano 1996, pero no mes de outubro de 2011 anunciaron a súa reunión para realizar dous concertos en Manchester seguidos dunha xira mundial.

The Stone Roses
Stone Roses-17-07-2012 Milan.JPG
OrixeManchester, Inglaterra Flag of England.svg
Período19841996
2011 - presente
Xénero(s)rock alternativo, Madchester
Selo(s) discográfico(s)Silverston Records, Geffen Records
MembrosIan Brown
John Squire
Gary 'Mani' Mounfield
Alan Wren "Reni"
Artistas relacionadosThe Patrol, The Waterfront, The High, The Seahorses, Primal Scream, The Rub, Freebass, Oasis
Páxina webwww.thestoneroses.co.uk

HistoriaEditar

Formouse en 1984, con Ian Brown na voz, John Squire á guitarra, Gary Mounfield (de alcume "Mani") co baixo, e Alan Wren, (de alcume "Reni") á batería. A súa música caracterízase por ter atractivas melodías ó estilo dos Beatles combinadas co son dance-beat da época. Con apenas un par de sinxelos obtiveron unha auréola de culto, e a prensa especializada tratábaos con reverencia. A banda só chegou a editar dous discos (un homónimo ("Stone Roses") en 1989 e un segundo disco, "Second Coming" en 1994, longamente demorado por problemas legais coa discográfica Silvertone) antes de separarse por problemas entre os seus integrantes.
O primeiro disco obtivo categoría de clásico case antes do seu lanzamento. O segundo é máis irregular pero cunha produción brillante e esmerada (ten, por exemplo, ducias de pistas en branco) con refachos de solidez esmagante.

Trala separación, Ian Brown iniciou unha carreira solista, mentres que Squire formó the Seahorses e Mani uniuse a Primal Scream. De Reni, o primeiro en abandonar a banda, pouco se soubo ata que anunciou a formación dunha nova banda, The Rub.

DiscografíaEditar

DiscosEditar

Álbum Ano Selo
The Stone Roses 1989 Silvertone
Second Coming 1994 Geffen

Remezclas/CompilaciónsEditar

SinxelosEditar

VideosEditar

The Stone RosesEditar

  • I Wanna Be Adored
  • Elephant Stone
  • She Bangs The Drums
  • Waterfall

Turns Into StoneEditar

  • Fools Gold

Second ComingEditar

  • Ten Storey Love Song
  • Love Spreads

Ligazóns externasEditar