Millennium Dome

(Redirección desde «O2 Arena»)

Coordenadas: 51°30′10″N 0°00′11″L / 51.502816666667, 0.0031166666666667

O Millenium Dome, tamén chamado O2 Arena por razóns de patrocinio, é un recinto multiúsos da cidade de Londres, Inglaterra, inaugurado o 1 de xaneiro do ano 2000. O edificio orixinal foi construído para acoller as celebracións oficiais do cambio de século na cidade, levadas a cabo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2000. En 2007 foi reformado para poder acoller concertos ou eventos deportivos, cunha capacidade máxima para acoller a 23.000 persoas.

Millennium Dome
Vista exterior do Millenium Dome.
Interior do Millenium Dome.

Na actualidade é o recinto que maior cantidade de entradas vende ó cabo do ano en todo o mundo, mesmo por diante do Madison Square Garden de Nova York. Nel téñense disputado encontros da NBA, encontros da NHL, o torneo de mestres da ATP, espectáculos da WWE, os campionatos do mundo de ximnasia artística e ducias de concertos, como os de Metallica, Rihanna, Elton John, Spice Girls, Led Zeppelin, Britney Spears, Beyoncé, AC/DC, Aerosmith, Alicia Keys, Avril Lavigne, Barbara Streisand, Backstreet Boys, Bob Dylan, Bruce Springsteen, Coldplay, Green Day, Madonna, Muse, Pearl Jam, Prince, Shakira, The Rolling Stones, Bon Jovi, Lady Gaga, Justin Bieber, Depeche Mode, Usher, Rush, Miley Cyrus, Take That, Bryan Adams etc. Antes da súa morte, Michael Jackson tiña previsto facer 50 actuacións neste recinto entre o 13 de xullo de 2009 e o 6 de marzo de 2010.

En 2012 acolleu as competicións de ximnasia e baloncesto dos Xogos Olímpicos de Londres.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar