National Basketball Association

(Redirección desde «NBA»)

A National Basketball Association (NBA) é a principal liga profesional de baloncesto de América do Norte, estando considerada maioritariamente como a mellor competición deste deporte no mundo. Formada por trinta franquías, vinte e nove delas situadas nos Estados Unidos e unha no Canadá, a NBA é membro da USA Basketball (Federación de Baloncesto dos Estados Unidos), a cal está considerada pola FIBA como o órgano nacional para o baloncesto nos Estados Unidos. A NBA está tamén considerada unha das catro grandes competicións deportivas do América do Norte xunto coa NFL, a MLB e a NHL. Os xogadores da NBA son os deportistas mellor pagados do mundo tendo en conta o salario medio por xogador.

Modelo:Competición deportivaNational Basketball Association
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipobasketball association (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorNBA G League e Orlando Summer League (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de participantes30 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísCanadá e Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Vixencia1946 –
1946 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaoutubroabril Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoLos Angeles Lakers Editar o valor en Wikidata
Outro
Cancelo#NBA Editar o valor en Wikidata
Páxina web oficialnba.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: nba Twitter: NBA Instagram: nba Youtube: UCWJ2lWNubArHWmf3FIHbfcQ TikTok: nba Twitch: nba Musicbrainz: 4fdefe75-1086-42ee-8c61-8748a16fdb5c Editar o valor en Wikidata

A NBA fundouse na cidade de Nova York o 6 de xuño de 1946 como Basketball Association of America (BAA). Adoptou o nome actual en 1949 tras a unión de varios clubs da desaparecida National Basketball League. O partido inaugural foi entre os New York Knicks e os Toronto Huskies un 1 de novembro de 1946 co Maple Leaf Gardens de Toronto como escenario. O partido foi visto por 7.090 espectadores. Na actualidade, a NBA está formada por 30 equipos, divididos en dúas conferencias, Oeste e Leste, e seis divisións, Atlántico, Central e Sueste no Leste; e Noroeste, Pacífico e Suroeste no Oeste.

Historia

editar

A orixe da NBA

editar
 
A sede da NBA está na Olympic Tower de Nova York.

A Basketball Association of America foi fundada en 1946 polos propietarios dos principais pavillóns de hóckey sobre xeo do Nordeste e Medio Oeste dos Estados Unidos e do Canadá. O 1 de novembro de 1946 os Toronto Huskies recibiron aos New York Knickerbockers no Maple Leaf Gardens de Toronto, Ontario, o cal é considerado pola NBA coma o primeiro partido da historia da competición.[1] A primeira canastra foi conseguida por Ossie Schectman dos Knickerbockers. Malia que xa houbera intentos de crear ligas de baloncesto profesionais, incluíndo a American Basketball League e a NBL, a BAA foi a primeira liga en intentar que os partidos se xogasen preferentemente en grandes pavillóns das principais cidades. Durante os primeiros anos, a calidade do xogo na BAA non era mellor que o das outras ligas ou o de clubs independentes como os Harlem Globetrotters. Por exemplo, os Baltimore Bullets finalistas da ABL de 1948, mudáronse á BAA e gañaron o título de 1948. Tamén os Minneapolis Lakers, campións da NBL en 1948, gañaron o título da BAA en 1949. Con todo, antes da temporada 1948−49, os equipos da NBL de Fort Wayne, Indianapolis, Minneapolis e Rochester mudáronse á BAA, establecendo esta competición como a preferida polos universitarios para converterse en profesionais.

Tras a fin da temporada 1948−49 uníronse á BAA o resto dos equipos da NBL: Syracuse, Anderson, Tri-Cities, Sheboygan, Denver e Waterloo. Así, o 3 de agosto de 1949 a BAA acordou fusiónase coa NBL. Para evitar problemas legais, aínda que se mantiña o corpo directivo da BAA, o nome da liga foi mudado nacendo a National Basketball Association.[2] A nova liga tiña dezasete franquías situadas nunha mestura de cidades grandes e pequenas,[2] así como grandes pavillóns e pequenos ximnasios. Desde 1950 até 1953 a NBA contou con once franquías, descendendo na temporada 1953−54 a oito, o que supuxo o menor número de equipos da súa historia. Todas esas franquías aínda se encontran na liga: os New York Knicks, os Boston Celtics, os Golden State Warriors, Los Angeles Lakers, os Royals/Kings, os Detroit Pistons, os Atlanta Hawks e os Nationals/76ers. Este proceso de redución de equipos fixo que as franquías das cidades máis pequena se desprazasen a cidades máis grandes. Os Hawks traladáronse das "Tri-Cities" a Milwaukee en 1951, e despois a St. Louis en 1955; os Royals de Rochester a Cincinnati en 1957; e os Pistons de Fort Wayne a Detroit en 1957.

O nipón-estadounidense Wataru Misaka foi o primeiro xogador non caucásico en xogar na NBA, sucedeu na temporada 1947−48 cando xogaba para os New York Knicks. Misaka foi o único xogador non branco da historia da liga antes da chegada do primeiro afroamericano, Harold Hunter, quen asinou cos Washington Capitols en 1950.[3] Aínda que Hunter foi botado do equipo durante a pretemporada, varios xogadores afroamericanos participarían na competición ese mesmo ano, entre eles Chuck Cooper ós Boston Celtics, Nathaniel "Sweetwater" Clifton ós Knicks, e Earl Lloyd ós Washington Capitols. Durante este período, os Minneapolis Lakers, liderados polo pivote George Mikan, gañaron cinco campionatos da NBA, estabelecéndose como a primeira dinastía da historia da liga.[4] En 1954, para fomentar a anotación e aumentar velocidade do xogo, a liga introduciu o límite de posesión de 24 segundos,[5] é dicir, se un equipo non intenta un lanzamento ou o balón non entra en contacto co aro en 24 segundos de posesión do balón, o xogo párase e o balón pasa ao equipo contrario.

Dominio Celtic e expansión

editar
 
Bill Russell defendendo a Wilt Chamberlain en 1966.

En 1957, o pivote novato Bill Russell incorpórase aos Boston Celtics, equipo que xa contaba cun dos mellores bases da liga, Bob Cousy, e un dos adestradores máis laureados da historia da NBA, Red Auerbach. Con Russell, este equipo converteríase nunha auténtica lenda, gañando once aneis nas trece tempadas nas que estivo en activo. En 1959 o pivote Wilt Chamberlain chegou aos Warriors e en pouco tempo converteuse nun dos xogadores máis dominantes que endexamais pisara unha cancha de baloncesto, establecendo todo tipo de récords en puntos e rebotes, e chegando, incluso, a anotar 100 puntos ou apañar 55 rebotes nun só partido. A súa rivalidade con Russell é recordada como unha das máis grandes na historia do deporte estadounidense.

Os anos 1960 foron dominados polos Celtics. Liderados por Russell, Bob Cousy e o seu adestrador Auerbach, os de Massachussets gañaron oito campionatos consecutivos, de 1959 a 1966, sendo a xeira máis longa da historia da NBA. Non gañaron o título en 1966−67, mais si o fixeron o seguinte ano, na tempada 1967−68, e repetiron en 1969. Isto supuxo que nos anos 1960 gañaran un total de nove campionatos de dez posibles.[6]

Durante ese período a NBA fortaleceuse co movemento dos Minneapolis Lakers aos Ánxeles, dos Philadelphia Warriors a San Francisco, dos Syracuse Nationals a Filadelfia e dos St. Louis Hawks a Atlanta, ademais da incorporación das primeiras franquías de expansión. Os Chicago Packers (agora Washington Wizards) convertéronse no noveno equipo da NBA en 1961. De 1966 a 1968, a liga pasou de 9 a 14 equipos, coa incorporación dos Chicago Bulls, os Seattle SuperSonics (agora Oklahoma City Thunder), os San Diego Rockets (que se trasladaron a Houston catro anos máis tarde), os Milwaukee Bucks e os Phoenix Suns.

En 1967, a liga afrontou unha nova ameaza externa coa formación da American Basketball Association (ABA). Ambas as ligas entraron nunha guerra de poxa polo talento. A NBA conseguiu a estrela universitaria máis importante daquela era, Kareem Abdul-Jabbar (daquela coñecido como Lew Alcindor). Abdul-Jabbar, xunto a Oscar Robertson, liderou aos Milwaukee Bucks a gañar o título de campión na súa segunda tempada existencia. Posteriormente xogaría nos Lakers pentacampións. Porén, o máximo anotador da NBA, Rick Barry, deu o salto á ABA ó igual que outros catro veteranos árbitros: Norm Drucker, Earl Strom, John Vanak e Joe Gushue.

En 1969, Alan Siegel, quen supervisara un ano antes o deseño do logotipo da Major League Baseball de Jerry Dior, creou o logo da NBA moderna inspirado no da propia MLB. O logo incorpora a silueta do lendario Jerry West baseada nunha foto de Wen Roberts. Con todo, os dirixentes da NBA negan que a silueta sexa dun xogador en particular xa que, segundo Siegel, "Queren institucionalizalo en lugar de individualizalo. Converteuse nun símbolo ubicuo e clásico, un punto focal da súa identidade e do seu programa de licenzas que non necesariamente queren identificar cun só xogador". Desde o debut do icónico logotipo no ano 1971, permanece como símbolo da marca NBA.

Nos anos 1970, a ABA tivo moito éxito ao incorporar a grandes estrelas, entre elas Julius Erving dos Virginia Squires. Isto foi en parte porque permitía aos equipos fichar xogadores antes de rematar o seu período universitario. Por outra banda, durante este período, a NBA expandiuse rapidamente. De 1966 a 1974, incrementouse o número de franquías a dezaoito. En 1970 os Portland Trail Blazers, os Cleveland Cavaliers e os Buffalo Braves (hoxe Los Angeles Clippers), aumentaron o número a 17 franquías.[7] Os New Orleans Jazz (agora Utah Jazz) incorporáronse en 1974 para facer un total de dezaoito. En 1976 ambas ligas chegan a un acordo de fusión, de modo para que catro franquías da ABA se uniron á NBA aumentando o número de equipos a vinte e dous. Estas franquías foron os San Antonio Spurs, os Denver Nuggets, os Indiana Pacers e os New York Nets (posteriormente New Jersey Nets, hoxe Brooklyn Nets). Algunhas das estrelas desta década foron Kareem Abdul-Jabbar, Rick Barry, Dave Cowens, Julius Erving, Elvin Hayes, Walt Frazier, Moses Malone, Artis Gilmore, George Gervin, Dan Issel e Pete Maravich. Porén, o remate da década viu como baixaban as audiencias de televisión e a asistencia aos pavillóns, que xunto aos problemas de drogas dalgúns xogadores, puxeron en perigo a liga.

Gañando popularidade

editar
 
Jordan facendo un mate.

A liga engadiu a innovadora liña de tres puntos da ABA a comezos de 1979 para abrir o xogo. O mesmo ano entran na liga os rookies Magic Johnson e Larry Bird, para xogaren nos Lakers e Celtics respectivamente, dando comezo a un período no que o interese pola competición e o número de seareiros medrou tanto no país como no mundo enteiro. En 1984, xogaron un contra outro por primeira vez nas Finais da NBA. Johnson liderou aos Lakers para gañar cinco títulos, e Bird liderou aos Celtics para conseguir tres. Ademais a comezos dos anos 1980, a NBA engadiu outra franquía máis de expansión, os Dallas Mavericks, aumentando o número a 23 equipos. Máis tarde, Larry Bird gañou o seu primeiro concurso de triplas. O ex-comisionado da liga David Stern, que permaneceu no desde o 1 de abril de 1984 até o 1 de febreiro de 2014, supervisou a expansión e o crecemento da até ser un produto global.

Michael Jordan chegou á liga en 1984 cos Chicago Bulls, converténdose nunha estrela aínda máis popular para aumentar o interese na liga. Isto tivo coma resultado o aumento da demanda de máis equipos por parte das cidades. En 1988 e 1989, catro destas cidades conseguiron os seus desexos, os Charlotte Hornets, os Miami Heat, os Orlando Magic e os Minnesota Timberwolves fixeron o seu debut na NBA, a cal contaba xa con 27 equipos. No primeiro ano da década de 1990, os Detroit Pistons gañaron o segundo dos seus dous títulos consecutivos, liderados por Chuck Daly e Isiah Thomas. Jordan e Scottie Pippen lideraron posteriormente aos Bulls a 6 títulos en 8 anos. Entre medias, Hakeem Olajuwon gañou dous campionatos consecutivos cos Houston Rockets en 1994 e en 1995.

En 1992 o equipo olímpico de baloncesto dos Estados Unidos incluíu por primeira estrelas da NBA, contando con Michael Jordan con estandarte, xunto con Bird, Johnson, Pippen, David Robinson, Patrick Ewing, Clyde Drexler, Karl Malone, John Stockton, Chris Mullin, Charles Barkley e Christian Laettner. Este equipo é aínda hoxe coñecido como o Dream Team, o equipo dos soños. Todos os xogadores deste equipo foron incluídos no Basketball Hall of Fame excepto Laettner. No ano 1995, a NBA expandiuse ao Canadá coa chegada á liga dos Vancouver Grizzlies e dos Toronto Raptors. Con todo, en 2001, os Vancouver Grizzlies trasladáronse a Memphis, e deixaron aos Raptors coma o único equipo canadense na NBA. En 1996, a NBA creou unha liga feminina, a Women's National Basketball Association (WNBA). En 1998, os propietarios da NBA comezaron un peche patronal que durou 191 días e rematou o 18 de xaneiro de 1999. Coma resultado deste lockout, a tempada 1998-99 foi reducida de 82 a 50 partidos (o 61% dunha temporada normal), e o All-Star Game foi cancelado. Os San Antonio Spurs gañaron o seu primeiro campionato, o primeiro dun antigo equipo da ABA, ao gañar aos New York Knicks, quen foron os primeiros e únicos aínda hoxe en día en chegar ás Finais da NBA quedando en oitava posición na tempada regular.

Era moderna

editar
 
Tim Duncan gañou cinco campionatos entre 1999 e 2014.

Desde a desintegración da dinastía dos Chicago Bulls no verán de 1998, a NBA foi dominada polos San Antonio Spurs e Los Angeles Lakers, ambos equipos da Conferencia Oeste, durante a década de 2000, gañando entre os dous nove títulos sobre doce entre 1999 e 2010. Tim Duncan e David Robinson gañaron o título de 1999 cos Spurs e Shaquille O'Neal e Kobe Bryant comezaron a década de 2000 con tres campionatos consecutivos para os Lakers. Os Spurs volveron gañar o título en 2003 contra os Nets. En 2004 os Lakers volveron ás Finais, aínda que caeron en cinco partidos ante os Detroit Pistons.

Despois de que os Spurs se levasen a casa o trofeo de campión de 2005, nas Finais da NBA de 2006 apareceron dous equipos que facían a súa primeira aparición nunha final. A serie foi gañada por uns Miami Heat dirixidos polo escolta Dwyane Wade xunto con Shaquille O'Neal, que fora traspasado desde os Lakers durante o verán de 2004, impoñéndose en seis partidos aos Dallas Mavericks despois de perder os dous primeiros. O dominio dos Lakers/Spurs continuou en 2007 coa vitoria dos de San Antonio por 4-0 aos Cleveland Cavaliers de LeBron James. Nas Finais de 2008 volveu o clásico das Finais da NBA, Lakers contra Celtics, equipo este último que se levou o campionato grazas á achega de Paul Pierce, Ray Allen e Kevin Garnett. En 2009, Kobe Bryant e os Lakers regresaron ás Finais, derrotando esta vez aos Orlando Magic de Dwight Howard.

Un fito salientábel na historia da competición foi o All-Star de 2010, onde un récord de 108.713 espectadores acudiron ao espectáculo no Cowboys Stadium de Dallas. Ao final desta temporada os Lakers e os Celtics volveron renovar a súa rivalidade no que supoñía a décimo segunda final entre eles. Esta vez a vitoria foi para o equipo dos Ánxeles en sete partidos. O verán antes do inicio da tempada 2010−11 da NBA foi destacábel debido a un dos movementos de axentes libres máis importantes de todos os tempos. Un dos equipos máis beneficidos foron os Miami Heat, que xuntou no seu conxunto a tres estrelas da NBA como LeBron James, Dwyane Wade e Chris Bosh. No primeiro ano os tras a chegada de James, os Heat chegaron á final para xogar ante os Mavericks. Con todo, os de Dallas Os Mavericks, liderados por Dirk Nowitzki leváronse o campionato en seis partidos, no que supuña o primeiro título para os de Texas. Así, os veteranos Shawn Marion, Jason Kidd, Jason Terry e Peja Stojaković celebraron o seu primeiro campionato da NBA.

O 1 de xullo de 2011 a NBA anunciou outro peche patronal. Despois de varias semanas onde non se xogou ningún partido, o 8 de decembro os xogadores e os propietarios chegaron a un acordo para un novo convenio colectivo, acurtándose finalmente a temporada a 66 partidos (o 80% dunha temporada normal).[8] A nivel deportivo, os Heat volveron chegar ás Finais, onde esta vez conseguiron ao título ao gañar os Oklahoma City Thunder de Kevin Durant, Russell Westbrook e James Harden en cinco partidos. Ao ano seguinte o equipo de Florida repite final e gaña o seu segundo título consecutivo, esta vez ante os San Antonio Spurs de Tim Duncan e Tony Parker. Na temporada 2013−14 repítese a mesma final, mais con distinto resultado, xa que o equipo de San Antonio se leva o título ao gañar por 4 a 1. A temporada 2014−15 viu unha final inédita, enfrontándose os Golden State Warriors de Stephen Curry aos Cleveland Cavaliers de LeBron James, levándose finalmente o triunfo os de California.

Formato

editar

Tempada Regular

editar
 
Concurso de Mates no All-Star de 2013 celebrado no Toyota Center de Houston, Texas.

Tras as vacacións de verán, os equipos comezan os seus campos de adestramento a finais de setembro. Estas sesión ao corpo técnico avaliar os xogadores, especialmente aos novatos, estudar os puntos débiles e fortes do equipo, preparar os xogadores para a tempada regular e decidirse polos doce homes que formarán o equipo ao comezo da liga (máis outros tres na listaxe de xogadores inactivos). Os equipos poden asignar xogadores con menos de dous anos de experiencia na liga á NBA Development League (do inglés: Liga de Desenvolvemento da NBA). Posteriormente comezan os partidos de pretempada, que usualmente se xogan en cidades que non dispoñen de equipo na liga, tanto nos Estados Unidos e o Canadá, coma no resto de mundo. A competición comeza a última semana de outubro.

Durante a tempada regular (en inglés: Regular Season) os equipos disputan 82 partidos, divididos a partes iguais entre encontros de local e visitante. Cada franquía xoga catro partidos contra cada un dos catro equipos da súa división (16 partidos). Ademais, xoga contra seis equipos das outras dúas divisións da súa conferencia catro veces (24 partidos) e tres veces contra os restantes catro equipos (12 partidos). Finalmente, cada franquía xoga contra todos os equipos da outra conferencia dúas veces (30 partidos). Esta estrutura asimétrica implica que o calendario varía entre os equipos (aínda que non tan significativamente como na NFL ou a MLB). Durante cinco temporadas, cada equipo xoga 80 partidos contra os equipos da súa división (20 partidos contra cada opoñente, 10 en casa e 10 fóra), 180 partidos contra o resto da súa conferencia (18 partidos contra cada opoñente, 9 en casa e 9 fóra) e 150 partidos contra os da outra conferencia (10 partidos contra cada opoñente, 5 en casa e 5 fóra).

A NBA, xunto coa NHL, é a única das catro grandes ligas norteamericanas en que cada equipo xoga contra todos os restantes durante a tempada regular. Cada equipos acollen e visitan a todas as franquías da competición polo menos unha vez por temporada. A NBA é ademais a única liga que programa partidos habitualmente para o Día de Nadal, tradición que se leva a cabo desde 1947, aínda que non os encontros non foron televisados até a temporada 1983−84.

Cada ano, en febreiro, a interrómpese a tempada regular para celebrar NBA All-Star Game. Os fans de todo o mundo votan a través de Internet aos seus xogadores preferidos, os máis votado en cada posición e en cada conferencia gañan un oco no quinteto do equipo All-Star da súa conferencia. Os adestradores son os encargados de elixiren os 14 xogadores restantes. Así, os equipos das Conferencias Oeste e Leste enfróntanse nun partido, sendo galardoado o xogador que mellor actuación faga durante o encontro co premio de MVP do All-Star. Outra atraccións da fin de semana das estrelas é o "Rising Stars Challenge", onde se xuntan os mellores novatos e xogadores de segundo ano para disputar un encontro, actualmente de forma que se enfrontan os xogadores estadounidenses contra os do resto de mundo. Ademais destacan o "Skills Challenge", onde os xogadores compiten nunha carreira con obstáculos; o "Three Point Contest" (do inglés: Concurso de Triplas), onde os mellores lanzadores da liga sen enfrontan para comprobar que lanza mellor de tres puntos; e o "Slam Dunk Contest" (do inglés: Concurso de Mates), onde os xogadores procuran facer o mate máis interesante de acordo a un xurado.

Pouco despois da parada do All-Star remata o prazo para realizar traspasos, o prazo remata concretamente ás 15:00 horas (UTC−5) do décimo sexto xoves da temporada. Após esa data, os equipos non poden intercambiar xogadores entre eles até o final de tempada, aínda que si está permitido asinar axentes libres e despedir xogadores. Moitos traspasos teñen lugar pouco do prazo límite, facendo dese día un dos máis axitados para os equipos en todo o ano.

A mediados de abril remata a tempada regular. Durante ese tempo, comeza o período de votación dos premios individuais da tempada. O premio ao mellor sexto home recíbeo o xogador que máis achegou sen ser titular no seu equipo. O premio de Rookie do Ano vai para o mellor novato, mentres que o premio ao Xogador máis mellorado da NBA é recibido, como o seu propio nome indica, polo xogador que máis mellorou dunha tempada a outra. O premio ao Mellor Defensor lévao o xogador máis destacado en labores defensivas. O adestrador que promoveu a mudanza máis positiva dun equipo recibe o premio do Adestrador do Ano. Finalmente, o mellor xogador da fase regular da competición recibe o Premio MVP. Alén diso, a revista Sporting News concede anualmente un premio non oficial (pero amplamente aprobado) ao Mellor Executivo. Na postempada tamén se dan a coñece os tres mellores quintetos do ano, así como o dos rookies e o mellor quinteto defensivo.

Playoffs

editar

Os Playoffs da NBA comezan a finais de abril, con oito equipos de cada conferencia clasificados. Os tres campións de cada división, xunto co seguinte equipo con mellor balance de vitorias-derrotas, son os catro cabezas de serie da eliminatoria. Os seguintes catro equipos con peor balance ocupan os outro catro lugares.

Ter un récord máis alto ofrece varias vantaxes, xa que o primeiro clasificado xoga contra o oitavo, o segundo contra o sétimo, o terceiro contra o sexto e o cuarto contra o quinto, é dicir, ter un mellor balance normalmente significa enfrontarse a un equipo máis feble. A franquía con mellor balance en cada unha das series ten vantaxe de campo en cada serie de playoffs, incluíndo a primeira rolda. Isto significa que se, por exemplo, o equipo que recibe o quinto clasificado ten mellor balance que o cuarto clasificado (polo feito de ser campións de división), o quinto tería vantaxe de cancha, a pesar de que o cuarto equipo teña un posto na clasificación máis alto. Polo tanto, o equipo con mellor balance na tempada regular ten garantida a vantaxe de campo en todas as series que xogue. Por exemplo, en 2006, os Denver Nuggets gañaron 44 partidos e ocuparon a terceira praza nos Playoffs, o seu opoñente, que ocupaba o sexto posto, eran Los Angeles Clippers, que gañaran 47 e terminaran segundos na División Pacífico. Aínda que Denver gañou o título da súa división, máis débil, os Clippers tiveron vantaxe como locais e gañaron a serie en 5 partidos.

As series de playoffs seguen un formato de torneo. Cada equipo xoga contra o seu opoñente ao mellor de sete partidos, pasando de eliminatoria o primeiro que gañe catro partidos, sendo o perdedor eliminado. Na seguinte rolda, o equipo gañador xoga contra outro da súa mesma conferencia. Así, todos os equipos dunha mesma conferencia excepto un son eliminados dos playoffs. Dado que a NBA non reordena aos equipos, o formato dos playoffs utiliza un deseño tradicional, no que o vencedor da serie entre o 1º e o 8º se enfronta ao vencedor da serie entre o 4º e o 5º; e o vencedor da eliminatoria entre o 2º e o 7º enfróntase ao gañador da serie entre o 3º e o 6º. Todas as roldas seguen o modelo 2-2-1-1-1, o que quere dicir que o equipo que ten a vantaxe de campo xoga na casa os partidos 1, 2, 5 e 7, mentres que o seu rival o fai nos partidos 3, 4 e 6. Desde 1985 até 2013 a Final seguía o modelo 2-3-2, no que o equipo coa vantaxe de campo xogaba na casa os partidos 1, 2, 6 e 7, e o outro equipo nos partidos 3, 4 e 5.[9]

Na rolda final, enfróntanse os campións de cada conferencia ó mellor de sete partidos. O primeiro equipo que consegue gañar catro partidos proclámase campión da NBA. Dispútase anualmente en xuño, e o campión recibe o "Trofeo Larry O'Brien". Ademais, cada xogador do equipo vencedor, ademais dos adestradores e o general manager, reciben un anel de campión. Alén disto, a liga entrega o premio MVP das Finais, que normalmente recibe un xogador do equipo gañador, aínda que isto non sexa unha norma. Só houbo unha excepción até a data actual: Jerry West recibiu o MVP das Finais en 1969 (primeira tempada na que se entregaba este premio) malia que os Lakers non gañaron o anel.

Artigo principal: NBA Draft.
 
Anthony Davis foi o 1º do Draft de 2012.

O Draft é un evento anual que se remonta ao 1950, no cal os trinta equipos da NBA poden seleccionar xogadores que se declaren elixíbeis para xogar na liga. Normalmente os xogadores que entran no Draft proceden do baloncesto universitario, aínda que tamén se poden presentar xogadores de todo o mundo. Os xogadores universitarios que terminen o seu cuarto ano son automaticamente seleccionábeis, mentres que os que leven menos anos deben anunciar a súa disposición renunciando a continuar no baloncesto colexial. No caso de xogadores internacionais, os maiores de 23 anos son automaticamente elixíbeis, mentres que os menores de 22 deben declarar a súa disposición. A estes xogadores que non son elixíbeis automaticamente son coñecidos en inglés como "early-entrants" ou "early-entry candidates" (candidatos temperáns).

O Draft celébrase habitualmente en xuño, durante o parón de NBA. Desde 1989 o Draft consta de dúas roldas; isto supón que actualmente as cerimonias son moito máis curtas que noutras ligas profesionais, onde todas constan de polo menos sete roldas. Isto supón que en cada Draft son seleccionados sesenta xogadores. Cómpre destacar que ningún xogadores pode xogar na NBA se antes non se presentou a un Draft, aínda que non ten porqué ser escollido. No pasado, eran tamén seleccionábeis os xogadores de instituto, con todo, desde o Draft de 2006, xa non o teñen permitido. Actualmente o regulamento sinala que un xogador de instituto será elixíbel se pasou un ano despois da súa gradación e se ten máis de 19 anos. Contrariamente ao que se cre, o xogador non debe xogar un ano na universidade para poder entrar no Draft. De feito, moitos xogadores de instituto deciden pasar ese ano xogando profesionalmente en Europa, como por exemplo Brandon Jennings.

Límite salarial

editar

O límite salarial é a cantidade total de diñeiro que unha franquía pode gastar para pagar aos seus xogadores. Aínda que en concepto parece sinxelo, o límite salarial é en realidade bastante complexo, cun regulamento pouco claro e brechas que son aproveitadas polos equipos. O salario mínimo dun equipo é calculado multiplicando o límite salarial polo 75%.

A cantidade que se destina aos soldos dos xogadores varía cada tempada, e se calcula dependendo do sucedido na tempada anterior. Por exemplo, na tempada 2013−14 o límite salarial era de aproximadamente 58,68 millóns de dólares, mentres que o da 2014−15 foi de 63,07 millóns. Como noutras ligas profesionais norteamericanas, a NBA ten este límite para evitar que os equipos con grandes excedentes de beneficios se poidan facer con todos os mellores xogadores dispoñíbeis, facilitando dese xeito que se manteña unha igualdade dentro dun orde.

Equipos

editar
Notas
  1. Un asterisco (*) denota un movemento de franquía. Véxase o respectivo artigo do equipo para máis información.
  2. Os Fort Wayne Pistons, os Minneapolis Lakers e os Rochester Royals se uniron á NBA (BAA) en 1948 desde a NBL.
  3. Os Syracuse Nationals e os Tri-Cities Blackhawks uníronse á NBA en 1949 como parte da absorción BAA-NBL.
  4. Os Indiana Pacers, os New York Nets, os San Antonio Spurs e os Denver Nuggets uníronse á NBA en 1976 como parte da fusión da NBA-ABA.
  5. Os Charlotte Hornets están considerados a continuación oficial da franquía de Charlotte. Debido a isto, os New Orleans Pelicans non son a mesma franquía que os orixinais Charlotte Hornets. Os Hornets foron coñecidos como Bobcats no período 2004–2014. Os New Orleans Pelicans foron fundados en 2002. Os Bobcats/Hornets volveron á liga en 2004.

Equipos desaparecidos

editar
* Indica que gañou o título
Equipo Cidade Anos Tempadas Récord % Vitorias Playoffs
Anderson Packers Anderson, IN 1949–50 1 37–27 .578 1
Baltimore Bullets* Baltimore, MD 1947–54 8 158–292 .351 3
Chicago Stags Chicago, IL 1946–50 4 145–92 .612 4
Cleveland Rebels Cleveland, OH 1946–47 1 30–30 .500 1
Denver Nuggets Denver, CO 1949–50 1 11–51 .177 0
Detroit Falcons Detroit, MI 1946–47 1 20–40 .333 0
Indianapolis Jets Indianapolis, IN 1948–49 1 18–42 .300 0
Indianapolis Olympians Indianapolis, IN 1949–53 4 132–137 .491 4
Pittsburgh Ironmen Pittsburgh, PA 1946–47 1 15–45 .250 0
Providence Steamrollers Providence, RI 1946–49 3 46–122 .274 0
Sheboygan Red Skins Sheboygan, WI 1949–50 1 22–40 .355 1
St. Louis Bombers St. Louis, MO 1946–50 4 122–115 .515 3
Toronto Huskies Toronto, ON 1946–47 1 22–38 .367 0
Washington Capitols[h] Washington, D.C. 1946–51 5 157–114 .579 4
Waterloo Hawks[d] Waterloo, IA 1949–50 1 19–43 .306 0

Palmarés

editar

Os Boston Celtics e os Los Angeles Lakers son os dous equipos con máis campionatos da NBA, empatados con 17. A continuación seguen os seis campionatos dos Chicago Bulls, todos gañados nun período de oito anos durante a década de 1990, e os cinco dos San Antonio Spurs, todos conseguidos desde 1999.

Equipos Camp. Fin. Total Ano(s) campión Ano(s) finalista
Boston Celtics 17 5 22 1957, 1959, 1960, 1961, 1962, 1963, 1964, 1965, 1966, 1968, 1969, 1974, 1976, 1981, 1984, 1986, 2008 1958, 1985, 1987, 2010, 2022
Minneapolis/Los Angeles Lakers 17 15 32 1949, 1950, 1952, 1953, 1954, 1972, 1980, 1982, 1985, 1987, 1988, 2000, 2001, 2002, 2009, 2010, 2020 1959, 1962, 1963, 1965, 1966, 1968, 1969, 1970, 1973, 1983, 1984, 1989, 1991, 2004, 2008
Filadelfia/San Francisco/Golden State Warriors 7 4 11 1947, 1956, 1975, 2015, 2017, 2018, 2022 1948, 1964, 1967, 2016
Chicago Bulls 6 0 6 1991, 1992, 1993, 1996, 1997, 1998
San Antonio Spurs 5 1 6 1999, 2003, 2005, 2007, 2014 2013
Syracuse Nationals/Philadelphia 76ers 3 6 9 1955, 1967, 1983 1950, 1954, 1977, 1980, 1982, 2001
Fort Wayne/Detroit Pistons 3 4 7 1989, 1990, 2004 1955, 1956, 1988, 2005
Miami Heat 3 3 6 2006, 2012, 2013 2011, 2014, 2020
New York Knicks 2 6 8 1970, 1973 1951, 1952, 1953, 1972, 1994, 1999
Houston Rockets 2 2 4 1994, 1995 1981, 1986
Milwaukee Bucks 2 1 3 1971, 2021 1974
Baltimore/Washington Bullets (agora Washington Wizards) 1 3 4 1978 1971, 1975, 1979
St. Louis/Atlanta Hawks 1 3 4 1958 1957, 1960, 1961
Seattle SuperSonics/Oklahoma City Thunder 1 3 4 1979 1978, 1996, 2012
Portland Trail Blazers 1 2 3 1977 1990, 1992
Cleveland Cavaliers 1 4 5 2016 2007, 2015, 2017, 2018
Dallas Mavericks 1 1 2 2011 2006
Rochester Royals (agora Sacramento Kings) 1 0 1 1951
Baltimore Bullets (até 1954) 1 0 1 1948
Phoenix Suns 0 3 3 1976, 1993, 2021
New Jersey Nets (agora Brooklyn Nets) 0 2 2 2002, 2003
Orlando Magic 0 2 2 1995, 2009
Utah Jazz (formerly New Orleans Jazz) 0 2 2 1997, 1998
Indiana Pacers 0 1 1 2000
Chicago Stags (até 1949) 0 1 1 1947
Washington Capitols (até 1950) 0 1 1 1949

Equipos actuais que non xogaron unhas Finais da NBA:

Historial

editar

Lenda

Negra Equipo gañador das Finais da NBA

Campións da BAA

editar
Ano Campión da Conferencia Oeste Resultado Campión da Conferencia Leste MVP da Temporada MVP das Finais
1946−1947 Chicago Stags 1–4 Philadelphia Warriors
1947−1948 Baltimore Bullets 4–2 Philadelphia Warriors
1948−1949 Minneapolis Lakers 4–2 Washington Capitols

Campións da NBA

editar
Ano Campión da Conferencia Oeste Resultado Campión da Conferencia Leste MVP da Tempada MVP das Finais
1949−1950 Minneapolis Lakers 4–2 Syracuse Nationals
1950−1951 Rochester Royals 4–3 New York Knicks
1951−1952 Minneapolis Lakers 4–3 New York Knicks
1952−1953 Minneapolis Lakers 4–1 New York Knicks
1953−1954 Minneapolis Lakers 4–3 Syracuse Nationals
1954−1955 Fort Wayne Pistons 3–4 Syracuse Nationals
1955−1956 Fort Wayne Pistons 1–4 Philadelphia Warriors   Bob Pettit (STL)
1956−1957 St. Louis Hawks 3–4 Boston Celtics   Bob Cousy (BOS)
1957−1958 St. Louis Hawks 4–2 Boston Celtics   Bill Russell (BOS)
1958−1959 Minneapolis Lakers 0–4 Boston Celtics   Bob Pettit (STL)
1959−1960 St. Louis Hawks 3–4 Boston Celtics   Wilt Chamberlain (PHW)
1960−1961 St. Louis Hawks 1–4 Boston Celtics   Bill Russell (BOS)
1961−1962 Los Angeles Lakers 3–4 Boston Celtics   Bill Russell (BOS)
1962−1963 Los Angeles Lakers 2–4 Boston Celtics   Bill Russell (BOS)
1963−1964 San Francisco Warriors 1–4 Boston Celtics   Oscar Robertson (CIN)
1964−1965 Los Angeles Lakers 1–4 Boston Celtics   Bill Russell (BOS)
1965−1966 Los Angeles Lakers 3–4 Boston Celtics   Wilt Chamberlain (PHI)
1966−1967 San Francisco Warriors 2–4 Philadelphia 76ers   Wilt Chamberlain (PHI)
1967−1968 Los Angeles Lakers 2–4 Boston Celtics   Wilt Chamberlain (PHI)
1968−1969 Los Angeles Lakers 3–4 Boston Celtics   Wes Unseld (BAL   Jerry West (LAL)
1969−1970 Los Angeles Lakers 3–4 New York Knicks   Willis Reed (NYK)   Willis Reed (NYK)
1970−1971 Milwaukee Bucks 4–0 Baltimore Bullets   Kareem Abdul-Jabbar (MIL)   Kareem Abdul-Jabbar (MIL)
1971−1972 Los Angeles Lakers 4–1 New York Knicks   Kareem Abdul-Jabbar (MIL)   Wilt Chamberlain (LAL)
1972−1973 Los Angeles Lakers 1–4 New York Knicks   Dave Cowens (BOS)   Willis Reed (NYK)
1973−1974 Milwaukee Bucks 3–4 Boston Celtics   Kareem Abdul-Jabbar (MIL)   John Havlicek (BOS)
1974−1975 Golden State Warriors 4–0 Washington Bullets   Bob McAdoo (BUF)   Rick Barry (GSW)
1975−1976 Phoenix Suns 2–4 Boston Celtics   Kareem Abdul-Jabbar (LAL)   Jo Jo White (BOS)
1976−1977 Portland Trail Blazers 4–2 Philadelphia 76ers   Kareem Abdul-Jabbar (LAL)   Bill Walton (POR)
1977−1978 Seattle SuperSonics 3–4 Washington Bullets   Bill Walton (POR)   Wes Unseld (WSB)
1978−1979 Seattle SuperSonics 4–1 Washington Bullets   Moses Malone (HOU)   Dennis Johnson (SEA)
1979−1980 Los Angeles Lakers 4–2 Philadelphia 76ers   Kareem Abdul-Jabbar (LAL)   Magic Johnson (LAL)
1980−1981 Houston Rockets 2–4 Boston Celtics   Julius Erving (PHI)   Cedric Maxwell (BOS)
1981−1982 Los Angeles Lakers 4–2 Philadelphia 76ers   Moses Malone (HOU)   Magic Johnson (LAL)
1982−1983 Los Angeles Lakers 0–4 Philadelphia 76ers   Moses Malone (PHI)   Moses Malone (PHI)
1983−1984 Los Angeles Lakers 3–4 Boston Celtics   Larry Bird (BOS)   Larry Bird (BOS)
1984−1985 Los Angeles Lakers 4–2 Boston Celtics   Larry Bird (BOS)   Kareem Abdul-Jabbar (LAL)
1985−1986 Houston Rockets 2–4 Boston Celtics   Larry Bird (BOS)   Larry Bird (BOS)
1986−1987 Los Angeles Lakers 4–2 Boston Celtics   Magic Johnson (LAL)   Magic Johnson (LAL)
1987−1988 Los Angeles Lakers 4–3 Detroit Pistons   Michael Jordan (CHI)   James Worthy (LAL)
1988−1989 Los Angeles Lakers 0–4 Detroit Pistons   Magic Johnson (LAL)   Joe Dumars (DET)
1989−1990 Portland Trail Blazers 1–4 Detroit Pistons   Magic Johnson (LAL)   Isiah Thomas (DET)
1990−1991 Los Angeles Lakers 1–4 Chicago Bulls   Michael Jordan (CHI)   Michael Jordan (CHI)
1991−1992 Portland Trail Blazers 2–4 Chicago Bulls   Michael Jordan (CHI)   Michael Jordan (CHI)
1992−1993 Phoenix Suns 2–4 Chicago Bulls   Charles Barkley (PHO)   Michael Jordan (CHI)
1993−1994 Houston Rockets 4–3 New York Knicks   Hakeem Olajuwon (HOU)   Hakeem Olajuwon (HOU)
1994−1995 Houston Rockets 4–0 Orlando Magic   David Robinson (SAS)   Hakeem Olajuwon (HOU)
1995−1996 Seattle SuperSonics 2–4 Chicago Bulls   Michael Jordan (CHI)   Michael Jordan (CHI)
1996−1997 Utah Jazz 2–4 Chicago Bulls   Karl Malone (UTA)   Michael Jordan (CHI)
1997−1998 Utah Jazz 2–4 Chicago Bulls   Michael Jordan (CHI)   Michael Jordan (CHI)
1998−1999 San Antonio Spurs 4–1 New York Knicks   Karl Malone (UTA)   Tim Duncan (SAS)
1999−2000 Los Angeles Lakers 4–2 Indiana Pacers   Shaquille O'Neal (LAL)   Shaquille O'Neal (LAL)
2000−2001 Los Angeles Lakers 4–1 Philadelphia 76ers   Allen Iverson (PHI)   Shaquille O'Neal (LAL)
2001−2002 Los Angeles Lakers 4–0 New Jersey Nets   Tim Duncan (SAS)   Shaquille O'Neal (LAL)
2002−2003 San Antonio Spurs 4–2 New Jersey Nets   Tim Duncan (SAS)   Tim Duncan (SAS)
2003−2004 Los Angeles Lakers 1–4 Detroit Pistons   Kevin Garnett (MIN)   Chauncey Billups (DET)
2004−2005 San Antonio Spurs 4–3 Detroit Pistons   Steve Nash (PHO)   Tim Duncan (SAS)
2005−2006 Dallas Mavericks 2–4 Miami Heat   Steve Nash (PHO)   Dwyane Wade (MIA)
2006−2007 San Antonio Spurs 4–0 Cleveland Cavaliers   Dirk Nowitzki (DAL)   Tony Parker (SAS)
2007−2008 Los Angeles Lakers 2–4 Boston Celtics   Kobe Bryant (LAL)   Paul Pierce (BOS)
2008−2009 Los Angeles Lakers 4–1 Orlando Magic   LeBron James (CLE)   Kobe Bryant (LAL)
2009−2010 Los Angeles Lakers 4–3 Boston Celtics   LeBron James (CLE)   Kobe Bryant (LAL)
2010−2011 Dallas Mavericks 4–2 Miami Heat   Derrick Rose (CHI)   Dirk Nowitzki (DAL)
2011−2012 Oklahoma City Thunder 1–4 Miami Heat   LeBron James (MIA)   LeBron James (MIA)
2012−2013 San Antonio Spurs 3–4 Miami Heat   LeBron James (MIA)   LeBron James (MIA)
2013−2014 San Antonio Spurs 4–1 Miami Heat   Kevin Durant (OKC)   Kawhi Leonard (SAS)
2014−2015 Golden State Warriors 4–2 Cleveland Cavaliers   Stephen Curry (GSW)   Andre Iguodala (GSW)
2015−2016 Golden State Warriors 3–4 Cleveland Cavaliers   Stephen Curry (GSW)   LeBron James (CLE)
2016−2017 Golden State Warriors 4–1 Cleveland Cavaliers   Russell Westbrook (OKC)   Kevin Durant (GSW)
2017−2018 Golden State Warriors 4–0 Cleveland Cavaliers   James Harden (HOU)   Kevin Durant (GSW)
2018−2019 Golden State Warriors 2–4 Toronto Raptors   Giannis Antetokounmpo (MIL)   Kawhi Leonard (TOR)
2019−2020 Los Angeles Lakers 4–2 Miami Heat   Giannis Antetokounmpo (MIL)   LeBron James (LAL)
2020−2021 Phoenix Suns 2–4 Milwaukee Bucks   Nikola Jokić (DEN)   Giannis Antetokounmpo (MIL)
2021−2022 Golden State Warriors 4–2 Boston Celtics   Nikola Jokić (DEN)   Stephen Curry (GSW)

Persoeiros

editar

Presidentes e comisionados

editar
 
Kareem Abdul-Jabbar.

Xogadores

editar

Adestradores

editar

Premios

editar
  1. "History of Basketball in Canada". NBA.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2012. Consultado o 18 de novembro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "NBA is born". History. Consultado o 18 de outubro de 2015. 
  3. McDowell, Sam (9 de marzo de 1013). "Sumner grad Harold Hunter, first African-American to sign with NBA team, dies at 86". Black Women (en inglés). Consultado o 18 de outubro de 2015. [Ligazón morta]
  4. "1949–51: Lakers Win First NBA Finals". NBA.com (en inglés). Consultado o 30 de xullo de 2010. 
  5. "NBA Rules History". NBA.com (en inglés). 8 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2011. Consultado o 18 de outubro de 2015. 
  6. "Championship Recaps". NBA.com (en inglés). Consultado o 18 de outubro de 2015. 
  7. "Kareem Rules the League". NBA.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2010. Consultado o 18 de outubro de 2015. 
  8. Belson, Ken (8 de decembro de 2011). "N.B.A. Owners and Players Ratify Labor Deal". The New York Times (en inglés). Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  9. "NBA owners change Finals format to 2–2–1–1–1". NBA.com (en inglés). 23 de outubro de 103. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2014. Consultado o 20 de outubro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
Oficiais
Estatísticas
Noticias