Memphis Grizzlies

Os Memphis Grizzlies son un equipo profesional de baloncesto de Memphis, Tennessee. Xogan na División Suroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). Xunto aos Toronto Raptors, os Grizzlies foron fundados en 1995 como parte da expansión da NBA no Canadá. O equipo comezou en Vancouver, e trasladouse no ano 2001 a Memphis.

Memphis Grizzlies
Memphis Grizzlies logo
Memphis Grizzlies logo
Información xeral
Conferencia Oeste
División Suroeste
Fundación 1995
Historia Vancouver Grizzlies (1995–2001)Memphis Grizzlies (2001–presente)
Cores                     Azul, celeste
G League Memphis Hustle
Localización
Cidade Tennessee Memphis, Tennessee
Pavillón FedExForum
Capacidade 18.119 espectadores
Inauguración 6 de setembro de 2004
Persoal
Propietario(s) Robert Pera
Director Zachary Kleiman
Adestrador Taylor Jenkins
Títulos
Campión 0
Conferencia 0
División 0
grizzlies.com

Canchas

editar

Historia

editar

Vancouver

editar
Artigo principal: Vancouver Grizzlies.

Os Vancouver Grizzlies xunto ós Toronto Raptors convertéronse en franquías da NBA en 1995. Ámbolos dous equipos foron os primeiros en xogar no Canadá dende que o fixeran os Toronto Huskies na tempada 1946-1947. Inicialmente o equipo foi composto de xogadores conseguidos nun draft de expansión, sendo a primeira elección dos Grizzlies Bryant Reeves. Aínda que gañaron o seu primeiro partido na casa, acabaron a tempada 1995-1996 co peor balance da NBA, o normal para un equipo novo na liga. En 1996, os Grizzlies elixiron no draft a Shareef Abdur-Rahim no posto número tres. Pero os Grizzlies continuaban a loitar sen éxito, e na tempada 1996-1997 perderon 23 partidos seguidos (récord da NBA compartido cos Denver Nuggets), dende febreiro ata abril, a remataron co peor récord da liga de novo.

En 1997, os Grizzlies elixiron no draft a Antonio Daniels co número 4. Viuse unha lixeira melloría no equipo, que acabou no sexto posto da división. Pero volveron ó derradeiro posto na tempada seguinte, malia a elección do base Mike Bibby no segundo posto no draft de 1998. Na tempada da folga de 1999, só gañarían oito partidos.

Despois da folga, a asistencia á cancha dos Grizzlies comezou a descender, e os donos do equipo, a empresa OrcaBay (que tamén posuía os Vancouver Canucks da NHL) comezou a perder cartos. Michael Heisley mercou o equipo en 2000, pero despois doutro ano con baixa venda de entradas, decidiu muda-lo equipo a Memphis.

Memphis

editar

Despois do traslado a Memphis na pretempada 2001-2002, o equipo contratou ó ex xogador de Los Angeles Lakers e membro do Hall of Fame da NBA Jerry West como General Manager en 2002, quen recibiría na tempada 2003-2004 o premio ó Executivo do Ano da NBA. No draft do ano 2001 elixiríase a Pau Gasol na terceira posición, que gañaría o premio ó Rookie do Ano. Na tempada 2002-2003 tamén sería fichado Hubie Brown como adestrador xefe. Logrou gañar o premio ó Adestrador do Ano na seguinte tempada tras alcanzar-los playoffs por primeira vez na historia dos Grizzlies quedando sextos de conferencia.

Hubie Brown foi despedido na tempada 2004-2005, no momento no que os Grizzlies estaban a ter un balance negativo. Jerry West asinou ó analista da TNT e antigo adestrador Mike Fratello. O balance mellorou e o equipo logrou entrar na postempada por segunda vez consecutiva. Os Grizzlies tiveron un período de vacacións moi activo, no que remodelaron o equipo e engadiron talento veterano. Perderon a Bonzi Wells, a Jason Williams, a Stromile Swift e a James Posey, pero adquiriron a Damon Stoudamire, a Bobby Jackson e a Eddie Jones.

Nesa tempada lograron chegar ós playoffs por terceira vez seguida, calificándose como quintos na Conferencia Oeste. Tiveron que enfrontarse ós Dallas Mavericks e foron barridos en catro partidos. A franquía de Memphis ten o récord de derrotas consecutivas en playoffs, 12, que fan tres anos sen gañar nin unha serie, e nin un encontro en postempada na curta historia da franquía.

2008-presente: Gay e Randolph

editar

O 22 de xaneiro de 2009, o adestrador Marc Iavaroni foi despedido e substituído temporalmente polo adestrador asistente de Iavaroni, Johnny Davis. Coma substituto, chegou Lionel Hollins o 25 de xaneiro de 2009.[1]

O 25 de xuño de 2009, coa segunda elección do Draft da NBA, os Grizzlies seleccionaron ao pivote Hasheem Thabbeet da Universidade de Connecticut, e seleccionaron máis tarde a DeMarre Carroll da Universidade de Missouri coa 27ª elección.

O 9 de setembro de 2009, os Grizzlies asinaron coma axente libre a Allen Iverson por un ano e 3.5 millóns de dólares. A fichaxe de Iverson xerou moita controversia debido á súa tempada anterior nos Detroit Pistons, a pesar de que el comentou que estaba impaciente e emocionado por axudar ao equipo. Malia as súas boas intencións, tan só xogar en tres partidos, ningún deles en Memphis, antes de deixar o equipo por "problemas persoais". Despois, foi cortado polos Grizzlies.[2]

Tras a saída de Iverson, os Grizzlies foron mellorando pouco a pouco. Coa adquisición de Zach Randolph xogando ao nivel de All-Star, a mellora de Marc Gasol e a entrega e intensidade da defensa, os Grizzlies foron candidatos a Playoffs durante gran parte da tempada 2009-10, antes de rematar 10º no Oeste, cun récord de 40-42.

Na tempada 2010-11, cumpríronse 10 anos de baloncesto en Memphis. Esta tempada foi diferente ás demais, cambiaron o deseño da pista cun logo do 10º aniversario nela. Malia que os Grizzlies e os seareiros estaban a celebrar o décimo aniversario, o equipo fixo unha gran tempada, e quedou 8º, clasificándose para os Playoffs. Remataron cun récord de 46-36 esa tempada.

Tempadas

editar
Campións da NBA Campións de Conferencia Campións de División Clasificado para Playoffs
Tempada Conferencia División Posición V D % PD Playoffs Adestrador
Vancouver Grizzlies
1995−96 Oeste Medio-Oeste 15 67 .183 44 Brian Winters
1996−97 Oeste Medio-Oeste 14 68 .171 50 Brian Winters
Stu Jackson
1997−98 Oeste Medio-Oeste 19 63 .232 43 Brian Hill
1998−99 Oeste Medio-Oeste 8 42 .160 29 Brian Hill
1999−00 Oeste Medio-Oeste 22 60 .268 33 Brian Hill
Lionel Hollins
2000−01 Oeste Medio-Oeste 23 59 .280 35 Sidney Lowe
Memphis Grizzlies
2001−02 Oeste Medio-Oeste 23 59 .280 35 Sidney Lowe
2002−03 Oeste Medio-Oeste 28 54 .341 32 Sidney Lowe
Hubie Brown
2003−04 Oeste Medio-Oeste 50 32 .610 8 Perde primeira rolda vs. San Antonio Spurs, 0–4 Hubie Brown
2004−05 Oeste Suroeste 45 37 .549 14 Perde primeira rolda vs. Phoenix Suns, 0–4 Hubie Brown
Lionel Hollins
Mike Fratello
2005−06 Oeste Suroeste 49 33 .598 14 Perde primeira rolda vs. Dallas Mavericks, 0–4 Mike Fratello
2006−07 Oeste Suroeste 22 60 .268 45 Mike Fratello
Tony Barone
2007−08 Oeste Suroeste 22 60 .268 34 Marc Iavaroni
2008−09 Oeste Suroeste 24 58 .293 30 Marc Iavaroni
Johnny Davis
Lionel Hollins
2009−10 Oeste Suroeste 40 42 .488 15 Lionel Hollins
2010−11 Oeste Suroeste 46 36 .561 15 Gaña primeira rolda vs. San Antonio Spurs, 4–2
Perde semifinais de Conferencia vs. Oklahoma City Thunder, 3–4
Lionel Hollins
2011−12 Oeste Suroeste 41 25 .621 9 Perde primeira rolda vs. Los Angeles Clippers, 3–4 Lionel Hollins
2012−13 Oeste Suroeste 56 26 .683 2 Gaña primeira rolda vs. Los Angeles Clippers, 4–2
Gaña semifinais de Conferencia vs. Oklahoma City Thunder, 4–1
Perde finais de Conferencia vs. San Antonio Spurs, 0–4
Lionel Hollins
2013−14 Oeste Suroeste 50 32 .610 12 Perde primeira rolda vs. Oklahoma City Thunder, 3–4 David Joerger

Xogadores

editar

Cadro actual

editar
Memphis Grizzlies 2023–2024
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
P 4   Adams, Steven 2.11 m (6 ft 11 in) 120 kg (265 lb) Pittsburgh
AP/P 7   Aldama, Santi 2.11 m (6 ft 11 in) 98 kg (215 lb) Loyola (MD)
B/E 22   Bane, Desmond 1.98 m (6 ft 6 in) 98 kg (215 lb) TCU
E/A 15   Clarke, Brandon 2.03 m (6 ft 8 in) 98 kg (215 lb) Gonzaga
B/E 0   Gilyard, Jacob 1.73 m (5 ft 8 in) 73 kg (160 lb) Richmond
AP/P 45   Jackson, GG 2.06 m (6 ft 9 in) 95 kg (210 lb) South Carolina
AP/P 13   Jackson, Jaren 2.11 m (6 ft 11 in) 110 kg (242 lb) Michigan State
E/A 10   Kennard, Luke 1.96 m (6 ft 5 in) 93 kg (206 lb) Duke
B/E 46   Konchar, John 1.96 m (6 ft 5 in) 95 kg (210 lb) Fort Wayne
A/AP 3   LaRavia, Jake 2.01 m (6 ft 7 in) 107 kg (235 lb) Wake Forest
B/E 12   Morant, Ja 1.91 m (6 ft 3 in) 79 kg (174 lb) Murray State
B/E 1   Pippen, Scotty Jr. 1.85 m (6 ft 1 in) 84 kg (185 lb) Vanderbilt
A/AP 21   Roddy, David 1.93 m (6 ft 4 in) 116 kg (255 lb) Colorado State
B/E 23   Rose, Derrick 1.91 m (6 ft 3 in) 91 kg (200 lb) Memphis
B/E 36   Smart, Marcus 1.91 m (6 ft 3 in) 100 kg (220 lb) Oklahoma State
A/AP 2   Tillman, Xavier 2.03 m (6 ft 8 in) 111 kg (245 lb) Michigan State
E/A 5   Williams, Vince Jr. 1.93 m (6 ft 4 in) 93 kg (205 lb) VCU
A/AP 8   Williams, Ziaire 2.03 m (6 ft 8 in) 84 kg (185 lb) Stanford
Adestrador
Asistente(s)
  •   Blake Ahearn
  •   Anthony Carter
  •   Brad Jones
  •   Scoonie Penn
  •   Vitaly Potapenko

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  •   Mancado

Cadro
Actualizado: 20-01-2024

Líderes históricos

editar

Negra indica que ao xogador segue en activo na franquía. Cursiva indica que ao xogador segue en activo, mais non na franquía.

Puntos anotados (a finais da temporada 2019−20)[3]

  1. Mike Conley (11.733)
  2. Marc Gasol (11.684)
  3. Zach Randolph (9.261)
  4. Pau Gasol (8.966)
  5. Rudy Gay (8.562)
  6. Shareef Abdur-Rahim (7.801)
  7. Mike Miller (5.982)
  8. Bryant Reeves (4.945)
  9. O.J. Mayo (4.584)
  10. Shane Battier (4.275)
  11. Tony Allen (4.128)
  12. Stromile Swift (3.829)
  13. Jason Williams (3.400)
  14. Mike Bibby (3.153)
  15. Lorenzen Wright (3.148)
  16. Hakim Warrick (3.126)
  17. Michael Dickerson (2.710)
  18. Blue Edwards (2.393)
  19. JaMychal Green (2.293)
  20. Dillon Brooks (2.293)
  21. Courtney Lee (2.293)
  22. Jaren Jackson Jr. (1.788)
  23. Darrell Arthur (1.656)
  24. Greg Anthony (1.583)
  25. Othella Harrington (1.556)
  26. James Posey (1.531)
  27. Tony Massenburg (1.513)
  28. Earl Watson (1.508)
  29. Chucky Atkins (1.479)
  30. Bonzi Wells (1.449)

Outras estatísticas (a finais da temporada 2019−20)[4]

Minutos xogados

  1. Marc Gasol (25.917)
  2. Mike Conley (25.700)
  3. Zach Randolph (17.928)
  4. Rudy Gay (17.338)
  5. Pau Gasol (16.904)

Rebotes

  1. Marc Gasol (5.942)
  2. Zach Randolph (5.612)
  3. Pau Gasol (4.096)
  4. Shareef Abdur-Rahim (3.070)
  5. Rudy Gay (2.758)

Asistencias

  1. Mike Conley (4.509)
  2. Marc Gasol (2.639)
  3. Jason Williams (2.069)
  4. Mike Bibby (1.675)
  5. Pau Gasol (1.473)

Roubos

  1. Mike Conley (1.161)
  2. Tony Allen (796)
  3. Marc Gasol (708)
  4. Rudy Gay (640)
  5. Shane Battier (523)

Tapóns

  1. Marc Gasol (1.135)
  2. Pau Gasol (877)
  3. Stromile Swift (607)
  4. Shane Battier (428)
  5. Rudy Gay (420)

Basketball Hall of Fame

editar
Membros do Basketball Hall of Fame dos Memphis Grizzlies
Xogadores
Nome Posición Período Ano de ingreso
3 Allen Iverson B / E 2009 2016
Contribuidores
Nome Posición Período Ano de ingreso
Hubie Brown Adestrador 2002–2005 2005

Galardóns individuais

editar
  1. "Grizzlies introduce Lionel Hollins as new coach". 
  2. Grizzlies Officially Waive Iverson Arquivado 28 de novembro de 2009 en Wayback Machine., "Grizzlies officially waive Iverson", Yahoo! News, 17 de novembro de 2009.
  3. "Grizzlies: Players". Basketball Reference (en inglés). 15 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 7 de novembro de 2015. 
  4. "Memphis Grizzlies Career Leaders". Basketball Reference (en inglés). 15 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 7 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar