San Antonio Spurs

Os San Antonio Spurs son un equipo profesional de baloncesto estadounidense con sede na cidade de San Antonio, Texas. Xogan na División Suroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). Os Spurs son un dos catro antigos equipos da American Basketball Association (ABA) que se uniron á NBA en 1976 e o único deles en conseguir gañar o campionato. En total, o equipo gañou cinco títulos da NBA, sendo a cuarta franquía con máis títulos despois de Boston Celtics, Los Angeles Lakers e Chicago Bulls. Actualmente son o mellor equipo en activo da competición en canto á porcentaxe de vitorias.

San Antonio Spurs
San Antonio Spurs logo
San Antonio Spurs logo
Información xeral
Conferencia Oeste
División Suroeste
Fundación 1967
Historia Dallas Chaparrals (1967–1970)
Texas Chaparrals (1970–1971)
Dallas Chaparrals (1971–1973)
Cores                Negro, prata, branco
G League Austin Spurs
Retirados 9 (00, 6, 12, 13, 20, 21, 32, 44, 50)
Localización
Cidade Texas San Antonio, Texas
Pavillón AT&T Center
Capacidade 18.581 espectadores
Inauguración 18 de outubro de 2002
Persoal
Propietario(s) Peter Holt
Presidente Gregg Popovich
Director R. C. Buford
Adestrador Gregg Popovich
Títulos
Campión 5 (1999, 2003, 2005, 2007, 2014)
Conferencia 6 (1999, 2003, 2005, 2007, 2013, 2014)
División 22 (1978, 1979, 1981, 1982, 1983, 1990, 1991, 1995, 1996, 1999, 2001, 2002, 2003, 2005, 2006, 2009, 2011, 2012, 2013, 2014, 2016, 2017)
spurs.com

Desde o seu ingreso na NBA, os Spurs gañaron 20 títulos de división, xogando sempre en play-offs excepto en catro ocasións. De feito, non deixaron de xogar nunca as eliminatorias polo título desde a chegada de Tim Duncan ao equipo en 1997. Na temporada 2014−15, os Spurs ampliaron o seu récord de máis temporadas consecutivas conseguindo máis de cincuenta vitorias con dezaseis (a temporada 1998−99 foi reducida a 50 partidos polo peche patronal, máis a súa porcentaxe de vitorias foi do 74%, co que terían superado facilmente as cincuenta vitorias nun ano normal con oitenta e dous partidos). Durante toda esta exitosa época, o adestrador do club ten sido o mesmo, Gregg Popovich.

Historia editar

Os Dallas Chaparrals editar

 
Manu Ginóbili coa camisola dos "Chaps".

Os San Antonio Spurs comezaron a súa historia co nome de "Dallas Chaparrals" na American Basketball Association (ABA) en 1967. Os primeiros propietarios do equipo non foran capaces de poñerse de acordo á hora de escoller un nome, mais escolleron o nome facendo referencia ao "Chaparral Club" onde se adoitaban reunir. Adestrados polo adestrador-xogador Cliff Hagan os "Chaps" foron un dos 11 equipos que competiron na temporada inaugural da ABA. A segunda temporada do club foi un pouco decepcionante, o equipo acabou no cuarto lugar da temporada regular cun aceptábel rexistro de 41 vitorias por 37 derrotas, mais nos play-offs caeron axiña en primeira rolda ante os New Orleans Buccaneers. O equipo non era capaz de levar moita xente ao pavillón e o desinterese era xeral na cidade. De feito, na temporada 1970-71, o nome "Dallas" foi substituído por "Texas", nun intento de converter o equipo na franquía de todo o estado de Texas, xogando partidos en cidades como Fort Worth ou Lubbock. Porén, o resultado non foi o esperado e o equipo volveu a Dallas xusto antes do comezo da seguinte temporada, xogando os seus partidos en dous pavillóns, o Moody Coliseum e o Dallas Convention Center Arena.

Tras non conseguir xogar os play-offs por primeira vez na historia do equipo na tempada 1972-73, o equipo foi posto á venda. Despois de non recibir ningunha oferta seria pola franquía, o equipo foi alugado a un grupo de trinta e seis empresarios de San Antonio liderados por Angelo Drossos e Red McCombs. O acordo incluía unha opción de compra dos dereitos en tres anos, que de non exercerse o equipo volvería a Dallas. O grupo Drossos-McCombs trasladou o equipo a San Antonio para a temporada 1973-74. Orixinalmente o nome da franquía ía ser "San Antonio Gunslingers", mais pouco despois mudaron de opinión e escolleron o nome de "San Antonio Spurs".

A cidade de San Antonio recibiu o equipo cos brazos abertos, a asistencia aos partidos dos Spurs superou á total dos Chaparrals en tan só 16 partidos. Ao darse conta do éxito que tiñan nas súas mans, Drossos e McCombs completaron a compra da franquía en tan só un ano. A nivel deportivo, os Spurs foron liderados polo veterano da ABA James Silas, e impulsados pola adquisición do membro do Hall of Fame George Gervin, procedente dos Virginia Squires en 1974. Aínda que o éxito nos play-offs sería esquivo para os Spurs, axiña serían un dos equipos punteiros da ABA. En 1976 a ABA desfíxose, ameazando así o futuro da única franquía deportiva profesional de San Antonio. Porén, a NBA decidiu admitir na súa liga catro equipos da ABA, sendo un dos afortunados os Spurs xunto aos Denver Nuggets, os Indiana Pacers e os New York Nets.

Primeiros anos na NBA editar

 
George Gervin (1974–1985).

Aínda que había algún escepticismo inicial nos círculos da liga en canto ao éxito potencial e o nivel de talento dos equipos procedentes da ABA, os Spurs pronto demostrarían ser un digno equipo. Na súa primeira temporada na NBA o equipo obtén un balance de 44-38 e finaliza no quinto posto da Conferencia Leste. Xa nos play-offs, o equipo caería ante os Boston Celtics en dous partidos, perdendo o primeiro por 104−94 fóra e o segundo por 113-109 na casa. Unha temporada despois, en 1977−78, Gervin e David Thompson dos Denver Nuggets loitaron polo título de máximo anotador. Na última xornada da tempada, Thompson púxose por diante despois de anotar 73 puntos fronte os Detroit Pistons nun encontro disputado á tarde. Esa noite, Gervin xa sabía que necesitaba 58 puntos para conseguir o título. Os Spurs xogaban en Nova Orleáns fronte aos Utah Jazz. Gervin tivo un bo comezo con 20 puntos no primeiro cuarto. O segundo foi aínda mellor, con 33, batendo un récord. Tras a continuación, a Gervin custoulle pouco tempo chegar aos 58, para finalmente acabar o partido con 63 e lograr o galardón. Ademais, o equipo acabou campión da División Central cunha marca de 52-30. Con todo, os Spurs caeron en semifinais de Conferencia ante Washington Bullets a pesar da achega de Gervin con 33,2 puntos na serie.

Un ano despois, en 1979, o equipo chegou ás finais de Conferencia, onde volvían esperar os Bullets. San Antonio desperdiciou unha renda de 3-1 para acabar caendo 4-3, cun igualado sétimo partido que acabou 107-105. Unha rolda antes, os Spurs eliminaran os Philadelphia 76ers, logrando gañar así a súa primeira eliminatoria como equipo NBA. O balance dos Spurs nos seus primeiros sete anos na NBA foi de cinco títulos de división, converténdose nun equipo asiduo en play-offs. A década dos anos 1980 estivo marcada por constantes altibaixos da franquía. Na primeira metade, os Spurs continuaron co seu éxito dos anos 1970, con balances de 52-30 en 1980−81, 48-34 en 1981−82 e 53-29 en 1982−83. A pesar das súas boas temporadas regulares, os Spurs caeron eliminados en play-offs polos Houston Rockets en 1981 e Los Angeles Lakers en 1982 e 1983.

Tras a temporada 1984−85, Gervin, quen fora o mellor xogador da historia dos Spurs até o momento, foi traspasado aos Chicago Bulls, e con el chegou o final dunha brillante era. Unha das claves destes Spurs, ademais de Gervin, era Johnny Moore, base de gran visión de xogo que mesmo logrou ser o máximo asistente da liga (9,6) na temporada 1981-82 por diante de Magic Johnson. A súa carreira viuse truncada pola coccidioidomicose (ou "Febre do Val"), enfermidade da que se recuperou, aínda que sen recuperar o nivel. Cando finalizou a súa carreira San Antonio retiroulle o dorsal. Outro dos grandes artífices do tres títulos de división tamén foi Mike Mitchell, acompañante de Gervin na posición de ala, un prolífico anotador que mesmo chegou a ser All-Star en 1981 cos Cleveland Cavaliers e que chegou aos Spurs un ano despois. Por último cabe mencionar a Artis Gilmore, outra peza fundamental na engrenaxe do equipo. A pesar de que o pivote chegou con 34 anos, ofreceu tan bo rendemento en San Antonio que chegou a ser dúas veces All-Star cos Spurs.[1]

Despois de Gervin editar

Tras a retirada de Gervin, as seguintes catro campañas foron difíciles para o equipo, tendo un balance de 115-215 desde 1985 até 1990. As temporadas perdedoras e a consecuente diminución da asistencia de público ao pavillón converteron aos Spurs nun candidato potencial para trasladarse a outra cidade. Porén, o optimismo chegou ao obter a primeira elección do Draft de 1987, a cal foi utilizada para seleccionar o pivote David Robinson, procedente da Academia Naval dos Estados Unidos. Aínda que foi seleccionado en 1987, non estivo dispoñíbel até 1989, xa que tiña que servir á Mariña durante dous anos máis.

Durante estes anos un dos poucos xogadores que conseguía levar a xente de San Antonio a ver aos Spurs era Alvin Robertson. Foi membro do equipo que logrou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos dos Ánxeles de 1984. Tamén liderou a liga en roubos durante tres tempadas, e chegou a ser elixido como Mellor Defensor da NBA na temporada 1985−86. Alén diso, era un xogador que achegaba en todas as facetas do xogo. Mostra diso foi o histórico cuádruplo-dobre que logrou o 18 de febreiro de 1986 con 20 puntos, 11 rebotes, 10 asistencias e 10 roubos de balón. É un dos escasos cuádruplos-dobres que se rexistraron na historia da NBA, de feito, foi o segundo da historia da competición. Curiosamente, David Robinson conseguiría facer outro en 1997.

Aínda que a temporada 1988−89 foi a peor na historia da franquía cun 21-61, foi notábel por varios motivos. Foi a primeira campaña na que o propietario absoluto da franquía foi Red McCombs, investidor orixinal do equipo que axudou a solidificar a identificación da cidade co equipo. Ademais, estreouse Larry Brown como adestrador dos Spurs, asinando polo equipo tras gañar a NCAA coa Universidade de Kansas en 1988.

A era de Robinson editar

 
David Robinson (1989–2003).

O final da década de 1980 asistiu ao renacemento dos Spurs. Liderados por David Robinson e polos recentemente chegados Terry Cummings e Sean Elliott, os Spurs conseguiron facer a mellor temporada da súa historia cun balance de 56-26. Nos play-offs, gañarían sen moitos problemas aos Denver Nuggets por 3-0. Porén, non puideron superar as semifinais de Conferencia, caendo en sete partidos ante os Portland Trail Blazers, equipo que posteriormente sería campión da Conferencia Oeste. A nivel individual, Robinson fixo unha das mellores tempadas xamais asinadas por un debutante na competición, polo que foi premiado co premio ao Rookie do Ano tras facer unha media de 24,3 puntos e 12 rebotes por partido.[2]

Os Spurs comezaban a década cheos de optimismo. O equipo converteuse nun asiduo aos play-offs, aínda que baixo a tutela de Brown non foron capaces de chegar máis lonxe das semifinais de Conferencia. Ante a falta de resultados, na temporada 1991−92 McCombs despediu a Brown para substituílo por Bob Bass, quen terminou a tempada como adestrador interino. Con Robinson con molestias, os Spurs foron varridos polos Phoenix Suns na primeira rolda de play-offs. Durante o verán de 1992, McCombs contratou o adestrador da Universidade de UNLV Jerry Tarkanian. O experimento foi un fracaso, e Tarkanian foi despedido tras vinte partidos de temporada, cando contaban cun balance de 9-11. O seguinte no banco foi o veterano John Lucas, sendo esta a súa primeira experiencia como adestrador xefe dun equipo da NBA.[3]

A era Lucas comezou satisfactoriamente. Baixo o seu mandato o equipo terminou a tempada cunha marca de 39-22, metendo aos Spurs unha vez máis en play-offs. Así e todo, foron novamente eliminados polos Suns, esta vez en semifinais de Conferencia. A campaña tamén estivo marcada debido a que o equipo xogou no HemisFair Area. En 1993, Peter M. Holt e un grupo de 22 investidores comprou os Spurs a Rede McCombs por 75 millóns de dólares. Na seguinte tempada, a franquía mudouse ao novo Alamodome, mentres que a nivel deportivo Lucas conduciu os Spurs a unha marca de 55-27. No entanto, caeron outra vez eliminados en primeira rolda de play-offs, esta vez polos Utah Jazz. A consecuencia diso, Lucas foi inmediatamente despedido. No verán, os Spurs traspasaron a Elliott, un dos favoritos da afección, a Detroit Pistons a cambio do reboteador Dennis Rodman.[4]

Lucas foi substituído para a temporada 1994−95 por Bob Hill, ex-adestrador dos Indiana Pacers. Elliott regresou tras unha intranscendente tempada nos Pistons e o equipo finalizou cunha marca de 62-20, sendo David Robinson o MVP da Temporada. Os Spurs alcanzaron as finais de Conferencia, mais foron eliminados polos posteriormente campións Houston Rockets. Durante toda a temporada, Dennis Rodman tivo problemas cos seus compañeiros de equipo, especialmente con Robinson, polo que forzou a franquía a traspasalo aos Chicago Bulls ao finalizar a campaña.[5]

Os Spurs finalizaron o seguinte ano cun balance de 59-23 baixo o mandato de Hill, mais sendo de novo eliminados en semifinais de Conferencia ante os Utah Jazz. Non obstante, poucos prevían a espectacular caída do equipo na temporada 1996−97; unha lesión obrigou a David Robinson a pasar practicamente todo o ano en branco, xogando tan só seis partidos e San Antonio acabou cunha marca de 20-62, a peor da súa historia até o momento. Hill só durou 18 partidos no banco dos texanos, sendo substituído por Gregg Popovich, antigo director xeral do equipo.[6]

Chega Tim Duncan editar

 
Tim Duncan.

Co terceiro peor rexistro da liga, os Spurs fixéronse co número 1 do Draft de 1997, o cal utilizaron para seleccionar a Tim Duncan, procedente da Universidade de Wake Forest.[7] Duncan converteuse xa no seu primeiro ano nunha das estrelas da liga, facendo unha media de 21,1 puntos e 11,9 rebotes por partido xogando na posición de ala-pivote. Tras acabar a temporada foi seleccionado para o mellor quinteto de novatos da tempada e nomeado Rookie do Ano.[2] O equipo finalizou 56-26, mais de novo foi eliminado polos Jazz nas semifinais de Conferencia.[8]

Os Spurs comezaron a temporada 1998−99 con Robinson en boas condicións físicas, ademais das adquisicións dos veteranos Mario Elie e Jerome Kersey. Antes da pretemporada produciuse un peche patronal na liga, sendo atrasada tres meses e xogáronse tan só 50 partidos. Na temporada regular os Spurs terminaron cun rexistro de 37-13, o que supón un 74% de vitorias. Xa en play-offs, o equipo dominou e chegou ás finais da NBA cun balance de 11-1 en play-offs. Nela enfrontaríanse a New York Knicks de Patrick Ewing, conseguindo gañar en cinco partidos e logrando, por fin, o primeiro título da historia dos Spurs.[3] Tim Duncan foi nomeado MVP das Finais no Madison Square Garden, escenario do quinto e último partido da eliminatoria.[9]

Este primeiro título dos Spurs supuxo dous fitos históricos. O primeiro é que foron o primeiro equipo procedente da defunta ABA en chegar a unhas finais e en gañalas, mentres que o segundo foi a segunda máxima asistencia de espectadores a un partido das finais con 39 554 seareiros que acudiron ao segundo partido no Alamodome, cerca dos 41 732 espectadores que acudiron en 1988 ao Silverdome de Ponticas (Míchigan) para ver o partido entre os Detroit Pistons e Los Angeles Lakers.[10] Tras o éxito, continuaron co mesmo nivel de xogo durante a tempada regular 1999−00, terminando 53-29. Con todo, debido a unha lesión en play-offs de Duncan, foron eliminados en primeira rolda polos Phoenix Suns.[11] Os Spurs acabaron 58-24 nas temporadas 2000−01 e 2001−02, sendo en ambas eliminados nos play-offs polos posteriormente campións Lakers de Shaquille O'Neal e Kobe Bryant.[12]

O Big Three editar

 
Tony Parker.

Na temporada 2002−03 sucederon dous feitos chave da historia da franquía: David Robinson anuncia a súa retirada e inaugúrase o SBC Center, novo pavillón do equipo. Con tan grandes mudanzas, os Spurs renovaron o seu logo, retornando ás cores negro e prata orixinais.[13] Estes Spurs eran moi diferentes dos que gañaran o título uns anos antes. Renovaran completamente o equipo co obxectivo de destronar os Lakers, vencedores dos tres últimos campionatos. O base titular do equipo era agora o francés Tony Parker, que chegaba desde Francia tras ser elixido no posto 28 do Draft de 2001; ademais, contaban cunha gran variedade de tiradores como Stephen Jackson, Danny Ferry, Bruce Bowen, Steve Kerr, Steve Smith e o arxentino Manu Ginóbili, drafteado en 1999 mais que chegou ese mesmo ano desde a Virtus Boloña. Isto, xunto ao labor de Duncan e Robinson, levou o equipo a gañar 60 partidos.[14] En play-offs, eliminaron os Suns, aos Lakers e aos Dallas Mavericks, enfrontándose nas finais cos New Jersey Nets, subcampións o ano anterior. Era a primeira vez que dous equipos ex-equipos da ABA se enfrontaban nunhas finais. Finalmente, os Spurs gañaron a serie 4-2, conseguindo así o seu segundo anel, con Tim Duncan MVP da Temporada e das finais.[15]

Na temporada 2003−04, os Spurs comezaron botando de menos a David Robinson (9-10). Con todo, o equipo soubo reporse con 13 vitorias consecutivas que o colocaron, a finais de decembro, no alto da clasificación. Acabaron a campaña cunha serie de 11 vitorias consecutivas que, porén, non lle valeron para superar o 58-24 dos Minnesota Timberwolves.[16] Nos play-offs, tras acabar pola vía rápida cos Memphis Grizzlies foron eliminados en semifinais de Conferencia polos Lakers. Os Spurs desperdiciaron unha vantaxe de 2-0 e acabaron sucumbindo ante os californianos, que gañaron os seguintes catro partidos.

Coa contratación de Brent Barry dos Seattle Supersonics, Nazr Mohammed dos New York Knicks e o axente libre Glenn Robinson, xunto cos regulares Bruce Bowen, Robert Horry, Tony Parker, Manu Ginóbili e Tim Duncan, os Spurs finalizaron a temporada 2004−05 cunha marca de 59-23, o que supuxo que conseguisen o campionato da súa división e a segunda posición da Conferencia Oeste.[17] Nos play-offs eliminaron os Denver Nuggets por 4-1, aos Seattle Supersonics por 4-2 e aos Phoenix Suns por 4-1, antes de medirse nas finais da NBA ante os Detroit Pistons, aos que venceron no sétimo partido colocando un 4-3 que lles valeu o seu segundo anel en tres anos e o seu terceiro en sete. Tim Duncan foi nomeado MVP das finais por terceira vez, uníndose xunto con Magic Johnson, Shaquille O'Neal e Michael Jordan ao club de xogadores que nese momento gañaran tres ou máis MVP das finais.

Ao ano seguinte, na temporada 2005−06, os Spurs fixeron a que foi até o momento a súa mellor temporada regular da historia, gañando 63 partidos e disputando por noveno ano consecutivo os play-offs.[18] A isto contribuíu a chegada ao equipo do veterano Michael Finley, que ofreceu ao equipo máis poder anotador. Con todo, os campións foron eliminados en semifinais de Conferencia polos Dallas Mavericks de Dirk Nowitzki. Despois da decepcionante derrota a mans dos Mavs, os Spurs desquitáronse un ano despois cun novo título de campións. Acabaron a temporada con outro gran balance (58-24), o que lles serviu para ocuparen a terceira posición do Oeste e evitar aos Dallas Mavericks, que acabaran cun rexistro de 67-15. En play-offs, San Antonio estabeleceu unha fantástica marca de 16-4. En primeira rolda venceron aos Denver Nuggets en cinco partidos, mentres tanto, os Mavericks caían sorprendentemente por 4-2 fronte a Golden State Warriors. En semifinais de Conferencia agardaban os Phoenix Suns. Tras unha intensa eliminatoria que chegou a ir 2-2, os texanos venceron por 4-2, alcanzando as finais de Conferencia ante un rival relativamente accesíbel para as alturas nas que encontraban, como eran os Utah Jazz. Os texanos sentenciaron o seu pase ás finais cun 4-1. En maiores dificultades puxeron os Cleveland Cavaliers de LeBron James aos Spurs, a pesar de non vencer en ningún encontro. Tony Parker, cunha media de 24,5 puntos e 57% de acerto en tiros de campo, foi seleccionado MVP das finais, para converterse con 25 anos no primeiro europeo en conseguilo.[19]

O quinto título editar

 
Kawhi Leonard.

Nas cinco seguintes temporadas conseguiron clasificarse en todas para os play-offs, aínda que sen éxito á hora de volver conseguir o título de campións. O peor ano foi a temporada 2008−09, onde caeron en primeira rolda ante os Memphis Grizzlies por 4-2. Con todo, a partir de aí o equipo só melloraría. De feito, na temporada 2012−13, a pesar das lesións, os Spurs terminaron cunha marca de 58-24, chegando a terminar segundos na Conferencia Oeste. Xa nos play-offs, superan por 4-0 aos Lakers, 4–2 aos Warriors, e xa nas finais de Conferencia varren aos Memphis Grizzlies 4-0 chegando á súa quinta final NBA. Nela agardaban os Miami Heat de Lebron James, Dwyane Wade e Chris Bosh. Os Spurs chegaron ao sexto partido con vantaxe (3-2). Unha vitoria neste partido, xogado no American Airlines Arena de Miami, suporía o quinto título para os Spurs. A falta de 25 segundos para o final os Spurs gañaban de cinco, mais dous triplos de Miami, o último de Ray Allen a falta de cinco segundos, empatou o partido. Na prorróga perderían. No sétimo e último partido, San Antonio non se repuxo da dura derrota anterior, e finalmente perdeu o partido e o campionato. Esta foi a primeira derrota dos Spurs nunhas finais.[20]

Para a seguinte temporada, 2013−14, os Spurs mantiveron o bloque do ano anterior, incorporando só o italiano Marco Belinelli e a Jeff Ayres. O equipo mantén o nivel da temporada anterior, a acaba a temporada regular no primeiro posto da Conferencia Oeste coa mellor marca da liga (62-20). Esta vez, Popovich dosificou as súas estrelas Duncan, Parker e Ginóbili e o equipo desenvolveu un xogo coral no que case todos os integrantes do persoal foron protagonistas ao longo da tempada regular. De feito, ningún xogador superou os 30 minutos por partido. Así, iniciaron os play-offs desfacéndose en primeira rolda dos Dallas Mavericks (4-3), unha serie moi igualada na que Ginóbili adquiriu un papel destacado. Despois chegaron os Portland Trail Blazers (4-1) e, xa na final de Conferencia, venceron aos Oklahoma City Thunder de Kevin Durant e Russell Westbrook (4-2), chegando por segundo ano consecutivo ás finais da NBA, onde agardaban de novo os Miami Heat. Sorprendentemente, a eliminatoria finalizou 4-1 a favor dos Spurs, o que supuxo o quinto título para a franquía. Os de San Antonio foron os dominadores absolutos da serie. De feito, o xogo que realizaron os Spurs ao longo desta final foi catalogado por moitos como unha das mellores actuacións en moito tempo nunhas finais da NBA.[21] O ala Kawhi Leonard foi nomeado MVP das finais, grazas en parte á súa magnífica actuación defendendo á estrela rival, o até o momento catro veces MVP Lebron James.

Pavillón editar

Véxase tamén: AT&T Center.
 
Exterior do AT&T Center.

Desde o seu ingreso na NBA, antes de xogar no AT&T Center, os Spurs xogaron no HemisFair Arena e no Alamodome. O HemisFair Arena tiña capacidade para 10 146 espectadores, pavillón onde George Gervin comezou a escribir a historia da franquía. O seu primeiro partido nesta instalación foi o 10 de outubro de 1973 nun encontro ante os San Diego Conquistadors, o cal se saldou cunha derrota para os Spurs ante 5 879 espectadores. Durante a súa vida, este pavillón foi considerado como un dos máis ruidosos da NBA. Despois de vinte anos, en 1993, trasladáronse ao Alamodome, un estadio polideportivo utilizado desde para fútbol americano até béisbol. Isto era un problema para os Spurs, que en 2002 se trasladaron ao actual AT&T Center. O pavillón tivo un custo de 186 millóns de dólares e conta con capacidade para 18 418 espectadores.

Pavillón Localización Estado Capacidade Período
Dallas / Texas Chaparrals
State Fair Coliseum Dallas   Texas 8.513 1967 1973
Moody Coliseum Dallas   Texas 9.305 1967 1973
Tarrant County Coliseum Fort Worth   Texas 11.200 1970 1971
Lubbock Municipal Coliseum Lubbock   Texas 6.893 1970 1971
San Antonio Spurs
HemisFair Arena San Antonio   Texas 10.146 1973 1993
Alamodome San Antonio   Texas 20.662 1993 2002
AT&T Center San Antonio   Texas 18.418 2002

Identidade editar

Os Spurs en San Antonio editar

 
O Paseo do Río de San Antonio.

Os Spurs son o único equipo das catro grandes competicións profesionais norteamericanas (NBA, NFL, NHL e MLB) con sede na cidade de San Antonio, de feito, son a única franquía desas competicións que permaneceu durante máis de cinco anos na cidade. É por iso que a cidade ten un sentimento especial cara ao equipo. Os xogadores dos Spurs son membros activos da comunidade de San Antonio, e moitos ex xogadores aínda moran cidade e participan activamente na vida local. Exemplo disto son David Robinson coa súa Carver Academy e George Gervin co seu George Gervin Youth Center.

En parte grazas á implicación coa comunidade, os seareiros dos Spurs bateron varios récords da NBA de asistencia a un partido cando xogaban no Alamodome, incluíndo a maior asistencia a un encontro das finais da NBA en 1999. Tras o traslado de pavillón, aínda hoxe seguen normalmente a esgotarse entradas para os partidos no máis pequeno AT&T Center. O grito de batalla dos Spurs, "Go Spurs Go!" (do inglés: Imos, Spurs, imos!), expandiuse xa a toda a cidade de San Antonio e cada vez máis por toda a área metropolitana.

Desde o ano 2003 o equipo vese forzado a xogar todos os seus partidos fóra da casa debido a que o AT&T Center acolle o Rodeo de San Antonio. Esta circunstancia é coñecida informalmente como o "Rodeo Road Trip" (viaxe do rodeo). Durante esta época os Spurs bateron varios récord, incluíndo a maior serie de vitorias consecutivas como visitante (con oito en 2003). Cando os Spurs gañan o título da NBA, o desfile da vitoria do equipo é realizado en barco polo Paseo do Río de San Antonio.

Logo e uniforme editar

 
Os Spurs luciron un sinxelo uniforme negro con letras brancas redondeadas durante gran parte dos anos 1980.

Desde que o equipo se converteu nos San Anotnio Spurs en 1973, as cores da franquía teñen sido o negro, o prateado e o branco. Tamén o logotipo distintivo coa palabra Spurs con tipografía Eurostile, cunha espora estilizada substituíndo a letra U, é parte da identidade do equipo desde o seu traslado a San Antonio.[22] O logo levou a maiores os "Fiesta Colors", é dicir rosa, laranxa e verde azulado, entre 1989 e 2002, aínda que sen modificar o uniforme. Ademais, desde a temporada 2003 a aliñación do nome pasou de ser recta a arqueada.[13]

Os Spurs vestiron sempre uniforme negro como visitante e branco como local, excepto nas temporadas 1973-76 da ABA e na súa primeira etapa na NBA, cando o uniforme era prateado. Até a temporada 1988−89 no uniforme visitante aparecía a lenda "San Antonio" na parte frontal da camisola, mentres que no uniforme local aparecía o nome de "Spurs" coa mesma tipografía que o logotipo. Desde 1973 até 1982, as letras do uniforme visitante eran de cor negra con adornos prateados. Con todo, desde a temporada 1989−90 o uniforme do equipo permanece practicamente intacto, co uniforme visitante utilizando agora o alcume do equipo en lugar do nome da cidade. Na temporada 2002−03 fixéronse algunhas pequenas mudanzas, como a inclusión doutra trama ao redor dos números. Os Spurs visten tamén tenis e calcetíns negros como visitantes e brancos na casa (excepto nalgúns encontros concretos nos que levan prateados). Cando a NBA asinou un contrato coa compañía téxtil Adidas, os Spurs adoptaron un deseño para o pescozo en "V" e eliminaron as bandas na cintura do pantalón.

O 19 de setembro de 2012, os Spurs presentaron un uniforme alternativo de cor prateada. Rompendo coa tradicional práctica de figurar na camisola o nome do equipo ou da cidade, neste uniforme alternativo só figura o logo da espora. O número en cor negra con detalles brancos e prateados, está situado arriba á dereita. Na parte traseira figuraba o logotipo do equipo xusto cima do nome, mais este foi substituído na temporada 2014−15 polo logo da NBA. En canto ao pantalón, na perna esquerda aparecen as iniciais "SA" (de San Antonio) con tipografía Eurostile. Por último, tanto no costado da camisola como no pantalón, hai unha serie de franxas verticais de cores branca, negra e prata. Este uniforme só é usado para certos partidos na casa. Unha variación deste uniforme con detalles de camuflaxe militar foi utilizada durante dous partidos na temporada 2013−14. Outras variacións inclúen a versión con mangas utilizada en 2014−15 e a versión negra en 2015−16.

Algunha vez ao longo da temporada, os Spurs levan unha camisola na que figura a lenda "Los Spurs" en recoñecemento dos seareiros latinoamericanos tanto na casa como fóra. De feito, os Spurs foron un dos primeiros equipos da competición en facer este tipo de agradecemento. Este evento é coñecido pola NBA como "Noches Latinas", e lévase celebrando desde a temporada 2006−07 como parte da campaña de mercadotecnia "éne-bé-a". Son seis os equipos que participan na iniciativa. Os Spurs son un dos equipos da liga no que militaron máis xogadores procedentes de Latinoamérica. Alén deste uniforme, o equipo tamén ten vestido o equipamento dos Dallas / Texas Chaparrals en homenaxe á súa etapa na American Basketball Association (ABA).

Tempadas editar

Nota: As estatísticas están actualizadas até a temporada 2014−15.

Campións da NBA Campións de Conferencia Campións de División En posición de play-offs
Temporada Liga Conferencia Posto División Posto V D %V PD play-offs Premios
Dallas Chaparrals
1967–68 ABA Oeste 46 32 .590 2 Gañadas Semifinais de División (Mavericks) 3–0
Perdidas Finais de División (Buccaneers) 4–1
1968–69 ABA Oeste 41 37 .526 19 Perdidas Semifinais de División (Buccaneers) 4–3 John Beasley (AMVP)
1969–70 ABA Oeste 45 39 .536 6 Perdidas Semifinais de División (Stars) 4–2
Texas Chaparrals
1970–71 ABA Oeste 30 54 .357 28 Perdidas Semifinais de División (Stars) 4–0
Dallas Chaparrals
1971–72 ABA Oeste 42 42 .500 18 Perdidas Semifinais de División (Stars) 4–0 Tom Nissalke (COY)
1972–73 ABA Oeste 28 56 .333 27
San Antonio Spurs
1973−74 ABA Oeste 45 39 .536 6 Perdida Semifinais de División (Pacers) 4–3 Swen Nater (ROY)
1974−75 ABA Oeste 51 33 .607 14 Perdidas Semifinais de División (Pacers) 4–2
1975−76 ABA Oeste 50 34 .595 10 Perdidas Semifinais (Nets) 4–3
1976−77 NBA Leste Central 44 38 .537 5 Perdida Primeira Rolda (Celtics) 2–0
1977−78 NBA Leste Central 52 30 .634 Perdidas Semifinais de Conferencia (Bullets) 4–2
1978−79 NBA Leste Central 48 34 .585 Gañadas Semifinais de Conferencia (76ers) 4–3
Perdidas Finais de Conferencia (Bullets) 4–3
1979−80 NBA Leste Central 41 41 .500 9 Perdida Primeira Rolda (Rockets) 2–1 George Gervin (AMVP)
1980−81 NBA Oeste Medio Oeste 52 30 .634 Perdida Semifinais de Conferencia (Rockets) 4–3
1981−82 NBA Oeste Medio Oeste 48 34 .585 Gañadas Semifinais de Conferencia (SuperSonics) 4–1
Perdidas Finais de Conferencia (Lakers) 4–0
1982−83 NBA Oeste Medio Oeste 53 29 .646 Gañadas Semifinais de Conferencia (Nuggets) 4–1
Perdidas Finais de Conferencia (Lakers) 4–2
1983−84 NBA Oeste 10º Medio Oeste 37 45 .451 8
1984−85 NBA Oeste Medio Oeste 41 41 .500 11 Perdida Primeira Rolda (Nuggets) 3–2
1985−86 NBA Oeste Medio Oeste 35 47 .427 16 Perdida Primeira Rolda (Lakers) 3–0 Alvin Robertson (DPOY, MIP)
1986−87 NBA Oeste 11º Medio Oeste 28 54 .341 27
1987−88 NBA Oeste Medio Oeste 31 51 .378 23 Perdida Primeira Rolda (Lakers) 3–0
1988−89 NBA Oeste 12º Medio Oeste 21 61 .256 30
1989−90 NBA Oeste Medio Oeste 56 26 .683 Gañada Primeira Rolda (Nuggets) 3–0
Perdidas Semifinais de Conferencia (Trail Blazers) 4–3
David Robinson (ROY)
1990−91 NBA Oeste Medio Oeste 55 27 .671 Perdida Primeira Rolda (Warriors) 3–1
1991−92 NBA Oeste Medio Oeste 47 35 .573 8 Perdida Primeira Rolda (Suns) 3–0 David Robinson (DPOY)
1992−93 NBA Oeste Medio Oeste 49 33 .598 6 Gañada Primeira Rolda (Trail Blazers) 3–1
Perdidas Semifinais de Conferencia (Suns) 4–2
1993−94 NBA Oeste Medio Oeste 55 27 .671 3 Perdida Primeira Rolda (Jazz) 3–1
1994−95 NBA Oeste Medio Oeste 62 20 .756 Gañada Primeira Rolda (Nuggets) 3–0
Gañadas Semifinais de Conferencia (Lakers) 4–2
Perdidas Finais de Conferencia (Rockets) 4–2
David Robinson (MVP)
1995−96 NBA Oeste Medio Oeste 59 23 .720 Gañada Primeira Rolda (Suns) 3–1
Perdidas Semifinais de Conferencia (Jazz) 4–2
David Robinson (IBM)
1996−97 NBA Oeste 13º Medio Oeste 20 62 .244 44
1997−98 NBA Oeste Medio Oeste 56 26 .683 6 Gañada Primeira Rolda (Suns) 3–1
Perdidas Semifinais de Conferencia (Jazz) 4–1
Tim Duncan (ROY)
Avery Johnson (SPOR)
1998−99 NBA Oeste Medio Oeste 37 13 .740 Gañada Primeira Rolda (Timberwolves) 3–1
Gañadas Semifinais de Conferencia (Lakers) 4–0
Gañadas Finais de Conferencia (Trail Blazers) 4–0
Gañadas Finais da NBA (Knicks) 4–1
Tim Duncan (FMVP)
1999−00 NBA Oeste Medio Oeste 53 29 .646 2 Perdida Primeira Rolda (Suns) 3–1 Tim Duncan (AMVP)
2000−01 NBA Oeste Medio Oeste 58 24 .707 Gañada Primeira Rolda (Timberwolves) 3–1
Gañadas Semifinais de Conferencia (Mavericks) 4–1
Perdidas Finais de Conferencia (Lakers) 4–0
David Robinson (SPOR)
2001−02 NBA Oeste Medio Oeste 58 24 .707 Gañada Primeira Rolda (SuperSonics) 3–2
Perdidas Semifinais de Conferencia (Lakers) 4–1
Tim Duncan (MVP)
Steve Smith (SPOR)
2002−03 NBA Oeste Medio Oeste 60 22 .732 Gañada Primeira Rolda (Suns) 4–2
Gañadas Semifinais de Conferencia (Lakers) 4–2
Gañadas Finais de Conferencia (Mavericks) 4–2
Gañadas Finais da NBA (Nets) 4–2
Tim Duncan (MVP, FMVP)
Gregg Popovich (COY)
2003−04 NBA Oeste Medio Oeste 57 25 .695 1 Gañada Primeira Rolda (Grizzlies) 4–0
Perdidas Semifinais de Conferencia (Lakers) 4–2
2004−05 NBA Oeste Suroeste 59 23 .720 Gañada Primeira Rolda (Nuggets) 4–1
Gañadas Semifinais de Conferencia (SuperSonics) 4–2
Gañadas Finais de Conferencia (Suns) 4–1
GañadasFinais da NBA (Pistons) 4–3
Tim Duncan (FMVP)
2005−06 NBA Oeste Suroeste 63 19 .768 Gañada Primeira Rolda (Kings) 4–2
Perdidas Semifinais de Conferencia (Mavericks) 4–3
2006−07 NBA Oeste Suroeste 58 24 .707 9 Gañada Primeira Rolda (Nuggets) 4–1
Gañadas Semifinais de Conferencia (Suns) 4–2
Gañadas Finais de Conferencia]] (Jazz) 4–1
Gañadas Finais da NBA (Cavaliers) 4–0
Tony Parker (FMVP)
2007−08 NBA Oeste Suroeste 56 26 .683 Gañada Primeira Rolda (Suns) 4–1
Gañadas Semifinais de Conferencia (Hornets) 4–3
Perdidas Finais de Conferencia (Lakers) 4–1
Manu Ginóbili (SMOY)
2008−09 NBA Oeste Suroeste 54 28 .659 Perdida Primeira Rolda (Mavericks) 4–1
2009−10 NBA Oeste Suroeste 50 32 .610 5 Gañada Primeira Rolda]] (Mavericks) 4–2
Perdidas Semifinais de Conferencia (Suns) 4–0
2010−11 NBA Oeste Suroeste 61 21 .744 Perdida Primeira Rolda (Grizzlies) 4–2
2011−12 NBA Oeste Suroeste 50 16 .758 Gañada Primeira Rolda (Jazz) 4–0
Gañadas Semifinais de Conferencia (Clippers) 4–0
Perdidas Finais de Conferencia (Thunder) 4–2
Gregg Popovich (COY)
2012−13 NBA Oeste Suroeste 58 24 .707 Gañada Primeira Rolda (Lakers) 4–0
Gañadas Semifinais de Conferencia (Warriors) 4–2
Gañadas Finais de Conferencia (Grizzlies) 4–0
Perdidas Finais da NBA (Heat) 4–3
2013−14 NBA Oeste Suroeste 62 20 .756 Gañada Primeira Rolda (Mavericks) 4–3
Gañadas Semifinais de Conferencia (Trail Blazers) 4–1
Gañadas Finais de Conferencia (Thunder) 4–2
Gañadas Finais da NBA (Heat) 4–1
Gregg Popovich (COY)
Kawhi Leonard (FMVP)
2014−15 NBA Oeste Suroeste 55 27 .671 1 Perdida Primeira Rolda (Clippers) 4–3 Kawhi Leonard (DPOY)

Rexistro histórico editar

Temporada regular play-offs Total
Vitorias Derrotas % Vitorias Derrotas % Vitorias Derrotas %
Dallas/Texas Chaparrals (ABA) (1967–1973) 232 260 .472 10 20 .333 242 280 .464
San Antonio Spurs (ABA) (1973–1976) 146 106 .579 8 12 .400 154 118 .566
Total ABA 378 366 .508 18 32 .360 396 398 .499
San Antonio Spurs (NBA) (1976–presente) 1.884 1.184 .614 197 156 .558 2.081 1.340 .608
Total Spurs 2.030 1.290 .611 205 168 .550 2.235 1.458 .605
Total franquía 2.262 1.550 .593 215 188 .533 2.477 1.738 .588

Xogadores editar

Cadro actual editar

San Antonio Spurs 2023–2024
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
A/AP 26   Barlow, Dominick 2.06 m (6 ft 9 in) 97 kg (214 lb) Overtime Elite
AP/P 28   Bassey, Charles 2.06 m (6 ft 9 in) 104 kg (230 lb) Western Kentucky
E/A 22   Branham, Malaki 1.96 m (6 ft 5 in) 82 kg (180 lb) Ohio State
E/A 30   Champagnie, Julian 2.01 m (6 ft 7 in) 98 kg (217 lb) St. John's
E/A 25   Cissoko, Sidy 1.98 m (6 ft 6 in) 99 kg (219 lb) Francia
AP/P 23   Collins, Zach 2.11 m (6 ft 11 in) 113 kg (250 lb) Gonzaga
A/AP 29   Diakite, Mamadi 2.06 m (6 ft 9 in) 103 kg (228 lb) Virginia
B/E 7   Duke, David Jr. 1.93 m (6 ft 4 in) 93 kg (204 lb) Providence
B/E 4   Graham, Devonte' 1.85 m (6 ft 1 in) 88 kg (195 lb) Kansas
E/A 3   Johnson, Keldon 1.96 m (6 ft 5 in) 96 kg (211 lb) Kentucky
B/E 33   Jones, Tre 1.91 m (6 ft 3 in) 84 kg (185 lb) Duke
AP/P 54   Mamukelashvili, Sandro 2.08 m (6 ft 10 in) 109 kg (240 lb) Seton Hall
A/AP 17   McDermott, Doug 2.01 m (6 ft 7 in) 102 kg (225 lb) Creighton
A/AP 16   Osman, Cedi 2.01 m (6 ft 7 in) 104 kg (230 lb) Turquía
A/AP 10   Sochan, Jeremy 2.06 m (6 ft 9 in) 104 kg (230 lb) Baylor
E/A 24   Vassell, Devin 1.96 m (6 ft 5 in) 91 kg (200 lb) Florida State
AP/P 1   Wembanyama, Victor 2.24 m (7 ft 4 in) 95 kg (210 lb) Francia
B/E 14   Wesley, Blake 1.96 m (6 ft 5 in) 84 kg (185 lb) Notre Dame
Adestrador
Asistente(s)

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  •   Mancado

Cadro
Actualizado: 20-01-2024

Líderes históricos editar

Negra indica que o xogador segue en activo na franquía. Cursiva indica que o xogador segue en activo, mais non na franquía. "Nome*" inclúe puntos anotados para o equipo na época da ABA.

Puntos anotados (temporada regular) (a finais da temporada 2014−15)[23]

  1. Tim Duncan (25 974)
  2. George Gervin* (23 602)
  3. David Robinson (20 790)
  4. Tony Parker (17 027)
  5. Manu Ginobili (12 395)
  6. James Silas* (10 290)
  7. Mike Mitchell (9 799)
  8. Sean Elliott (9 659)
  9. Larry Kenon* (8 428)
  10. Avery Johnson (6 486)
  11. Rich Jones* (6 466)
  12. Alvin Robertson (6 285)
  13. Artis Gilmore (6 127)
  14. John Beasley* (5 983)
  15. Willie Anderson (5 946)
  16. Mark Olberding* (5 626)
  17. Billy Paultz* (5 297)
  18. Terry Cummings (5 181)
  19. Johnny Moore (4 890)
  20. Vinny Del Negro (4 844)
  21. Cincinnatus Powell* (4 392)
  22. Bruce Bowen (4 061)
  23. Donnie Freeman* (3 920)
  24. Coby Dietrick* (3 857)
  25. Glen Combs* (3 839)
  26. Malik Rose (3 815)
  27. Gene Banks (3 800)
  28. Joe Hamilton* (3 781)
  29. Ron Boone* (3 495)
  30. Matt Bonner (3 384)

Outras estatísticas (temporada regular) (a finais da temporada 2014−15)[24]

Minutos xogados

  1. Tim Duncan (45 832)
  2. David Robinson (34 271)
  3. Tony Parker (32 638)
  4. George Gervin* (31 115)
  5. Manu Ginobili (23 135)

Rebotes

  1. Tim Duncan (14 644)
  2. David Robinson (10 497)
  3. George Gervin* (4 841)
  4. Larry Kenon* (4 114)
  5. John Beasley* (3 673)

Asistencias

  1. Tony Parker (5 970)
  2. Avery Johnson (4 474)
  3. Tim Duncan (4 062)
  4. Johnny Moore (3 865)
  5. Manu Ginobili (3 478)

Roubos

  1. David Robinson (1 388)
  2. Manu Ginobili (1. 201)
  3. George Gervin* (1 159)
  4. Alvin Robertson (1 128)
  5. Johnny Moore (1 017)

Tapóns

  1. David Robinson (2 954)
  2. Tim Duncan (2 941)
  3. George Gervin* (938)
  4. Billy Paultz* (796)
  5. Artis Gilmore (700)

Dorsais retirados editar

Os seguintes son os dorsais retirados polos San Antonio Spurs para honrar a algúns dos xogadores máis importantes da historia da franquía. O 9 de xullo de 2015, os Spurs permitiron utilizar o dorsal co número 12 a LaMarcus Aldridge coa aprobación de Bruce Bowen.[25]

Dorsais retirados polos San Antonio Spurs
Xogador Posición Período Data de retiro do Nº
6 Avery Johnson B 1980–1988, 1989–1990 22 de decembro de 2007
12 Bruce Bowen A 1991, 1992–1993, 1994–2001 21 de marzo de 2012
13 James Silas B 2001–2009 28 de febreiro de 1984
20 Manu Ginóbili E 2002–2018 28 de marzo de 2019
21 Tim Duncan AP 1997–2016 19 de decembro de 2016
32 Sean Elliott A 1972–1981 6 de marzo de 2005
44 George Gervin E 1989–1993, 1994–2001 5 de decembro de 1987
50 David Robinson P 1974–1985 10 de novembro de 2003
00 Johnny Moore B 1989–2003 1998

Basketball Hall of Fame editar

Membros do Basketball Hall of Fame dos San Antonio Spurs
Xogadores
Nome Posición Período Ano de ingreso
34 Cliff Hagan 1 A 1967–69 1978
44 George Gervin 2 E 1974–85 1996
2 Moses Malone P 1994–95 2001
21 Dominique Wilkins A 1996–97 2006
50 David Robinson 3 P 1989–03 2009
53 Artis Gilmore P 1982–87 2011
10 Dennis Rodman AP 1993–95 2011
10 Louie Dampier B 1976–79 2015
Adestradores
Nome Posición Período Ano de ingreso
Larry Brown Adestr. 1988–92 2002
Jerry Tarkanian Adestr. 1992 2013
Notas:
  • 1 Xogou e adestrou (1967–70) para o equipo coñecido como Dallas Chaparrals (ABA).
  • 2 Comezou a xogar para o equipo durante a súa época na ABA.
  • 3 En total, Robinson foi incluído no Hall of Fame dúas veces: como xogador e como membro Equipo Olímpico de 1992.

Galardóns individuais editar

Adestradores editar

Pasou toda a súa carreira de adestrador NBA cos Spurs
Elixido no Basketball Hall of Fame coma adestrador
Basketball Hall of Fame coma adestrador e pasou toda a súa carreira de adestrador NBA cos Spurs
 
Gregg Popovich.
# Nome Período P V D % P V D % Logros
Temporada regular play-offs
1 Hagan, CliffCliff Hagan 1967–1970 199 109 90 .548 15 7 8 .467
2 Williams, MaxMax Williams 1970 60 28 32 .467 6 2 4 .333
3 Blakeley, BillBill Blakeley 1970–1971 65 25 40 .385 4 0 4 .000
4 Nissalke, TomTom Nissalke 1971–1972 84 42 42 .500 4 0 4 .000
5 McCarthy, BabeBabe McCarthy 1972–1973 72 24 48 .333
6 Brown, DaveDave Brown 1973 12 4 8 .333
Nissalke, TomTom Nissalke 1973–1974 112 63 49 .563 7 3 4 .428
7 Bass, BobBob Bass 1974–1976 140 83 57 .593 13 5 8 .385
8 Moe, DougDoug Moe 19761980 312 177 135 .567 22 9 13 .409
Bass, BobBob Bass 1980 16 8 8 .500 3 1 2 .333
9 Albeck, StanStan Albeck 19801983 246 153 93 .622 27 13 14 .481
10 McHone, MorrisMorris McHone 1983 31 11 20 .355
Bass, BobBob Bass 19831984 51 26 25 .510
11 Fitzsimmons, CottonCotton Fitzsimmons 19841986 164 76 88 .463 8 2 6 .250
12 Weiss, BobBob Weiss 19861988 164 59 105 .360 3 0 3 .000
13 Brown, LarryLarry Brown 19881992 284 153 131 .539 14 7 7 .500
Bass, BobBob Bass 1992 44 26 18 .591 3 0 3 .000
14 Tarkanian, JerryJerry Tarkanian 1992 20 9 11 .450
15 Hughes, RexRex Hughes 1992 1 1 0 1.000
16 Lucas II, JohnJohn Lucas II 19921994 143 94 49 .657 14 6 8 .428
17 Hill, BobBob Hill 19941996 182 124 58 .681 25 14 11 .560
18 Popovich, GreggGregg Popovich 1996 1492 1022 470 .685 243 151 92 .621 Tres veces AdA (2003, 2012, 2014) / Cinco títulos (1999, 2003, 2005, 2007, 2014)

Notas editar

  1. "Artis Gilmore Bio". NBA.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "NBA & ABA Rookie of the Year Award Winners". Basketball-Referencia (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2015. Consultado o 22 de novembro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 "Historical Moments". The Sports E-Cyclopedia (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2015. 
  4. Baker, Chris (2 de outubro de 1993). "Spurs Give Rodman Fresh Start". Los Angeles Times (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2015. 
  5. Brown, Clifton (3 de outubro de 1995). "Unhappy Rodman Is Dealt From Spurs to the Bulls". The New York Times (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2015. 
  6. Greenberg, Alan (15 de decembro de 1996). "Popovich Shows Poor Timing In Spurs Takeover". Hartford Courant (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2015. Consultado o 22 de novembro de 2015. 
  7. "1997 NBA Draft". Basketball-Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2017. Consultado o 22 de novembro de 2015. 
  8. "1997-98 San Antonio Spurs Roster and Stats". Basketball-Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2015. Consultado o 22 de novembro de 2015. 
  9. "NBA: Spurs vencem jogo 5 e alcançam título em Nova York". Record. 26 xuño de 1999. Consultado o 22 de novembro de 2015. 
  10. Broussard, Chris (18 de xuño de 1999). "Attendance Record Nearly Set". The New York Times (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2015. 
  11. "1999-00 San Antonio Spurs Roster and Stats". Basketball-Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2015. Consultado o 22 de novembro de 2015. 
  12. "2002 Playoffs Result". NBA.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2010. Consultado o 23 de novembro de 2015. 
  13. 13,0 13,1 "San Antonio Spurs Logo History". Sports Tem History (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2015. Consultado o 23 de novembro de 2015. 
  14. "2002-03 San Antonio Spurs Roster and Stats". Basketball-Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2015. Consultado o 23 de novembro de 2015. 
  15. "2003 NBA Finals". Basketball-Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2015. Consultado o 23 de novembro de 2015. 
  16. "2003-04 San Antonio Spurs Roster and Stats". Basketball-Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2012. Consultado o 23 de novembro de 2015. 
  17. "2004-05 San Antonio Spurs Roster and Stats". Basketball-Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2012. Consultado o 23 de novembro de 2015. 
  18. "2005-06 San Antonio Spurs Roster and Stats". Basketball-Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2015. Consultado o 24 de novembro de 2015. 
  19. "Parker é o primeiro europeu a ser electo MVP das finais". UOL Esporte. 17 de xuño de 2007. Consultado o 24 de novembro de 2015. 
  20. "LeBron James, Heat beat Spurs for second straight NBA title". ESPN (en inglés). 21 de xuño de 2013. Consultado o 24 de novembro de 2015. 
  21. Álvarez, Robert (16 de xuño de 2014). "Los Spurs deslumbran y destronan a LeBron James". El País (en castelán). Consultado o 24 de novembro de 2015. 
  22. "San Antonio Spurs Logo". SportsLogos.net (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2015. 
  23. "Spurs: Players". Basketball Reference (en inglés). 15 de xuño de 2015. Consultado o 7 de novembro de 2015. 
  24. "San Antonio Spurs Career Leaders". Basketball Reference (en inglés). 15 de xuño de 2015. Consultado o 7 de novembro de 2015. 
  25. "With Bowen's blessing, Spurs to give No. 12 to Aldridge". MySA. 9 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2015. Consultado o 16 de novembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar