Tempada 2004-05 da NBA
A tempada 2004/05 da NBA foi a quincuaxésimo novena na historia da liga. Deu comezo o 2 de novembro de 2004 e rematou o 20 de abril de 2005. A tempada finalizou con San Antonio Spurs coma campións da NBA tras derrotar a Detroit Pistons por 4-3.
NBA 2004-05
| |
---|---|
Liga | National Basketball Association |
Deporte | Baloncesto |
Duración | 2 de novembro – 23 de xuño |
1ª posición Draft | ![]() |
Elixido por | Orlando Magic |
Tempada regular
| |
Mellor rexistro | Phoenix Suns |
MVP | ![]() |
Anotador | ![]() |
Playoffs
| |
Conf. Leste | Detroit Pistons |
Subcampión | Miami Heat |
Conf. Oeste | San Antonio Spurs |
Subcampión | Phoenix Suns |
Finais
| |
Campión | San Antonio Spurs |
Subcampión | Detroit Pistons |
MVP | ![]() |
National Basketball Association
| |
← 2003-04 | 2005-06 → |
Aspectos destacados Editar
- Charlotte Bobcats debutou esta tempada e converteuse no 30º equipo da NBA. A súa tempada a xogaron no Charlotte Coliseum.
- Modificouse o formato de divisións, ampliándose a 6 de 5 equipos cada unha.
- O NBA All-Star Game xogouse o 22 de febreiro de 2006 no Pepsi Center de Denver, onde gañou o Leste 125-115. Allen Iverson foi nomeado MVP do partido por segunda vez na súa carreira.
- Durante o All-Star Weekend, Quentin Richardson gañou o Concurso de Triplas, Steve Nash o Concurso de Habilidades, e Diana Taurasi, Dan Majerle e Shawn Marion o Concurso Shooting Stars; sendo todas elas vitorias dos Phoenix Suns. Amare Stoudemire participou no Concurso de Mates, pero non puido completar o éxito dos Suns.
- Antes da tempada, Shaquille O'Neal foi traspasado a Miami Heat debido ao enfrontamento e as disputas co seu compañeiro de equipo Kobe Bryant. Phil Jackson tamén deixou o banco dos Lakers, sendo substituído por Rudy Tomjanovich, mentres que os anxelinos quedaríanse fóra dos playoffs por quinta vez na súa historia.
- Memphis Grizzlies disputou os seus partidos por primeira vez no novo FedExForum.
- O 13 de marzo de 2005, Donyell Marshall de Toronto Raptors anotou 12 triplas ante Philadelphia 76ers, igualando a marca de Kobe Bryant de máis triplas anotadas nun partido. Marshall conseguiuno con 19 intentos, mentres que Bryant fixo o propio cun menos.
- O 19 de novembro de 2004 no The Palace of Auburn Hills, produciuse unha auténtica batalla campal, a falta de 45.9 segundos para o final, entre xogadores tanto de Indiana Pacers como de Detroit Pistons con espectadores. As sancións non tardaron en chegar, sendo a máis longa da historia da NBA para Ron Artest con 73 partidos.
- Os Chicago Bulls clasificáronse para playoffs por primeira vez desde 1998, ano do seu último campionato. Tras comezar a tempada 0-9, levantou o voo liderado por Ben Gordon, Eddy Curry, Kirk Hinrich e Luol Deng, entre outros. O seu equipo era un dos máis novos da historia.
- Os Washington Wizards conseguiron entrar en playoffs por primeira vez dende que cambiaron o seu nome de Bullets a Wizards na tempada 1997-98.
Clasificacións Editar
|
|
* V: Vitorias * D: Derrotas * %V: Porcentaxe de vitorias * P: Partidos de diferenza respecto á primeira posición
Estadísticas Editar
Categoría | Xogador | Equipo | Número/Porcentaxe |
---|---|---|---|
Puntos por partido | Allen Iverson | Philadelphia 76ers | 30.7 |
Rebotes por partido | Kevin Garnett | Minnesota Timberwolves | 13.5 |
Asistencias por partido | Steve Nash | Phoenix Suns | 11.5 |
Roubos por partido | Larry Hughes | Washington Wizards | 2.9 |
Tapóns por partido | Andréi Kirilenko | Utah Jazz | 3.3 |
Porcentaxe de tiros de campo | Shaquille O'Neal | Miami Heat | 60.0% |
Porcentaxe de tiros libres | Reggie Miller | Indiana Pacers | 93.3% |
Porcentaxe de triplas | Fred Hoiberg | Minnesota Timberwolves | 48.3% |
Premios Editar
- MVP da Tempada da NBA
- Mellor Defensor da NBA
- Rookie do ano da NBA
- Mellor Sexto Home da NBA
- Xogador Máis Mellorado da NBA
- Adestrador do Ano da NBA
- Primeiro Quinteto da Tempada
- F - Tim Duncan, San Antonio Spurs
- F - Dirk Nowitzki, Dallas Mavericks
- C - Shaquille O'Neal, Miami Heat
- G - Allen Iverson, Philadelphia 76ers
- G - Steve Nash, Phoenix Suns
- Segundo Quinteto da Tempada
- Terceiro Quinteto da Tempada
- Primeiro Quinteto Defensivo
- Segundo Quinteto Defensivo
- F - Tayshaun Prince, Detroit Pistons
- C - Marcus Camby, Denver Nuggets
- G - Chauncey Billups, Detroit Pistons
- F - Andréi Kirilenko, Utah Jazz
- G - Jason Kidd, New Jersey Nets
- G - Dwyane Wade, Miami Heat
- Primeiro Quinteto de Rookies
- Segundo Quinteto de Rookies