Dan Majerle
Daniel Lewis Majerle, nado o 9 de setembro de 1965 en Traverse City, Míchigan, é un ex xogador de baloncesto estadounidense que xogou na National Basketball Association (NBA) dende 1988 até 2002. Xogaba nas posicións de escolta e aleiro.
Dan Majerle | |
---|---|
Posición | Escolta / Aleiro |
Dorsal | 9 |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 101 kg (222 lb) |
Nacemento | 9 de setembro de 1965 (58 anos)![]() |
Carreira | |
Universidade | Central Michigan (1984–1988) |
NBA Draft | 1985 / Rolda: 1 / Elección: 14 Por Phoenix Suns |
Tempadas | 1988–2002 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 10 925 (11,4 pp) |
Roubos | 1 194 (1,3 pp) |
Triplas | 1 360 |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Adestrador | |
|
Traxectoria Editar
Xogador Editar
Majerle foi seleccionado na 14ª posición do Draft da NBA de 1988 polos Phoenix Suns. Xogou 14 anos na NBA, maiormente nos Phoenix Suns, e tamén nos Miami Heat e os Cleveland Cavaliers. Foi elixido tres veces para xogar o NBA All-Star Game, en 1992, 1993 e 1995.
Gañou a medalla de bronce coa selección dos Estados Unidos nos Xogos Olímpicos de 1988, e a medalla de ouro no Campionato do Mundo da FIBA de 1994.[1]
Adestrador Editar
Majerle foi adestrador asistente dos Phoenix Suns de 2008 a 2013. O 15 de marzo de 2013, anunciouse que Majerle ía adestrar á Grand Canyon University na súa primeira tempada coma equipo da Division I da NCAA.
Notas Editar
- ↑ "1994 USA Basketball". Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2007. Consultado o 31 de maio de 2013.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Perfil en NBA.com
- Estatísticas de Dan Majerle Arquivado 01 de decembro de 2020 en Wayback Machine.