Xogos Olímpicos de 1988
Os Xogos Olímpicos de 1988, oficialmente chamados Xogos da XXIV Olimpíada, foron realizados en Seúl, capital da Corea do Sur, entre o 17 de setembro e o 2 de outubro de 1988, coa participación récord de 159 países e 8.465 atletas, entre eles 2.194 mulleres.
Sede | Seúl, ![]() |
---|---|
Lema | Harmony and Progress (en coreano: 화합과 전진) |
Nacións | 159 |
Atletas | 8 391 (6 197 homes, 2 194 mulleres) |
Eventos | 237 en 23 deportes (31 disciplinas) |
Apertura | 17 de setembro de 1988 |
Clasura | 2 de outubro de 1988 |
Inaugurado por | Presidente Roh Tae-woo[1] |
Lapa olímpica | Sohn Kee-chung Chung Sun-man Kim Won-tak[1][2] |
Estadio | Estadio Olímpico de Seúl |
Após os boicots ocorridos nos xogos anteriores en Montreal, Moscova e Os Ánxeles, estes Xogos tiveron a presenza de estados de todo o planeta, a excepción de Corea do Norte, a súa veciña comunista, que non tivo atendido o seu pedido para unha co-participación como sede olímpica e de Cuba.
Países como Etiopía, Illas Seychelles e Nicaragua tampouco participaron debido a dificultades económicas para enviaren os seus equipos.
Os Xogos de Seúl lémbranse polo seu suceso máis escandaloso: o dopaxe do velocista canadense Ben Johnson, que conseguira unha medalla de ouro e unha marca mundial na proba dos 100 metros lisos.
Modalidades disputadas Editar
Cadro de medalhas Editar
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | Unión Soviética | 55 | 31 | 46 | 132 |
2 | Alemaña Oriental | 37 | 35 | 30 | 102 |
3 | Estados Unidos | 36 | 31 | 27 | 94 |
4 | Corea do Sur | 12 | 10 | 11 | 33 |
5 | Alemaña | 11 | 14 | 15 | 40 |
6 | Hungría | 11 | 6 | 6 | 23 |
7 | Bulgaria | 10 | 12 | 13 | 35 |
8 | Romanía | 7 | 11 | 6 | 24 |
9 | Francia | 6 | 4 | 6 | 16 |
10 | Italia | 6 | 4 | 4 | 14 |
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 "Factsheet - Opening Ceremony of the Games of the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 9 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018.
- ↑ "Seoul 1988 Torch Relay". www.olympic.org. Consultado o 2 de xuño de 2018.