Natación sincronizada

disciplina que combina natación, ximnasia e danza

A natación Sincronizada é unha disciplina derivada da natación e que consiste nunha especie de ballet na auga onde as competidoras (maioritariamente mulleres) realizan unha coreografía flotando e facendo figuras acrobáticas guiadas en gran parte pola música. Combina a natación, a danza e a ximnasia e é un deporte olímpico.

Equipo Ruso de natación sincronizada

Existen tres modalidades de competicións: individual, dúos e por equipos. Seguindo o ritmo da música, as nadadoras realizan figuras acrobáticas na piscina, tanto baixo a auga como na superficie.

Historia

editar

A natación sincronizada tivo a súa orixe en Europa, en tempos da segunda guerra mundial, onde se realizaban impresionantes shows acuáticos con música. A pesar disto, foi en Estados Unidos onde obtivo maior importancia e transcendencia.

Competición

editar

A competición en categoría absoluta (a competición en menores de 18 anos componse de figuras e exercicio libre) divídese en dous partes: exercicio técnico e exercicio libre. Os xuíces puntúan a calidade técnica e a artística de ambos exercicios cun máximo de 10 puntos. As atletas poden ser penalizadas se tocan o fondo da piscina ou se apoian nos bordos.

Exercicio técnico

editar

As nadadoras deben realizar un serie de elementos obrigatorios. Estas deben realizarse nunha orde e dentro de tempo límite determinado. Nas competicións individuais, teñen 2 minutos para facer 7 elementos obrigatorios; nos dúos, 2,20 para facer 9 elementos non permitíndose accións de espello; e nas de equipo, 2,50 para facer 10 elementos e polo menos unha formación circular e unha en liña recta. O exercicio técnico representa o 50 % da puntuación final na competición, aínda que pode establecerse que teña un valor do 100%, establecéndose a clasificación con independencia do exercicio libre. Así se fixo no Campionato do Mundo en 2007, onde houbo medallas en exercicios técnicos (solo, dúo e equipo) e en exercicios libres (solo, dúo e equipo)

Exercicio libre

editar

Aquí, as nadadoras engaden toques persoais e artísticos ás súas actuacións sen necesidade de realizar ningún elemento obrigatorio. Normalmente, as nadadoras comezan fóra da piscina, tendo 10 segundos para meterse na auga. O exercicio libre representa o 50 % da puntuación final na competición, salvo o xa dito anteriormente.

Exercicios

editar

As nadadoras crean exercicios (ou "rutinas") facendo combinacións de posicións básicas e transicións, chamadas figuras. Nas súas actuacións, utilizan transicións creativas para moverse dun lado a outro da piscina, xa que os exercicios deben facerse percorrendo a mesma en toda a súa extensión.

Os dúos, esixen unha perfecta coordinación das dúas nadadoras, ademais dunha boa sincronización co corpo da compañeira. Na rutina libre, non están obrigadas a realizar as figuras ó mesmo tempo, pero os seus movementos deben estar coordinados artisticamente.

Equipo

editar

De catro a oito participantes son as que o compoñen, deben actuar sincronizadas perfectamente, aínda que non todas realicen as mesmas figuras. As actuacións por equipos requiren moitas horas de adestramento. En competicións oficiais de categoría absoluta deben realizar un exercicio técnico e outro exercicio libre.

Combo ou Combinado Libre

editar

É outra modalidade da natación sincronizada. É igual que a modalidade de equipo pero inclúe individuais e solos. É un exercicio libre.

Outros datos de interese

editar
  • As nadadoras de nado sincronizado poden escoitar a música debaixo da auga a través de bucinas colocadas na auga, chamadas subacuáticos.
  • As nadadoras de natación sincronizada non tocan o fondo da piscina durante as rutinas, os saltos son a pulso.
  • As nadadoras de natacion sincronizada manteñen os seus ollos abertos debaixo da auga.
  • A peza máis importante do equipo das nadadoras de natación sincronizada é o clip (pinzas)que inseren na parte externa do nariz. Este serve para evitar que a auga entre en cavidade nasal cando as súas cabezas están viradas cara a abaixo dentro da auga.
  • Xeralmente as nadadoras de natacion sincronizada manteñen un nose clip ou pinzas extra adherido ó seu traxe de baño, só para o caso onde se perda o que teñen colocado no nariz.
  • O nivel elite de natación sincronizada pode nadar debaixo da auga ata por 75 m (aproximadamente 225 pés) sen saír a tomar aire á superficie.
  • A nadadora española máis importante nesta modalidade é Gemma Mengual.