Unha piscina é un lugar onde se practica a natación e outros deportes acuáticos coma o wáter-polo. Empréganse derivados de cloro para mantelas limpas, e contrólase a súa pH e en ocasións ata a temperatura da auga.

Piscina na Universidade de Stirling
Piscina residencial en México

Así mesmo, existen varias modalidades, como as fixas, as portátiles e as desmontables. E de distintos materiais, como poliéster, de concreto, recubertas de mosaico etc.

Dentro do ámbito deportivo podemos diferenciar tres grandes tipos de piscinas: a piscina de 50 metros, ou piscina olímpica, denominada así por ser a piscina oficial dos Xogos Olímpicos, a piscina de 25 metros e a piscina de saltos, de menores dimensións. Os seus usos deportivos son moi variados, utilizándose no campo da natación, o wáter-polo, a natación sincronizada ou os saltos.

Coidado da piscina editar

No coidado da auga dunha piscina é necesario ter en conta unha serie de parámetros:

Parámetros normais nunha piscina
Porcentaxe de cloro libre 1,5 - 2,0 mg/L (1,5 - 2,0 ppm) O cloro pode engadirse directamente, ou producirse mediante hidrólisis de sales.
Salinidade 4 g/L (4 kg/m³) De cando en vez, pode ser necesaria a achega de sal.
pH 7,2 - 7,6 (ideal 7,2 - 7,4) Pode reducirse mediante a adición de ácido, e aumentarse mediante a adición dunha base (pH ), tal como o bicarbonato sódico, de fórmula NaHCO3.
Alcalinidade total 8 - 15 °F (80 - 150 ppm) Unha alcalinidad elevada produce un nivel de pH inestable
Dureza da auga < 40 °F (<400 ppm) Para reducir a dureza da auga, realízase un proceso de descarbonatación, mediante a adición de carbonato de sodio, de fórmula Na2 CO3.

Piscinas de Galicia editar