Xogos Olímpicos de 1984
Os Xogos Olímpicos de 1984 foron realizados na cidade dos Ánxeles, EUA, entre o 28 de xullo e 12 de agosto de 1984, sen a participación dos países da Europa Oriental, liderados pola URSS, ademais de países comunistas como Cuba, Corea do Norte e Etiopía, en resposta ó boicot liderado polos norteamericanos ós Xogos de Moscova, realizados catro anos antes.
Sede | Os Ánxeles, California, Estados Unidos |
---|---|
Lema | Play a Part in History |
Nacións | 140 |
Atletas | 6 829 (5 263 homes, 1 566 mulleres) |
Eventos | 221 en 21 deportes (29 disciplinas) |
Apertura | 28 de xullo de 1984 |
Clasura | 12 de agosto de 1984 |
Inaugurado por | Presidente Ronald Reagan[1] |
Lapa olímpica | Rafer Johnson[1] |
Estadio | Los Angeles Memorial Coliseum |
A pesar do boicot, que prexudicou o nivel técnico de varias modalidades dominadas polos europeos do leste e polos cubanos, Os Ánxeles –candidata única á realización destes Xogos, debido ó receo xeral provocado polos grandes prexuízos económicos sufridos por Montreal nos seus Xogos Olímpicos de 1976- recibiu a presenza dun número récord de atletas, 6.829 (1566 mulleres, outro récord) de 140 países e foi cuberto por máis de 9.000 xornalistas de todo mundo.
A rica e suntuosa cerimonia de apertura, oficialmente feita polo presidente Ronald Reagan, un nativo do estado de California, sede dos Xogos, ocorreu no mesmo estadio olímpico, o Memorial Colyseum completamente remodelado, onde foron realizados xa os Xogos Olímpicos de 1932 e contou coa emoción da entrada da chama olímpica cargada pola neta de Jesse Owens, o máis emblemático dos heroes olímpicos americanos e gran nome dos Xogos Olímpicos de 1936 de Berlín, alén da inesquecible participación do home-foguete, nunha demostración da tecnoloxía dos anfitrións.
Mais o feito máis importante destes Xogos foi o anuncio, feito polo Presidente do Comité Organizador Peter Ueberroth meses após o seu termo, de que deran un beneficio de 200 millóns de dólares, alén do lucro indirecto á propia cidade, o que significaba que os Xogos Olímpicos poderían ser economicamente viables, afastando a sombra dunha extinción provocada pola imposibilidade económica que vagaba sobre eles.
BoicotEditar
Despois dos Xogos Olímpicos de 1980, que foran boicoteados polos Estados Unidos e varios países do bloque capitalista, foi a quenda da Unión Soviética, Cuba, Alemaña Oriental e demais países do Pano de Aceiro e do mundo comunista para boicotearen os Xogos dos Ánxeles. Os soviéticos alegaron falta de seguranza ós seus atletas, e anunciaron súa decisión de non competir nos Xogos o 8 de maio de 1984.
Modalidades disputadasEditar
Cadro de medallasEditar
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | Estados Unidos | 83 | 61 | 30 | 174 |
2 | Romanía | 20 | 16 | 17 | 53 |
3 | Alemaña | 17 | 19 | 23 | 59 |
4 | China | 15 | 8 | 9 | 32 |
5 | Italia | 14 | 6 | 12 | 32 |
6 | Canadá | 10 | 18 | 16 | 44 |
7 | Xapón | 10 | 8 | 14 | 32 |
8 | Nova Zelandia | 8 | 1 | 2 | 11 |
9 | Iugoslavia | 7 | 4 | 7 | 18 |
10 | Corea do Sur | 6 | 6 | 7 | 19 |
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Factsheet - Opening Ceremony of the Games of the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 9 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018.