Xogos Olímpicos de 1976
Os Xogos Olímpicos de 1976 foron realizados en Montreal, Canadá, entre o 17 de xullo e o 1 de agosto de 1976, coa participación de 6.804 atletas de 92 estados competindo en 21 deportes, foron os primeiros marcados por un grande boicot de estados integrantes do movemento olímpico.
![]() | |
Sede | Montreal, Canadá |
---|---|
Nacións | 92 |
Atletas | 6 084 (4 824 homes, 1 260 mulleres) |
Eventos | 198 en 21 deportes (27 disciplinas) |
Apertura | 17 de xullo de 1976 |
Clasura | 1 de agosto de 1976 |
Inaugurado por | Isabel II do Reino Unido[1] |
Lapa olímpica | Stéphane Préfontaine Sandra Henderson[1] |
Estadio | Estadio Olímpico de Montreal |
Historia e características editar
Lideradas pola República do Congo, 26 estados africanos, Iraq e Güiana recusaron participar nos Xogos, en protesta pola recusa do Comité Olímpico Internacional en impedir a participación neles de Nova Zelandia, que mandara a un famoso equipo de rugby local de excursión por Suráfrica, país apartado da comunidade deportiva internacional pola súa política racial do Apartheid, facendo que o nivel de diversas probas do atletismo ficase abaixo do se podería agardar, xa que os africanos dominaban esas probas.
Montreal, conquistou o dereito de sediar os Xogos contra cidades importantes como Os Ánxeles e Moscova.
Economicamente, os Xogos foron un fracaso, causando o maior prexuízo financeiro da historia da competición, máis de 2 billóns de dólares americanos, levando ao Canadá a pasar décadas até conseguir eliminar a débeda contraída para a organización do evento. No campo deportivo, unha nova decepción, por primeira e única vez na historia, o país anfitrión terminaría a competición sen conseguir conquistar unha única medalla de ouro.
Nestes xogos introducíronse as modalidades femininas do baloncesto, balonmán e remo.
Fitos editar
- A ximnasta romanesa Nadia Comăneci, de apenas 14 anos, foi a grande estrela de Montreal, ao ser a primeira atleta da historia en recibir a nota perfecta de 10.0 neste deporte, na modalidade de barras asimétricas. A nota tivo que ser presentada nos marcadores eletrónicos do ximnasio como 1.00, pois non fora fabricado para presentar dous díxitos antes da división da fracción, xa que a nota 10 era considerada imposible. Comaneci conquistou tres medallas de ouro e recibiu outras sete notas de 10 do equipo de xurados durante a competición.
- A ximnasta soviética de ascendencia mongol Nelly Kim tamén conquistou tres medallas de ouro.
- O ximnasta xaponés Shun Fujimoto conquistou unha excelente nota de 9.7 nas argolas, axudando a conseguir a medalla de ouro por equipos para Xapón, que disputaba a lideranza lado a lado coa URSS. Fujimoto realizou a proba co xeonllo quebrado. Anos despois, cando lle preguntaron se o volvería a facer, respondeu con contundencia: "Non, non o faría".[2]
- O soviético Viktor Saneyev consagrouse tricampión olímpico do triplo salto, derrotando o entón marquista mundial, o brasileiro João Carlos de Oliveira.
- Clarence Hill, das Bermudas, conquistou a medalla de bronce na categoría super-pesado do boxeo, dando ó seu país a honra de se tornar no de menor poboación do mundo (53 500 habitantes na época) en gañar unha medalla nuns Xogos Olímpicos.[3]
- Jim Montgomery foi a primeira persoa que baixou dos 50 segundos nadando os 100 m libres, gañando na final con 49.99.
- A República Democrática Alemá superou todas as expectativas finalizando segunda en número de medallas de ouro. Por exemplo, o equipo feminino de natación gañou todos os ouros agás dous, e Kornelia Ender gañou catro. Porén, estes éxitos foron logo socavados debido á dopaxe sistemática organizado polas autoridades deportivas.[4]
Modalidades disputadas editar
Cadro de medallas editar
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | URSS | 49 | 41 | 35 | 125 |
2 | Alemaña do Leste | 40 | 25 | 25 | 90 |
3 | Estados Unidos | 34 | 35 | 25 | 94 |
4 | Alemaña do Oeste | 10 | 12 | 17 | 39 |
5 | Xapón | 9 | 6 | 10 | 25 |
6 | Polonia | 7 | 6 | 13 | 26 |
7 | Bulgaria | 6 | 9 | 7 | 22 |
8 | Cuba | 6 | 4 | 3 | 13 |
9 | Romanía | 4 | 9 | 14 | 27 |
10 | Hungría | 4 | 5 | 13 | 22 |
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 "Factsheet - Opening Ceremony of the Games of the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 9 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018.
- ↑ "Fujimoto caps Japanese success", BBC, 29 de setembro de 2000
- ↑ Plautz, Jason (26 de xullo de 2012). "The 21 Countries With One Olympic Medal" (en inglés). mentalfloss.com.
- ↑ "Doping Scandal of East Germany in the 1970s". YouTube. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 06 de agosto de 2021.