Os Boston Celtics son un equipo profesional estadounidense de baloncesto con sede en Boston, Massachusetts, que xoga na División Atlántico da Conferencia Leste na National Basketball Association (NBA). Os Celtics foron fundados en 1946 e son propiedade de Boston Basketball Partners LLC. Con dezasete campionatos son o equipo da NBA con máis títulos.[1] A época de maior dominación "celtic" na historia da competición foi de 1957 a 1969, cando conseguiron once campionatos en trece anos, oito deles de xeito consecutivo, o que aínda é a meirande racha de títulos consecutivos gañados por calquera franquía do deporte profesional norteamericano. No presente xogan os seus encontros coma local no TD Garden.

Boston Celtics
Boston Celtics logo
Boston Celtics logo
Información xeral
Conferencia Leste
División Atlántico
Fundación 6 de xuño de 1946
Cores                         
G League Maine Red Claws
Retirados 22 (00, 1, 2, 3, 5, 6, 10, 14, 15, 16, 17, 18, LOSCY, 19, 21, 22, 23, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 35, MIC)
Localización
Cidade Massachusetts Boston, Massachusetts
Pavillón TD Garden
Capacidade 18.624 espectadores
Inauguración 30 de setembro de 1995
Persoal
Propietario(s) Boston Basketball Partners L.L.C.
Director Danny Ainge
Adestrador Brad Stevens
Títulos
Campión 17 (1957, 1959, 1960, 1961, 1962, 1963, 1964, 1965, 1966, 1968, 1969, 1974, 1976, 1981, 1984, 1986, 2008)
Conferencia 22 (1957, 1958, 1959, 1960, 1961, 1962, 1963, 1964, 1965, 1966, 1968, 1969, 1974, 1976, 1981, 1984, 1985, 1986, 1987, 2008, 2010, 2022)
División 32 (1957, 1958, 1959, 1960, 1961, 1962, 1963, 1964, 1965, 1972, 1973, 1974, 1975, 1976, 1980, 1981, 1982, 1984, 1985, 1986, 1987, 1988, 1991, 1992, 2005, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2017, 2022)
celtics.com

Os Celtics dominaron a liga ou desempeñaron un importante papel nos playoffs dende a década de 1950 até os anos 1980.[2][3] Con todo, despois da morte da segunda elección do Draft Len Bias, en 1986 e de Reggie Lewis en 1993, o equipo caeu nun declive constante, só chegando aos playoffs en catro ocasións dende 1996 até 2007. Mais a franquía volveu recentemente ao cumio da liga, cando Kevin Garnett e Ray Allen se uniron a Paul Pierce durante o 2007, acadando de novo, o 17 de xuño de 2008, o seu décimo sétimo campionato ao derrotar a Los Angeles Lakers por 4-2 nas Finais. Catro Celtics, Bob Cousy, Bill Russell, Dave Cowens e Larry Bird gañaron o premio ao Xogador Máis Valioso da NBA, cun rexistro total de 10 premios en toda a súa historia, o máximo da NBA.

Historia editar

1946–1956: Construíndo unha dinastía editar

A franquía de Boston foi fundada o 6 de xuño de 1946 por Walter A. Brown, pasando a formar parte da Basketball Association of America (BAA, do inglés: Asociación de Baloncesto de América) e da National Basketball Association (NBA) en 1949. Nestes primeiros anos, adestrados por Honey Russell e Alvin Julian, o equipo non amosa competitividade e non chega a destacar na competición. Desta época cómpre destacar que os Celtics fixeron a primeira incorporación dun xogador afroamericano, Chuck Cooper.

Na campaña inaugural de competición (1946-47), conseguiron un rexistro negativo de 22 vitorias fronte a 38 derrotas, quedando o final da tempada nos últimos postos da División Leste. Con todo, ao ano seguinte, conseguiron chegar ata os playoffs, mais sendo inmediatamente eliminados polos Chicago Stags. Na seguinte tempada, 1948-49, adestrados por Alvin Julian, volveron a non acadar postos de playoffs, o mesmo resultado que conseguirían na seguinte campaña (1949-50), xa dentro da NBA.

Con todo, a sorte dos Celtics comeza a cambiar ao chegar a 1950, ano no que chega ao club Red Auerbach, mesmo ano no que chega unha das primeiras estrelas da franquía, Bob Cousy, tras adquirir Auerbach os seus dereitos nun sorteo tralo desmantelamento do equipo dos Chicago Stags. Así, na tempada 1950-51, coas estreas de Auerbach e Cousy e a incorporación de Ed Macauley, Boston consegue o seu primeiro récord de vitorias positivo, mais caendo outra vez na primeira rolda de playoffs, esta vez fronte os New York Knicks, que logo chegarían ás Finais. En 1952 unha nova estrela chega ao equipo, Bill Sharman, mais a historia volve a repetirse, e os Celtics caen de novo fronte os Knicks. Porén, ao ano seguinte os de Boston conseguen un récord de 45 vitorias e pasan a primeira rolda de playoffs, esta vez caendo en semifinais mais outra vez fronte os de Nova York.

En 1954, con 42 vitorias, o trío Cousy-Sharman-Macauley repetiría resultados e non superaría a segunda rolda dos play-offs. A comezos da tempada 1954-55 incorporaríase Frank Ramsey, mais Boston só lograría igualar unha vez máis a súa propia marca e caer eliminado na segunda rolda. Os resultados empeoraron levemente en 1955-56, cando Boston caeu na primeira rolda. Ante as dificultades de Macauley para erixirse como un dos grandes pivotes da liga, Auerbach pensou que chegara o momento de dar un xiro importante. Así sucedeuse o traspaso máis importante da historia da NBA até ese momento, Ed Macauley e Cliff Hagan serían enviados os St. Louis Hawks a cambio dos dereitos da segunda elección no Draft, Bill Russell. Russell, viña de liderar a selección da baloncesto de Estados Unidos nos Xogos Olímpicos de Melbourne 1956. Este sería o comezo da dinastía.

1957–1969: A dinastía editar

 
Bob Cousy (1950–1963).

Na tempada 1956-57, o novato Bill Russell, xunto a Bob Cousy e Bill Sharman, e coa contribución do tamén debutante Tom Heinsohn, Boston trocaría a súa sorte e acadaría o primeiro campionato da súa historia. Nesta ocasión os de Boston venceron na final aos St. Louis Hawks, equipo que lle permitira aos Celtics adquirir a Russell, por 4 xogos a 3. Con todo a mala sorte regresou e na tempada seguinte, unha lesión de Russell impediu a Boston revalidar o título. Con todo, a partir da tempada 1958-59, o equipo abriría unha serie de nove campionatos consecutivos liderados por Russell. Nas dúas últimas tempadas da década, o peso do equipo repartíano Bill Russell, Dave Cowens, Bill Sharman, Tom Heinsohn, Frank Ramsey e un puxante Sam Jones, elixido no Draft de 1957.

Con ese cadro, os anos sesenta convertéronse nos máis brillantes da historia da franquía, pois entre 1960 e 1969, os Celtics conseguiron nove campionatos da NBA. Os campionatos dos primeiros anos estiveron caracterizados pola importancia dos mesmos xogadores que gañara os tres títulos anteriores. Así, Heinsohn, Sharman, Cousy, Ramsey e Jones completarían a Russell na carreira polo título da temporada 1960-61, ano no que ademais se incorporaría ao equipo outro dos seus futuros piares: Tom Sanders. Con todo, ao rematar ese ano, retiraríase Bill Sharman.

 
Bill Russell (1956–1969).

En 1962, Sanders gañou peso específico en ausencia de Sharman e Boston obtivo o seu cuarto título consecutivo fronte os Lakers, ano que rematou coa elección no Draft de 1962, un mozo de Ohio chamado John Havlicek. "Hondo", como era alcumado este xogador, sería un xogador determinante nos seguintes títulos da franquía e xa no título de 1963 destacaría como un dos xogadores principais, converténdose co tempo no máximo anotador da historia da franquía, honra que aínda conserva. Porén, ao final da tempada retiraríase un dos primeiros piares dos bostonianos, Bob Cousy. Mais sen Cousy, en 1964, Havlicek e Jones converteríanse nos principais anotadores de Boston, que obtería o seu sexto título consecutivo contra San Francisco Warriors, tralo cal chegaría outra retirada, a de Frank Ramsey.

En 1965, un novo título obteríase de novo os Lakers, que nesta época converteríanse nos grandes rivais dos Celtics, formando unha das maiores rivalidades do deporte. Este novo título chegou cunha nova retirada, esta vez sería Tom Heinsohn. Mais iso non impediu revalidar de novo o título en 1966, o oitavo título consecutivo, e de novo ante os Lakers. Máis outra retirada chegou, esta vez non foi dun xogador, senón do home que construíra a dinastía, Red Auerbach. Con todo outros dous novos mozos comezaban a destacar, Larry Siegfried e Don Nelson. Con todo, a tempada 1966-67 sería a única da década na que os Celtics non conseguirían o título, caendo por 4-1 fronte os Philadelphia 76ers de Wilt Chamberlain nas Finais de Conferencia.

Dende ese mesmo ano Bill Russell combinaría funcións de xogador e adestrador. Mais coa marcha de Auerbach tamén chegou un novo reforzo, Bailey Howell, que chegara a través do traspaso de Mel Counts aos Baltimore Bullets e así, Boston volvería a conseguir o campionato en 1968 fronte a Sixers, elixindo ademais no Draft a un mozo Don Chaney, e o de 1969 fronte os Lakers de Wilt Chamberlain, Elgin Baylor e Jerry West. Trala tempada 1968-69, unha época chagaría o seu fin: Russell retiraríase coma xogador e adestrador, cargo que ocuparía desde aquel momento Heinsohn. Sen el, nin o tamén retirado Jones, Boston non chegaría nin a clasificarse para os playoffs de 1970. Ademais, Salvo por Havliceck e Nelson, os Celtics eran un equipo envellecido que debía reconstruírse. O proceso empezaría coa elección de Chaney, á que seguiría a de Jo Jo White no Draft de 1969, e completaríase na década seguinte.

1970–1978: Reconstruído a dinastía editar

 
Don Nelson (1965−1976).

Os anos 70 foron os da década post-Russell e, a pesar dalgúns malos anos, estes tiveron máis luces que sombras, pois non deixaron de significar anos de bo nivel de xogo en xeral e tamén de títulos. Se a década dos sesenta foi a de Bill Russell, a dos setenta sería, aínda que a outro nivel, a doutro pivote, Dave Cowens. Este xogador, elixido no Draft de 1970, sería o principal baluarte do equipo, aínda que non o exclusivo, nos próximos títulos que conseguirían. O outro gran piar do equipo seguiría sendo John Havlicek. Adestrados, aínda por Tom Heinsohn, a década comzou cuns Celtics en pleno proceso de reconstrución e cun fracaso no intento de chegar aos playoffs en 1971. Con todo, o quinteto de xogadores formado por Dave Cowens, John Havlicek, Jo Jo White, Don Nelson e Don Chaney iría aumentando pouco a pouco a súa capacidade, alcanzando ao ano seguinte a final de conferencia, mais caendo fronte os New York Knicks. En 1973 completaríase a reconstrución coa chegada de Paul Westphal e Paul Silas, que aínda caendo novamente ante os Knicks en sete duros partidos, acadarían o récord absoluto de vitorias en liga regular, 68.

Co equipo xa consolidado, Boston coroaríase campión no ano 1974, tras duras eliminatorias fronte os Buffalo Braves e os New York Knicks, chegarían á final fronte os Milwaukee Bucks de Oscar Robertson e do recentemente convertido ao islam Kareem Abdul-Jabbar, con John Havlicek alzándose como MVP das Finais. O ano seguinte, en 1974-75, Cowens toma o relevo de Havliceck como máximo anotador, mais a carreira cara ao título veríase interrompida polos Washington Bullets. Nese mesmo ano Westphal sería traspasado por Charlie Scott aos Phoenix Suns, mentres que Chaney incorporaríase á ABA, aínda que regresaría a Boston nun papel secundario de 1978 a 1980, rompéndose así a estrutura principal das tres últimas tempadas. Mais a decisión beneficiaría a Boston a curto prazo, xa que en 1976 se erixirían novamente campións ante os propios Suns, nunha eliminatoria na que destacaron unha vez máis Cowens e White xunto o propio Scott.

O ano 1977 marcaría o cambio de tendencia en Boston cara a negra etapa da segunda metade dos setenta. Antes de iniciarse a tempada 1976-77, Boston perdeu a Silas, nun polémico traspaso que trouxo a Boston a Curtis Rowe, retirándose ademais Don Nelson. Sen ambos xogadores, toda a responsabilidade caeu en Cowens, Havliceck, Scott e White, o que só serviu para superar a primeira rolda dos playoffs. O ano 1978 marcou o declive definitivo, os malos resultados propiciaron a destitución de Heinsohn, que foi substituído no banco polo ex xogador Tom Sanders. Ademais, Scott experimentou un declive, xogando tan só 31 partidos, así como resultado Boston nin sequera chagaría a clasificarse para os playoffs, e finalmente se non podía ser peor, John Havlicek se retiraría. O único positivo daquel ano tivo lugar o comezo e o final da tempada: a elección de Cedric Maxwell no Draft de 1977 e a dun rapaz universitario de Indiana chamado Larry Bird no do 1978, que aínda non se incorporaría á franquía.

A tempada de 1978-79 foi puramente de transición. Os playoffs escapáronse novamente e Sanders foi substituído por Cowens, quen compaxinou funcións de xogador e adestrador, até que en maio foi nomeado adestrador Bill Fitch. Porén, déronse algúns movementos maiores. Por iniciativa do propietario de Boston, Tony Brown, chegou ó equipo Bob McAdoo a cambio de Tom Barker e tres eleccións de primeira rolda do Draft cos Knicks. Así mesmo, incorporouse Nate Archibald, mentres que Jo Jo White se retiraría ao final da tempada.

1979–1992: Os anos de Larry Bird editar

 
Larry Bird (1979–1992).

Os anos 1980 serán unha nova década brillante, tanto en xogo como en éxitos, na que destacará outro nome por encima de todos, Larry Bird, verdadeira pedra angular dos éxitos do equipo. Con todo, na segunda metade do oitenta os Celtics darían os primeiros pasos cara a unha lenta decadencia, moi palpable ao final da década. A clave dos éxitos destes anos atópase nalgunhas decisións tomadas por Red Auerbach nos anos anteriores, que se completarían no verán de 1979. Tras reter en 1978 os dereitos de Larry Bird, este incorporaríase ao equipo na tempada 1979-80, Auerbach conseguiu obter mediante o traspaso de Bob McAdoo, a primeira elección do Draft de 1980, que despois traspasaría á súa vez a Golden State Warriors. A cambio, obtería de Golden State a terceira elección dese mesmo ano, que se convertería en Kevin McHale, e os dereitos sobre o xogador Robert Parish. Con eses movementos, Boston disporía en 1981 dunha brillante columna vertebral, o famoso "Big Three", sobre o que o equipo se sustentaría durante máis dunha década.[4]

 
Dennis Johnson (1983–1990).

Os éxitos non tardarían en chegar trala incorporación de Bird. Adestrados por Bill Fitch, a pesar dunha gran tempada, non lograrían superar aos Philadelphia 76ers na final de Conferencia Lesta en 1980.[5] Ademais ese mesmo ano tería lugar a primeira retirada, Dave Cowens, sen poder engadir un título máis ao seu historial. Con todo, o ano seguinte, a estreita marxe dun punto si serviu esta vez para lograr o pase á final da NBA no ano 1981 fronte aos Sixers para posteriormente derrotar aos Houston Rockets na final. A forza dun equipo no que tamén sobresaían Cedric Maxwell, MVP das Finais da NBA, e Nate Archibald, MVP do All-Star Game, sería a clave do éxito. Tamén destacou a estrea de Danny Ainge na liga. Nas tempadas 1981-82 e 1982-83, o rendemento de Boston atravesou un pequeno declive. Aínda que o nivel de xogo foi moi elevado durante a tempada de 1982, caeron novamente na final de conferencia fronte a Philadelphia. Moito peor sería o ano 1983, cando Boston caería nunha pobre eliminatoria ante Milwaukee Bucks. Iso cuestionaría o traballo técnico e daría pé á chegada no ano seguinte ao banco de K.C. Jones, quen iniciaría catro anos de grandes éxitos para Boston, sen a participación xa de Archibald, que pasaría a xogar en Milwaukee.[6] O primeiro éxito foi xa en 1984, cando conquistaron un novo título da NBA fronte a Los Angeles Lakers de Magic Johnson e Kareem Abdul-Jabbar, co recentemente chegado Dennis Johnson na dirección de xogo. O ano seguinte, 1985, con todo, na reedición desta final, o título viaxaría aos Ánxeles. En 1986, a incorporación de Bill Walton, xunto ao crecemento de Ainge, devolvería ao equipo ao seu máximo esplendor logrando un récord, ao gañar 40 partidos dos 41 disputados como local, que permitiría a Boston alcanzar novamente o título, neste caso derrotando aos Houston Rockets de Hakeem Olajuwon e Ralph Sampson.[7]

Dous títulos e unha final en tres anos marcaban a cima do rendemento desta xeración e a necesidade de planificar o futuro. É por iso que Boston decidiría traspasar ao seu xogador Gerald Henderson pola primeira elección do Draft de 1986 de Seattle SuperSonics, que habería de corresponder a un prometedor xogador: Len Bias. Con todo, este morrería dous días despois da súa elección no Draft por unha sobredose de cocaína, desfacendo as expectativas postas neste novo proxecto de reconstrución e condicionando o futuro.[8] A mala sorte, o pouco acerto no Draft e algúns erros, xa sen a guía de Red Auerbach, faría irreversible un lento declive.

Sen Bias nin o lesionado Walton, Boston houbo de afrontar unha dura tempada 1986-87, pero lograría sobreporse e chegar á final do campionato, para caer finalmente fronte aos Lakers. En 1988, xa sen Walton e cun equipo soportado tan só sobre o quinteto titular, os clásicos Dennis Johnson, Danny Ainge, Larry Bird, Kevin McHale e Robert Parish, os Celtics caerían na final de conferencia fronte a Detroit Pistons, marcando así a substitución na hexemonía da conferencia. As cousas empeorarían aínda máis en 1989, cando Bird se perdería toda a tempada por mor dunha lesión, e 1990: en ambos os casos Boston caería en primeira rolda de playoffs, primeiro ante Detroit e logo ante New York Knicks. Xa sen Ainge, traspasado a Sacramento Kings, Dennis Johnson retiraríase en 1990, desaparecendo así os complementos do Big Three que aseguraran os éxitos de 1984 a 1987, sen que o Draft ou os traspasos houbesen provisto de novos recursos destacados, salvo un: a elección de Reggie Lewis no Draft de 1987.[6]

1993–1998: Traxedia e declive editar

 
Antoine Walker (1996–2003, 2005).

A década dos 90 profundou o declive iniciado nos últimos anos da década anterior, converténdose sen dúbida na peor da historia da franquía. Esta década caracterízase pola ausencia de liderados excepto nos primeiros anos a cargo de Larry Bird e Reggie Lewis e nos últimos dos emerxentes Antoine Walker e Paul Pierce.

Con todo, os Celtics fixeron o posible por rexurdir na competición e sobreporse aos fracasos dos anos anteriores. O novo adestrador, Chris Ford, logrou formar un equipo de gran calidade mediante o aínda tres principais referentes do equipo, Larry Bird, Kevin McHale e Robert Parish, a consolidación da nova estrela do equipo: Reggie Lewis e a participación dun conxunto de novos xogadores: Brian Shaw, Dee Brown e Kevin Gamble (en 1991) e Rick Fox e Sherman Douglas (desde 1992). Así, na tempada 1990-91, os Celtics alcanzarían un dos seus mellores resultados nos primeiros meses da liga regular, ao lograr 29 vitorias en 34 partidos, pero os problemas físicos de Larry Bird ocasionarían unha forte diminución no rendemento do persoal e converterían xa a Reggie Lewis no verdadeiro líder do equipo.

O retorno dun diminuído Bird non permitiu unha viaxe longa nos playoffs e os Celtics caeron na semifinal de Conferencia fronte aos Detroit Pistons. O ano seguinte, coa ausencia de Bird e McHale durante media tempada, os Celtics lograrían a pesar de todo alcanzar unha vez máis a semifinal de conferencia da tempada 1991-92, pero sucumbirían ante os Cleveland Cavaliers.

Sería 1993 o primeiro ano de franco declive para o equipo. Ante a retirada en 1992 de Larry Bird, o equipo optou por reforzarse coa chegada de Xavier McDaniel, quen tería un impacto moito menor sobre o equipo. A pesar de todo, o equipo alcanzou 48 vitorias, tan só tres menos que o ano anterior, e os playoffs, mais Reggie Lewis sufriría na primeira rolda, ante Charlotte Hornets, un colapso cardíaco que o apartaría da competición e que acabaría coa súa vida unhas semanas máis tarde.[9] Sen Lewis, Boston caeu en primeira rolda e esa mesma tempada retirouse Kevin McHale. A perda de Lewis restaría moita capacidade competitiva a un equipo, capitaneado agora por un envellecido Robert Parish e liderado en anotación por Dee Brown, que non se clasificaría para os playoffs no ano 1994 e onde a única boa noticia sería o bo rendemento de Dino Radja. O ano seguinte, 1995, Parish incorporaríase aos Hornets, mais o equipo veríase reforzado coa incorporación de Dominique Wilkins. Aínda que iso permitiu alcanzar os playoffs cunha media negativa, caendo novamente en primeira rolda, na que sería a súa última participación en playoffs da década.[9]

Na tempada 1995-96, M. L. Carr, ex xogador e campión con Boston na década dos oitenta, asumiría as rendas do equipo e a dirección técnica.[10] Nos dous anos que estivo á fronte da franquía, os resultados deportivos foron francamente negativos, por mor da falta de referentes, de liderados e de calidade individual. O mellor neses anos veu coa elección de Eric Williams no Draft de 1995 e sobre todo de Antoine Walker no de 1996. A tempada 1996-97, con tan só 15 vitorias en liga regular, concretouse nun intento de lograr a elección número un do Draft de 1997 e poder elixir así a Tim Duncan, pero a sorte non acompañaría, e Boston haberíase de conformar coa elección número 3, Chauncey Billups, quen pasaría un curto período en Boston.[11]

1998–2007: Tentativas de reconstrución editar

 
Paul Pierce (1998–2013).

En verán de 1997, converteríase en novo responsable e adestrador Rick Pitino, quen se mantivo no cargo até mediada a tempada 2000-2001, e cuxas polémicas decisións non servirían para mellorar o rendemento competitivo.[12] Pitino renovou case todo o persoal ao longo do seu mandato, excepto a Antoine Walker. Con todo, no NBA Draft de 1998 chegaría un novo xogador dende California, Paul Pierce. Con todo, as decisión polémicas de Pitino continuaron, como o traspaso de Billups e Ron Mercer e a incorporación de diversos xogadores caros e pouco efectivos, como o pivote Travis Knight.[13]

Nos primeiros anos do novo milenio, o equipo estivo en xeral lonxe de alcanzar un novo campionato. Trala renuncia de Rick Pitino, foron Chris Wallace (2001-2003) e Danny Ainge desde 2003, os novos responsables da reconstrución do equipo en tanto que manager xeral e director de operacións respectivamente. Con todo, os anos transcorridos nesta década foron máis positivos que a anterior, na medida de que nas tempadas 2002, 2003, 2004 e 2005 Boston alcanzou os playoffs, incluída unha final de conferencia.

Durante o período de Chris Wallace tivo lugar o maior éxito do cadro do últimos vinte anos: a disputa da final de Conferencia Leste ante os New Jersey Nets. Liderados por Paul Pierce e Antoine Walker; con xogadores como Kenny Anderson, Eric Williams, Tony Battie ou Rodney Rogers, e adestrados por Jim O'Brien, quen substituíu a Pitino no banco, os Celtics eliminaron a Philadelphia 76ers e Detroit Pistons, pero caeron nunha dramática eliminatoria por 4-2, durante a cal protagonizaron a maior remontada da historia dos playoffs (21 puntos no último cuarto).[14] En 2003 O'Brien conseguiu levar ao equipo novamente á semifinal de conferencia, tras eliminar os Indiana Pacers, mais New Jersey volveu ser o verdugo de Boston.

A falta de mellores resultados propiciou, en 2003, que tras un cambio de propietarios, Chris Wallace foi substituído por Danny Ainge como principal responsable. A iso contribuíron, entre outros factores, o errado traspaso de Vin Baker, quen chegaría cun longo e elevado contrato para experimentar un proceso de alcoholismo que supuxo que fose apartado do equipo na tempada 2003 e o seu despedimento en 2004; os fallos no tres eleccións de Draft na primeira rolda de 2001, que non serviron para dotar ao equipo de ningún mozo de garantías, e a escasa confianza nos criterios seguidos por Wallace.[15] O período de Danny Ainge caracterizouse por unha gran transformación do equipo, no cal só quedou un dos finalistas do ano 2002: Paul Pierce. Entre as súas primeiras decisións polémicas atópanse o traspaso de Antoine Walker en verán de 2003 por Raef Lafrentz, Jiri Welsh e unha primeira rolda de Draft, quen retornaría con todo para disputar o tramo final da tempada 2004-2005, antes de ser traspasado novamente a Miami Heat. A elas seguirían outras nos meses seguintes, como a multimillonaria renovación de Mark Blount en xullo de 2004.

Na primeira tempada completa de Ainge, a de 2004, ademais dos cambios mencionados, chegou ao equipo Ricky Davis, tras un traspaso con Cleveland Cavaliers. Durante a mesma, O'Brien presentou a dimisión a metade da tempada, sendo substituído por John Carroll, quen a pesar de acadar unha marca de vitorias negativo (36-46) logrou acceder aos playoffs, onde Indiana eliminaría a Boston por 4 vitorias a 0. Na tempada seguinte, a 2004-2005, Ainge puxo á fronte do equipo a Doc Rivers, quen non logrou mellorar o conseguido o ano anterior, ao volver caer eliminado ante os Pacers en primeira rolda, nunha dramática serie a sete partidos, a pesar da presenza dun veterano Gary Payton, o regreso de Walker e a chegada ao equipo a través do Draft de Al Jefferson, Tony Allen e Delonte West.

As cousas foron aínda peor nos anos seguintes. Tras elixir no Draft de 2005 á nova promesa Gerald Green e ao servizal Ryan Gomes, na tempada 2005-2006 Boston obtivo tan só 33 vitorias, nun ano en que a formulación de fondo foi dar confianza aos xogadores máis novos.[16] Idéntica estratexia pero con peores resultados, seguiuse na tempada 2006-2007: a pesar da madurez experimentada por mozos como Al Jefferson, Tony Allen ou Delonte West, por mor das múltiples lesións, especialmente a de Pierce, e as deficiencias na formación e dirección do persoal que veñen dándose nos últimos anos causaron a obtención de tan só 24 vitorias.

Novo campionato: unha nova era editar

 
Ray Allen (2007–2012).

Como consecuencia dos malos resultados, o equipo iniciou en maio de 2007 unha nova etapa. Unha vez coñecida a posición de elección no Draft de Boston, o número cinco, que eliminaba toda opción de contar con Greg Oden ou Kevin Durant na seguinte tempada, Danny Ainge iniciou xestións para dar un xiro total ao cadro a fin de volver converter ao equipo en candidato ao anel. Froito das mesmas foi o traspaso na noite do Draft de Delonte West, Wally Szczerbiak e a elección número cinco de devandito Draft, a cambio do All-Star e ex estrela dos Seatle SuperSonics Ray Allen. Posteriormente, a finais do mes de xullo, fíxose público o traspaso do verán, no que Kevin Garnett chegaba á franquía a cambio de Al Jefferson, Sebastian Telfair, Ryan Gomes, Gerald Green e Theo Ratliff, ademais da elección de primeira rolda do Draft de 2009 e do retorno dos dereitos obtidos en 2006 sobre unha elección de primeira rolda de Minnesota Timberwolves.

Trala chegada de Garnett, os Celtics convertéronse no mellor equipo da liga regular ao acadar o mellor rexistro, 66-16, que foi posible grazas ao liderado de Paul Pierce e Kevin Garnett, a contribución de Ray Allen, a chegada progresiva de novos xogadores de apoio como James Posey, Sam Cassell, P.J. Brown e Eddie House e a progresión dos xogadores máis mozos recrutados por Danny Ainge ao longo dos últimos anos: Kendrick Perkins, Tony Allen e, especialmente, Rajon Rondo. Xa nos playoffs, os Celtics víronse enfrontados en primeira rolda aos Atlanta Hawks e en segunda, aos Cleveland Cavaliers de LeBron James, aos cales superaron por unha estreita marxe de catro vitorias e tres derrotas, gañando todos os partidos disputados en casa e perdendo todos os disputados fóra. Na final da Conferencia Leste Boston derrotou 4-2 a Detroit Pistons e enfrontouse nas Finais da NBA a Los Angeles Lakers, revivindo así unha final histórica, que acabou gañando con autoridade, 4-2, conseguindo un novo campionato vinte e dous anos despois. Paul Pierce foi nomeado MVP dunhas finais nas que se conseguiu o récord de maior remontada nun partido, xa que despois de empezar perdendo no primeiro cuarto do cuarto partido por vinte e catro puntos na cancha dos Lakers, os Celtics soubéronse sobrepor e acabaron levándose o único triunfo fóra de casa da final, que supuña o 3-1 que achegaba o título a Boston.

 
Kevin Garnett (2007–2013).

Tras conseguir o campionato número dezasete, os Celtics afrontaron a tempada 2008-2009 con algunhas baixas sensibles, como as de P.J. Brown e James Posey, aos que haberían de substituír unha nova xeración de rookies: o pivote Patrick O'Bryant e antigo xogador de Portland Trail Blazers, Darius Miles, quen tras dous anos de retiro por lesión, tentaba reincorporarse á práctica do baloncesto, mais este foi despedido do equipo tras un período de proba no que non tiña contrato asegurado. Con todo, comezaron a tempada en 27-2, a mellor marca de inicio da historia da NBA. Tendo ademais un par rachas de máis de dez partidos consecutivos gañados (19, récord da franquía e 12, respectivamente), que non se vían dende a tempada 1985-86.

Porén, as cousas comezaron a torcerse para os campións, e despois do All-Star Game foron aínda peor cando Kevin Garnett se lesionou na derrota ante os Utah Jazz. Ademais, Sam Cassell foi traspasado aos Sacramento Kings e Patrick O'Bryant aos Toronto Raptors para poder contratar algún axente libre cara aos playoffs. Así, despois dunha semana asinaron a Mikki Moore, xogador inactivos dos Kings e a Stephon Marbury dos New York Knicks. Mais a pesar destas contratacións aos Celtics fixeron tan só un 12-8, caendo do primeiro ao segundo lugar no Leste. Os Celtics, con todo, tiveron outra temporada exitosa a pesar das lesións. Xa nos playoffs comezaron como a tempada pasada, gañando en sete xogos aos Chicago Bulls. A segunda serie foi tamén xogos, mais esta vez os Celtics perderon ante os Orlando Magic, sendo a primeira vez que perden nunca unha serie tras ir liderándoa por 3-2.

Tras a tempada os Celtics contrataron ao ala-pivote dos Detroit Pistons Rasheed Wallace, a Marquis Daniels dos Indiana Pacers e ao pivote Shelden Williams, a elección número cinco do Draft de 2006 dos Atlanta Hawks; co fin de dar mellor apoio ao quinteto titular formado por Rajon Rondo, Paul Pierce, Ray Allen, Kevin Garnett e Kedrick Perkins e para mellorar o seu rendemento do ano anterior. Así, lograron finalizar primeiros da súa división, pero con 50 vitorias e 32 derrotas en tempada regular que os convertía tan só no cuarto clasificado da Conferencia Leste. Nos playoffs, o seu rendemento foi moito mellor, e lograron eliminar os dous grandes favoritos da conferencia, Cleveland Cavaliers e Orlando Magic, disputando a final da NBA fronte a Los Angeles Lakers, renovando a clásica rivalidade entre ambos equipos e repetindo así a final de dúas tempadas atrás, pero caendo derrotados 4-3. No sétimo partido da serie, disputado nos Ánxeles, non puido participar o pívot títular, Kedrick Perkins, a causa dunha lesión de xeonllo.

Nas últimas dúas tempadas, foron os Miami Heat, reforzados coa chegada de LeBron James e Chris Bosh, os que eliminaron en Playoffs aos Celtics. Iso si, mentres que o ano pasado perderon por un contundente 4-1, este ano chegaron a poñer as cousas moi difíciles aos actuais campións da NBA, cando tras perder os primeiros dous partidos en Miami, gañaron 3 partidos de maneira consecutiva. Un impresionante LeBron James (con 45 puntos, 15 rebotes e 5 asistencias no importantísimo sexto partido en Boston) impediu que os Celtics volveran a outra final da NBA.

Rivalidades históricas editar

Rivalidade Celtics-Lakers editar

 
O TD Garden durante a final entre Celtics e Lakers de 2008.
 
Lance da final de 2008.

Os Celtics manteñen unha longa rivalidade con Los Angeles Lakers. Chegaron a xogar até en once finais da NBA, gañando os de Boston en nove ocasións e os anxelinos dúas. A primeira destas finais entre os dous equipos foi en 1959, na que os Celtics varreron na eliminatoria. Os equipos atopáronse nas finais até seis veces máis nos anos sesenta, con vitoria dos Celtics en tódalas ocasións. Os equipos renovaron a súa rivalidade nas Finais da década dos 80, onde xogaron en tres ocasiones (1984, 1985 e 1987), sendo a serie de 1984 promocionada polos medios como Larry Bird contra Magic Johnson, chegándose a dicir que ese encontro "salvou á NBA".[17] O encontro nunha final máis recente foi en 2010, onde os Celtics caeron derrotados fronte aos Lakers no último encontro, o que impediu que conseguisen o seu décimo oitavo título.

Ano Campión Resultado
1959 Boston Celtics 4–0
1962 Boston Celtics 4–3
1963 Boston Celtics 4–2
1965 Boston Celtics 4–1
1966 Boston Celtics 4–3
1968 Boston Celtics 4–2
1969 Boston Celtics 4–3
1984 Boston Celtics 4–3
1985 Los Angeles Lakers 4–2
1987 Los Angeles Lakers 4–2
2008 Boston Celtics 4–2
2010 Los Angeles Lakers 4–3

Outras rivalidades editar

 
Os Detroit Pistons, un dos principais rivais dos Celtics.

Na Conferencia Leste os principais rivais dos Celtics dende hai moito tempo son os Philadelphia 76ers. A rivalidade comezou cos Sixers dos anos 60, liderados por Wilt Chamberlain, e continuou con Julius Erving e Moses Malone nos anos 1970 e 1980. A rivalidade Celtics-Sixers da década de 1980 estivo marcada polos intensos enfrontamentos persoais entre Larry Bird e o Dr. J. O seu último encontro durante os playoffs foi na primeira rolda de tempada 2001-02, cos xogadores Allen Iverson e Paul Pierce como estrelas anotadoras dos conxuntos. A eliminatoria decidiuse no quinto e último encontro con resultado favorable para os Celtics.

Outra gran rivalidade dos Celtics dentro da Conferencia Leste formouse durante década dos 80, esta vez cos Pistons de Detroit. As dúas franquías coincidiron nos playoffs en cinco ocasiones entre 1985 e 1991, en onde en máis dunha ocasión houbo un enfrontamento físico entre un "Celtic" e o "Piston" Bill Laimbeer. A rivalidade, do mesmo xeito que pasou coa dos Lakers, decaeu na década de 1990 debido ao longo declive dos de Massachussets, aínda que houbo unha renovación da mesma cando os equipos se enfrontaron nas semifinais do Leste de 2002, e máis tarde nas finais de conferencia de 2008.

Ano Eliminatoria Gañador Resultado
1985 Semifinais da Conferencia Leste Boston Celtics 4–2
1987 Finais da Conferencia Leste Boston Celtics 4–3
1988 Finais da Conferencia Leste Detroit Pistons 4–2
1989 Primeira rolda de Playoffs Detroit Pistons 3–0
1991 Semifinais da Conferencia Leste Detroit Pistons 4–2
2002 Semifinais da Conferencia Leste Boston Celtics 4–1
2008 Semifinais da Conferencia Leste Boston Celtics 4–2

Pavillón editar

Artigo principal: TD Garden.
Véxase tamén: Boston Garden.
 
O TD Garden.

Os Celtics xogan actualmente os seus partidos como local no TD Garden, situado no barrio North End de Boston, Massachusetts. O nome actual vén dado polo seu patrocinador, o banco TD Banknorth, pero a miúdo é chamado simplemente polo seu nome coloquial ou tradicional The Garden ou Boston Garden, sendo anteriormente coñecido como Shawmut Center (1995), FleetCenter (1995-2005) e TD Banknorth Garden (2005-2009).

O TD Garden comparte a honra de ser, xunto co Target Center dos Minnesota Timberwolves e o Amway Arena de Orlando Magic, os únicos pavillóns con superficie de parqué en pezas pequenas. O de Boston é o máis característico, xa que os Celtics son coñecidos pola tradición de ter ese parqué tan clásico na cancha. Esa tradición vén dende que rematou a segunda guerra mundial, onde tiveron que recorrer ao parqué debido ao custo e escaseza da tarima de madeira naquela época. Porén, a Final Four da NCAA feminina de 2006 celebrouse en pista convencional. Antes de trasladarse a xogar ao TD Garden en 1995 os Celtics utilizaron outros pavillóns:

  • Boston Arena (1946), lugar onde xogaron os Celtics o seu primeiro encontro. Ten a honra de ser o primeiro pavillón que tivo un chan de parqué. Agora é coñecido como Northeastern University's Matthews Arena.
  • Boston Garden (19461995)
  • Hartford Civic Center (19751995), utilizado ocasionalmente para os encontros na casa.

Logotipo e uniformes editar

 
Bandeira dos Celtics.

Os Boston Celtics deron a coñecer un novo logotipo para a tempada 1996-97, aínda que a representación dun "leipreachán" (ou trasgo) virando unha pelota de baloncesto levaba en uso dende comezos de 1950. O logotipo do leipreachán foi deseñado orixinalmente por Zang Auerbach, o irmán do director técnico e adestrador dos Celtics Red Auerbach. Con todo,recibiu numerosos axustes nos últimos anos, sendo a última versión a que decorou ao trasgo nun chaleco de ouro para festexar o 50 aniversario do club.

A versión máis coñecida do escudo, con todo, é o logotipo dunha cor usada durante a era de Larry Bird, co trasgo debuxado en negro con cores verde e branca, que aínda é utilizado por algunhas cadeas de televisión cada vez que o actual logotipo Celtics non está dispoñible ou en referencias aos Celtics clásicos. Os Celtics tamén teñen diferentes logotipos alternativos, o máis popular é un trevo branco coas letras "Celtics" por encima del, envolto nun círculo verde, que se utilizou dende a tempada 1998-99. Este logo alternativo baséase nos utilizados polos Celtics antes do trasgo de Zang Auerbach.

As camisolas dos Celtics foron sempre de cor verde en partidos fóra de casa e branco en partidos na casa dende a súa fundación en 1946. Fóra dalgunhas pequenas modificacións, sobre todo a versión "serif" dos uniformes durante a era de Bill Russell, as camisetas mantívose sen cambios a través dos anos. O equipo tamén tiña a tradición de levar zapatillas de deporte negras ao longo da maior parte da súa historia, excepto durante a década de 1980, cando levaban deportivas de cor verde verde. A partir da tempada 2003-04, o equipo comezou a usar zapatillas brancas nos partidos de casa. Con todo, aínda se usan as zapatillas negras en partidos fóra de casa, excepto na tempada 2008-09, que levaron zapatillas brancas con detalles en verde e ouro cando vestían as roupas conmemorativas do día de San Patricio. Os Celtics tamén son o único equipo que usan chaquetas de quecemento cos nomes dos xogadores na parte posterior. Durante a década de 1980, este estilo foi dominante na maioría de chaquetas de quecemento da NBA, mais a finais de 1990 foise deixando de facer gradualmente. Con todo, os Celtics decidiron manter o deseño de acordo coa tradición.

Os Celtics tempada por tempada editar

 
Pancartas cos campionatos acadados no TD Garden.
 
Red Auerbach.
 
Bill Russell.
 
Robert Parish.
 
Larry Bird.
 
Paul Pierce.
 
Kevin Garnett.
 
Rajon Rondo.
Tempada V D % Play-offs Resultados
Boston Celtics
1946-47 22 38 .367
1947-48 20 28 .417 Perdida primeira rolda Chicago 2, Boston 1
1948-49 25 35 .417
1949-50 22 46 .324
1950-51 39 30 .565 Perdidas semifinais da división New York 2, Boston 0
1951-52 39 27 .591 Perdidas semifinais da división New York 2, Boston 1
1952-53 46 25 .648 Gañadas semifinais da división
Perdidas finais da división
Boston 2, Syracuse 0
New York 3, Boston 1
1953-54 42 30 .583 Round-Robin
Round-Robin
Perdidas finais da división
Syracuse 2, Boston 0
Boston 2, New York 0
Syracuse 2, Boston 0
1954-55 36 36 .500 Gañadas semifinais da división
Perdidas finais da división
Boston 2, New York 1
Syracuse 3, Boston 1
1955-56 39 33 .542 Perdidas semifinais da división Syracuse 2, Boston 1
1956-57 44 28 .611 Gañadas finais da división
Gañado título da NBA
Boston 3, Syracuse 0
Boston 4, St. Louis 3
1957-58 49 23 .681 Gañadas finais da división
Perdida a final da NBA
Boston 4, Philadelphia 1
St. Louis 4, Boston 2
1958-59 52 20 .722 Gañadas finais da división
Gañado título da NBA
Boston 4, Syracuse 3
Boston 4, Minneapolis 0
1959-60 59 16 .787 Gañadas finais da división
Gañado título da NBA
Boston 4, Philadelphia 2
Boston 4, St. Louis 3
1960-61 57 22 .722 Gañadas finais da división
Gañado título da NBA
Boston 4, Syracuse 1
Boston 4, St. Louis 1
1961-62 60 20 .750 Gañadas finais da división
Gañado título da NBA
Boston 4, Philadelphia 3
Boston 4, Los Angeles 3
1962-63 58 22 .725 Gañadas finais da división
Gañado título da NBA
Boston 4, Cincinnati 3
Boston 4, Los Angeles 2
1963-64 59 21 .738 Gañadas finais da división
Gañado título da NBA
Boston 4, Cincinnati 1
Boston 4, San Francisco 1
1964-65 62 18 .755 Gañadas finais da división
Gañado título da NBA
Boston 4, Philadelphia 3
Boston 4, Los Angeles 1
1965-66 54 26 .675 Gañadas semifinais da división
Gañadas finais da división
Gañado título da NBA
Boston 3, Cincinnati 2
Boston 4, Philadelphia 1
Boston 4, Los Angeles 3
1966-67 60 21 .741 Gañadas semifinais da división
Perdidas finais da división
Boston 3, New York 1
Philadelphia 4, Boston 1
1967-68 54 28 .659 Gañadas semifinais da división
Gañadas finais da división
Gañado título da NBA
Boston 4, Detroit 2
Boston 4, Philadelphia 3
Boston 4, Los Angeles 2
1968-69 48 34 .585 Gañadas semifinais da división
Gañadas finais da división
Gañado título da NBA
Boston 4, Philadelphia 1
Boston 4, New York 2
Boston 4, Los Angeles 3
1969-70 34 48 .415
1970-71 44 38 .537
1971-72 56 26 .683 Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
Boston 4, Atlanta 2
New York 4, Boston 1
1972-73 68 14 .829 Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
Boston 4, Atlanta 2
New York 4, Boston 3
1973-74 56 26 .683 Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Gañado título da NBA
Boston 4, Buffalo 2
Boston 4, New York 1
Boston 4, Milwaukee 3
1974-75 60 22 .732 Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
Boston 4, Houston 1
Washington 4, Boston 2
1975-76 54 28 .659 Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia<
Gañado título da NBA
Boston 4, Buffalo 2
Boston 4, Cleveland 2
Boston 4, Phoenix 2
1976-77 44 38 .537 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
Boston 2, San Antonio 0
Philadelphia 4, Boston 3
1977-78 32 50 .390
1978-79 29 53 .354
1979-80 61 21 .744 Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
Boston 4, Houston 0
Philadelphia 4, Boston 1
1980-81 62 20 .756 Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia<
Gañado título da NBA
Boston 4, Chicago 0
Boston 4, Philadelphia 3
Boston 4, Houston 2
1981-82 63 19 .768 Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
Boston 4, Washington 1
Philadelphia 4, Boston 3
1982-83 56 26 .683 Perdidas semifinais de conferencia Milwaukee 4, Boston 0
1983-84 62 20 .756 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia<
Gañado título da NBA
Boston 3, Washington 1
Boston 4, New York 3
Boston 4, Milwaukee 1
Boston 4, Los Angeles 3
1984-85 63 19 .768 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia<
Perdida a final da NBA
Boston 3, Cleveland 1
Boston 4, Detroit 2
Boston 4, Philadelphia 1
Los Angeles 4, Boston 2
1985-86 67 15 .817 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Gañado título da NBA
Boston 3, Chicago 0
Boston 4, Atlanta 1
Boston 4, Milwaukee 0
Boston 4, Houston 2
1986-87 59 23 .720 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Perdida a final da NBA
Boston 3, Chicago 0
Boston 4, Milwaukee 3
Boston 4, Detroit 3
Los Angeles 4, Boston 2
1987-88 57 25 .695 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
Boston 3, New York 1
Boston 4, Atlanta 3
Detroit 4, Boston 2
1988-89 42 40 .512 Perdida primeira rolda Detroit 3, Boston 0
1989-90 52 30 .634 Perdida primeira rolda New York 3, Boston 2
1990-91 56 26 .683 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
Boston 3, Indiana 2
Detroit 4, Boston 2
1991-92 51 31 .622 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
Boston 3, Indiana 0
Cleveland 4, Boston 3
1992-93 48 34 .585 Perdida primeira rolda Charlotte 3, Boston 1
1993-94 32 50 .390
1994-95 35 47 .427 Perdida primeira rolda Orlando 3, Boston 1
1995-96 33 49 .402
1996-97 15 67 .183
1997-98 36 46 .439
1998-99 19 31 .380
1999-00 35 47 .427
2000-01 36 46 .439
2000-01 49 33 .598 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
Boston 3, Philadelphia 2
Boston 4, Detroit 1
New Jersey 4, Boston 2
2002-03 44 38 .537 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
Boston 4, Indiana 2
New Jersey 4, Boston 0
2003-04 36 46 .439 Perdida primeira rolda Indiana 4, Boston 0
2004-05 45 37 .549 Perdida primeira rolda Indiana 4, Boston 3
2005-06 33 49 .402
2006-07 24 58 .293
2007-08 66 16 .805 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Gañado título da NBA
Boston 4, Atlanta 3
Boston 4, Cleveland 3
Boston 4, Detroit 2
Boston 4, Los Angeles 2
2008-09 62 20 .756 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
Boston 4, Chicago 3
Orlando 4, Boston 3
2009-10 50 32 .610 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Perdida a final da NBA
Boston 4, Miami 1
Boston 4, Cleveland 2
Boston 4, Orlando 2
Los Angeles 4, Boston 3
2010-11 56 26 .683 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
Boston 4, New York 0
Miami 4, Boston 1
2011-12 39 27 .591 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
Boston 4, Atlanta 2
Boston 4, Philadelphia 3
Miami 4, Boston 3
2012-13 41 40 .506 Gañada primeira rolda New York 4, Boston 2
2013-14 25 57 .305
2014-15 40 42 .488 Perdida primeira rolda Cleveland 4, Boston 0
2015-16 48 34 .585 Perdida primeira rolda Atlanta 4, Boston 2
2016-17 53 29 .646 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
Boston 4, Chicago 2
Boston 4, Washington 3
Cleveland 4, Boston 1
Total 3274 2286 .589
Playoffs 349 263 .570 17 Campionatos

Xogadores editar

Cadro actual editar

Boston Celtics 2023–2024
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
B/E 45   Banton, Dalano 2.03 m (6 ft 8 in) 93 kg (204 lb) Nebraska
A/AP 12   Brissett, Oshae 2.01 m (6 ft 7 in) 95 kg (210 lb) Syracuse
E/A 7   Brown, Jaylen 1.98 m (6 ft 6 in) 101 kg (223 lb) California
B/E 20   Davison, JD 1.85 m (6 ft 1 in) 88 kg (195 lb) Alabama
A/AP 30   Hauser, Sam 2.03 m (6 ft 8 in) 99 kg (218 lb) Virginia
B/E 4   Holiday, Jrue 1.93 m (6 ft 4 in) 93 kg (205 lb) UCLA
AP/P 42   Horford, Al 2.06 m (6 ft 9 in) 109 kg (240 lb) Florida
P 40   Kornet, Luke 2.18 m (7 ft 2 in) 113 kg (250 lb) Vanderbilt
E/A 50   Mykhailiuk, Sviatoslav 2.01 m (6 ft 7 in) 93 kg (205 lb) Kansas
A/AP 13   Peterson, Drew 2.06 m (6 ft 9 in) 93 kg (205 lb) USC
AP/P 8   Porziņģis, Kristaps 2.18 m (7 ft 2 in) 109 kg (240 lb) Letonia
B/E 11   Pritchard, Payton 1.85 m (6 ft 1 in) 86 kg (190 lb) Oregon
P 88   Queta, Neemias 2.13 m (7 ft 0 in) 112 kg (248 lb) Utah State
A/AP 77   Stevens, Lamar 2.01 m (6 ft 7 in) 104 kg (230 lb) Penn State
A/AP 0   Tatum, Jayson 2.03 m (6 ft 8 in) 95 kg (210 lb) Duke
E/A 27   Walsh, Jordan 1.98 m (6 ft 6 in) 93 kg (205 lb) Arkansas
B/E 9   White, Derrick 1.93 m (6 ft 4 in) 86 kg (190 lb) Colorado
Adestrador
Asistente(s)

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  •   Mancado

Cadro
Actualizado: 26-01-2024

Dorsais retirados editar

Os Boston Celtics teñen retirado até o momento vinte e un dorsais, o maior número dentro das franquías deportivas de América do Norte.

 
Robert
Parish

Pivote

Retirado en 1998
 
Walter
Brown

Fundador
Dono
Retirado en 1964
 
Red
Auerbach

Adestrador,
Executivo
Retirado en 1985
 
Dennis
Johnson

Base

Retirado en 1991
 
Kevin
Garnett

Ala-pivote

Retirado en 2022
 
Bill
Russell

Pivote,
Adestrador
Retirado en 1972
 
Jo Jo
White

Base


Retirado en 1982
 
Bob
Cousy

Base,
Comentarista

Retirado en 1963
 
Tom
Heinsohn

Ala,
Adestrador,
Comentarista
Retirado en 1966
 
Satch
Sanders

Ala


Retirado en 1973
 
John
Havlicek

Ala


Retirado en 1978
 
Dave
Cowens

Pivote,
Adestrador

Retirado en 1981
 
Jim
Loscutoff
*
Ala


Retirado en 1964
 
Don
Nelson

Ala


Retirado en 1978
 
Bill
Sharman

Base


Retirado en 1966
 
Ed
Macauley

Pivote


Retirado en 1963
 
Frank
Ramsey

Ala


Retirado en 1964
 
Sam
Jones

Base


Retirado en 1969
 
K.C.
Jones

Base,
Adestrador
Retirado en 1967
 
Cedric
Maxwell

Ala,
Comentarista
Retirado en 2003
 
Kevin
McHale

Ala

Retirado en 1994
 
Larry
Bird

Ala

Retirado en 1993
 
Paul
Pierce

Ala

Retirado en 2018
 
Reggie
Lewis

Base

Retirado en 1995
 
Johnny
Most

Comentarista

Retirado en 1964

Red Auerbach
Memorial

Vestido polos Celtics
tempada 2006-07
*Loscutoff, xogador que vestiu o dorsal 18, pediu que o seu legado se honrase permitindo a outros "Celtics" que o levasen nun futuro. Nunha das bandeiras dos números retirados no TD Garden, Loscutoff está representado por un cadrado coas letras "LOSCY". O número 18 foi posteriormente retirado na honra de Dave Cowens.

Mellores rexistros de xogadores da franquía editar

 
Eddie House ten a mellor porcentaxe en tiros de tres da historia dos Celtics.
Tipo Xogador Rexistro
Número de encontros John Havlicek 1 270
Minutos xogados John Havlicek 46 471
Puntos anotados John Havlicek 26 395
Rebotes Bill Russell 21 620
Asistencias Bob Cousy 6 945
Perdas Paul Pierce 3 213
Roubos Paul Pierce 1 583
Tapóns Robert Parish 1 703
Lanzamentos anotados John Havlicek 10 513
Porcentaxe de anotación de tiros de campo Kendrick Perkins 56,3%
Triplas anotadas Paul Pierce 1 823
Porcentaxe de anotación de triplas Eddie House 41,2%
Tiros libres anotados Paul Pierce 6 434
Porcentaxe de anotación de tiros libres Ray Allen 91,4%

Membros do Hall of Fame editar

Quince xogadores que vestiron a camiseta dos Celtics durante a meirande parte da súa carreira deportiva foron introducidos no Basketball Hall of Fame.

 
Tom Heinsohn.
Dorsal Xogador Posición Anos
00 Robert Parish P 1980-94
4 Dennis Johnson B 1983-90
6 Bill Russell P 1956-69
7 Nate Archibald B 1978-83
14 Bob Cousy B 1950-63
15 Tom Heinsohn A 1956-65
17 John Havlicek E 1962-78
18 Dave Cowens P 1970-80
18 Bailey Howell A 1966-70
21 Bill Sharman B 1951-61
22 Ed Macauley P 1950-56
23 Frank Ramsey A 1954-64
24 Sam Jones E 1957-69
25 K. C. Jones B 1959-67
32 Kevin McHale AP 1980-93
33 Larry Bird A 1979-92

Outros nove xogadores do Hall of Fame xogaron parte da súa carreira nos Boston Celtics durante a súa carreira, aínda que destacaron principalmente noutros equipos.

 
Bill Walton.
Dorsal Xogador Posición Anos
4 Clyde Lovellette P 1962-64
5 Bill Walton P 1985-87
11 Bob McAdoo AP 1979
12 Dominique Wilkins A 1994-95
17 Andy Phillip E 1956-58
19 Arnie Risen P 1955-58
20 Bob Houbregs AP 1954-55
44 Dave Bing B 1977-78
44 Pete Maravich B 1979-80
 
Red Auerbach.

Ademais dos xogadores, foron incluídos no Hall of Fame outros grandes contribuidores a historia dos Celtics, xa sexa coma executivos ou adestradores. Joe Thompson, incluído como adestrador, nunca adestrou aos Celtics senón que a súa achega ao equipo foi coma xogador.

Dorsal Nome Cargo Anos
  Red Auerbach AD/EX 1950-06
  Alvin Julian AD 1948-50
  John Russell AD 1946-68
  Joe Thompson AD 1964-66
  Walter A. Brown EX 1945-64
  William G. Mokray EX 1946-69
  Wayne Embry EX 1966-68

Eleccións no posto número un do draft editar

Dorsal Xogador Universidade Ano
18 Chuck Share Bowling Green 1950

Adestradores editar

Estatísticas actualizadas ata o remate da tempada 2016-17.

Nome Comezo Fin Tempada regular Playoffs
V D V% PX V D V% PX
Honey Russell Inicial Final 194748 42 66 .389 108 1 2 .333 3
Doggie Julian 11 de abril de 1948 Final 194950 47 81 .367 128
Red Auerbach 27 de abril de 1950 Final 196566 795 397 .667 1192 90 58 .608 148
Bill Russell Comezo 196667 Final 196869 162 83 .661 245 28 18 .609 46
Tom Heinsohn Comezo 196970 3 de xaneiro de 1978 427 263 .619 690 47 33 .588 80
Tom Sanders 3 de xaneiro de 1978 Novembro de 1978 23 39 .371 62
Dave Cowens Novembro de 1978 Final 197879 27 41 .397 68
Bill Fitch 23 de maio de 1979 27 de maio de 1983 242 86 .738 328 26 19 .578 45
K.C. Jones 7 de xuño de 1983 Final 198788 308 102 .751 410 65 37 .637 102
Jim Rodgers Comezos 198889 8 de maio de 1990 94 70 .573 164 2 6 .250 8
Chris Ford 12 de xuño de 1990 17 de maio de 1995 222 188 .541 410 13 16 .448 29
M. L. Carr 20 de xuño de 1995 30 de abril de 1997 48 116 .293 164
Rick Pitino 8 de maio de 1997 8 de xaneiro de 2001 102 146 .411 248
Jim O'Brien 8 de xaneiro de 2001 27 de xaneiro de 2004 139 119 .539 258 13 13 .500 26
John Carroll 27 de xaneiro de 2004 Final 2003–04 14 22 .389 36 0 4 .000 4
Doc Rivers 29 de abril de 2004 23 de xuño de 2013 416 305 .577 721 56 43 .566 99
Brad Stevens 3 de xullo de 2013 Actualidade 166 162 .506 328 2 8 .200 10

Notas editar

  1. Basketball-Reference.com, ed. (2012). "NBA & ABA Team Index" (en en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2012. Consultado o 15 de marzo de 2012. 
  2. TWISS, Jeff. NBA.com, ed. "Remembering Reggie..." (en en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2012. 
  3. Basketball-Reference.com, ed. (2012). "NBA & ABA Most Valuable Player Award Winners" (en en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2012. Consultado o 15 de marzo de 2012. 
  4. Celtics relying on the three again
  5. "1980 Playoff Results". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2009. Consultado o 08 de abril de 2010. 
  6. 6,0 6,1 Season Recaps - 1980s
  7. "1986 NBA Playoffs". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 08 de abril de 2010. 
  8. Bias' death wasn't in vain
  9. 9,0 9,1 Season Recaps - 1990s Celtics.com
  10. "Estatísticas de M.L. Carr". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2010. Consultado o 08 de abril de 2010. 
  11. "Draft de 1997". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2017. Consultado o 08 de abril de 2010. 
  12. "Estatísticas de Pitino". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2008. Consultado o 08 de abril de 2010. 
  13. Boston Celtics: A eterna reconstrución
  14. "Kidd Lifts Nets into NBA Finals". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2009. Consultado o 08 de abril de 2010. 
  15. "Draft da NBa de 2001". Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2010. Consultado o 08 de abril de 2010. 
  16. "Clasificación tempada regular 2005-06 da NBA". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 08 de abril de 2010. 
  17. Magic & Bird: A Courtship of Rivals. HBO, 2010

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar