Delonte West

baloncestista estadounidense

Delonte Maurice West, nado o 26 de xullo de 1983 en Washington, D.C.,[1] é un ex-xogador profesional de baloncesto estadounidense da NBA. Xogou coa Universidade de saint Joseph na Liga Universitaria e na liga profeisonal, foi escollido no draft polo Boston Celtics e despois xogou con outros equipos como Seattle SuperSonics, Cleveland Cavaliers e Dallas Mavericks. Máis tarde pasou pola liga chinesa cos Fujian Xunxing e Shanghai Sharks para rematar a súa carreira profesional cos Texas Legends na D League.

Delonte West
Delonte West Celtics.jpg
Axente libre
Escolta
Información persoal
Nacemento 26 de xullo de 1983 (37 anos)
Distrito de Columbia Washington, D.C.
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 95 kg (209 lb)
Información da carreira
Instituto Eleanor Roosevelt
Universidade Saint Joseph's
NBA Draft 2004 / Rolda: 1 / Elección: 24

Por Boston Celtics

Carreira dende 2004
Historial de equipos
Boston Celtics (2004-2007)
Seattle SuperSonics (2007-2008)
Cleveland Cavaliers (2008-2010)
Boston Celtics (2010-2011)
Dallas Mavericks (2011-2012)
Información en nba.com

Mide 1,96 e xogaba de escolta.

TraxectoriaEditar

Traxectoria deportivaEditar

Despuntou no Instituto onde conseguiu varios títulos de Player of the Year (en galego, Xogador do ano) e no baloncesto universitario tamén destacou ao formar con Jammer Nelson a mellor dupla de xogadores exteriores que conseguiron, en 2003, que o seu equipo, os Hawks, conseguiran unha temporada regular sen ninguha derrota.[2]

Foi seleccionado polos Boston Celtics na posición 24 do Draft da NBA de 2004.[2] O seu primeiro ano foi difícil, xa que sufriu de continuas lesións, xogando un total de 39 partidos en toda a tempada. Fixo unha media de 4,5 puntos por partido.

No ano 2006 participou no equipo dos Sophomores do All-Star. Non foi previamente seleccionado, pero entrou no equipo a última hora tras a lesión do seu antigo compañeiro Jameer Nelson. O 21 de febreiro de 2008 foi traspasado dende os Seattle SuperSonics aos Cleveland Cavaliers xunto a Wally Szczerbiak a cambio de Ira Newble e Donyell Marshall. En agosto de 2010 foi traspasado aos Minnesota Timberwolves, mais unha semana despois dano de baixa, asinando un mes despois, o 1 de setembro, cos Boston Celtics.

West asinou cos Dallas Mavericks en decembro de 2011.[3] Foi suspendido indefinidamente tras unha derrota en pretempada o 15 de outubro de 2012. Foi reincorporado ó equipo ó día seguinte, pero dez días máis tarde foi suspendido de novo pola mesma razón, tras outra derrota. Tres días máis tarde, o 29 de outubro de 2012, os Mavericks cortáronlle o contrato por problemas de disciplina. A seguir, marchou á China, onde xogou nos Fujian Xunxing e Shanghai Sharks; Venezuela, e finalmente, fichou polos Texas Legends, o equipo filial dos Mavericks na D-League.[4]

Vida persoalEditar

Foi detipo pola policía en setembro de 2009, por mor dunha infracción de tráfico. Cando rexistraron o vehículo comprobaron que, dentro dunha funda de guitarra, escondía 3 armas: unha Beretta de 9mm, unha Ruger 357 e unha escopeta Remington 870.[5] A sentenza puido ser de cárcere pero resolveuse cun arresto domiciliario e 40 horas de servizo á comunidade;[6] a maiores, a NBA sancionouno con 10 partidos.[7]

O 21 de xaneiro de 2020, anos despois de se reirar, apareceron uns vídeos onde recibía unha malleira en plena rúa onde vivía na indixencia[8] tras ter malgastado varios millóns de dólares. Jammer Nelson, un dos xogadores con quen mantiña contacto, afirmou que dende 2009 sofría de trastorno bipolar e que rexeitaba calquera tipo de axuda. Varios ex compañeiros afirmaron, daquela, que o apoiarían, como LeBron James. Finalmente, tras varios meses sen recibir ningún tipo de axuda dos antigos compañeiros, foi Mark Cuban, empresario estadounidense e dono dos Mavericks de Dallas quen o sacou das rúas e pagou o tratamento de rehabilitación.[9][10]

Estatísticas na súa carreira na NBAEditar

Lenda
 PX Partidos xogados  PT Partidos de titular MPP Minutos por partido
%TC Porcentaxe de tiros de campo %3P Porcentaxe de tiros de 3 %TL Porcentaxe de tiros libres
RPP Rebotes por partido APP Asistencias por partido ROB Roubos de balón por partido
TPP Tapóns por partido PPP Puntos por partido Negras Máximo da súa carreira

Temporada regularEditar

Tempada Equipo PX PT MPP %TC %3P %TL RPP APP ROB TPP PPP
2004-05 Boston 39 7 13,0 42,6 35,8 70,4 1,7 1,4 0,5 0,2 4,5
2005-06 Boston 71 71 34,1 48,7 38,5 85,1 4,1 4,6 1,2 0,6 11,8
2006-07 Boston 69 47 32,2 42,7 36,5 85,3 3,0 4,4 1,1 0,5 12,2
2007-08 Seattle 35 5 20,8 38,8 33,9 66,7 2,7 3,2 0,9 0,3 6,8
2007-08 Cleveland 26 26 31,0 44,0 36,7 78,8 3,7 4,5 1,1 0,7 10,3
2008-09 Cleveland 64 64 33,6 45,7 39,9 83,3 3,2 3,5 1,5 0,2 11,7
2009-10 Cleveland 60 3 25,0 44,5 32,5 81,0 2,8 3,3 0,9 0,5 8,8
2010-11 Boston 24 2 18,9 45,8 36,4 86,7 1,5 2,7 0,8 0,4 5.6
2011-12 Dallas 44 33 24,1 46,1 35,5 88,6 2,3 3,2 1,3 0,2 9,6
Total 432 258 27,4 44,8 37,2 82,6 2,9 3,6 1,1 0,4 9,7

PlayoffsEditar

Tempada Equipo PX PT MPP %TC %3P %TL RPP APP ROB TPP PPP
2005 Boston 7 3 16,4 52,4 45,5 50,0 1,3 0,6 1,0 0,1 4,1
2008 Cleveland 13 13 34,8 40,0 42,9 85,4 3,3 4,2 1,1 0,5 10,8
2009 Cleveland 14 14 42,2 46,5 33,3 83,3 3,5 4,1 1,4 0,5 13,8
2010 Cleveland 11 0 24,5 41,8 15,8 93,8 1,9 2,6 0,8 0,9 6,7
2011 Boston 9 0 18,9 46,8 36,8 80,0 1,9 1,3 0,6 0,0 6,6
2012 Dallas 4 3 22,0 42,3 50,0 100 1,8 2,0 0,8 0,0 7,5
Total 58 33 29,0 44,2 36,1 84,7 2,5 2,8 1,0 0,3 9,1

NotasEditar

  1. Bella, Timothy (29 de setembro de 2020). "A viral photo showed former NBA star Delonte West homeless. Mark Cuban found him and picked him up.". washingtonpost.com (en inglés). Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Santana, Martín (19 de maio de 2005). "Delonte West: una carrera marcada por las drogas y un trastorno bipolar". mundodeportivo.com (en castelán). Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  3. "Mavericks Sign Guard Delonte West". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 13 de decembro de 2011. Consultado o 13 de decembro de 2011. 
  4. Álvarez, Roberto (29 de setembro de 2020). "Delonte West, el jugador que cayó de la NBA a la indigencia". elpais.com (en castelán). Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  5. Windhorst, Brian (18 de setembro de 2009 [actualizado 12 de xaneiro de 2019]). "Cleveland Cavaliers guard Delonte West arrested on weapons charges". cleveland.com (en inglés). Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  6. Quiroga, J. (22 de xaneiro de 2020). "Delonte West, el último maldito de la NBA". marca.com (en castelán). Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  7. EUROPA PRESS (21 de agosto de 2010). "Sanción de 10 partidos para Delonte West por posesión de armas". marca.com (en castelán). Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  8. Redacción. "La caída a los infiernos del alma más atormentada de la NBA: Apaleado y esposado". marca.com (en castelán). Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  9. EFE (29 de setembro de 2020). "El dueño de los Mavericks rescata de la calle a Delonte West y pagará su rehabilitación". elmundo.es (en castelán). Consultado o 1 dde outubro de 2020. 
  10. McMahon, Tim (29 de setembro de 2020). "Dallas Mavericks owner Mark Cuban reaches out to help former NBA player Delonte West". espn.com (en inglés). Consultado o 1 de outubro de 2020. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar