Polgada
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2023.) |
A polgada (en inglés inch) é unha unidade de lonxitude que foi, con distintos valores, case universal, e que agora se utiliza aínda e principalmente en países anglosaxóns (Estados Unidos, Gran Bretaña etc.). En case todos os demais países utilízase o metro como medida de lonxitude (os países mencionados están en proceso de transición).
Polgada ㏌ ![]() | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | unidade de lonxitude, unidade inglesa (pt) ![]() ![]() |
Epónimo | polgar ![]() |
Parte de | system of measures in the Grand Duchy of Lithuania (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Magnitude física | lonxitude ![]() |
Símbolo da unidade | pulgadas ![]() |
Conversión a SI | 0,0254 m ![]() |
Conversión a unidade estándar | 0 km, 0,0254 m, 0 millas, 2,54 cm, 25,4 mm, 0,083333 pés, 0,027778 iardas, 0 pc, 0 ly, 0,254 dm, 0 UK nmi, 0,00012626 fur, 0,0012626 ch, 1.000.000 µin, 25.399,54 µm, 3 H, 1.000 mil, 1,016 metric inch (en) ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Orixinalmente a polgada foi unha unidade de lonxitude antropométrica que equivalía ao ancho da primeira falanxe do polgar, e máis especificamente á súa falanxe distal.[Cómpre referencia] Foi utilizada en moitos países, con diferentes equivalencias (moi probablemente dependendo da anchura da falanxe do gobernante que fixou a medida ou, máis ben, do tamaño desa falanxe que quería ter o gobernante para que os súbditos o tivesen por alguén moi grande).[Cómpre referencia] Pero tras a introdución do sistema métrico decimal no século XIX, foise abandonando en case todo o planeta, salvo nos países da angloesfera (aínda que tamén neles estase empezando a adoptar o Sistema Internacional de Unidades).
Como exemplo, unha polgada castelá equivalía a 23,22 milímetros, mentres que a anglosaxoa actual equivale a 25,4 mm. A polgada é unha medida de lonxitude antropométrica que equivalía á lonxitude dun polgar. En inglés chámase inch.
A polgada no mundo
editarA polgada foi substituída en gran parte do mundo por unidades do SI. As equivalencias son:
- En uso
- 1 polgada (Sistema imperial británico) = 2,54 cm.
- Obsoletas
- 1 polgada (Sistema castelán de Filipe II) = 2,32166 cm.
- 1 polgada (Aragón) = 2,14 cm.
- 1 polgada (México) = 2,3278 cm.
A polgada imperial segue en uso, aínda que confinada sobre todo a Estados Unidos. En 1958 definiuse que a polgada imperial equivalería a exactamente 2,54 centímetros.
Equivalencias
editarNota: Cando se fala de roscas de gas en polgadas, esta medida non se refire directamente ao diámetro da rosca. Para coñecer a medida exacta do diámetro o mellor é acudir a un prontuario mecánico. Buscar como rosca "Briggs" americana para tubos de gas, auga e vapor. Por exemplo rosca G1/4 --> Diámetro exterior medio = 12,12 mm