John Russell (baloncesto)

baloncestista estadounidense
(Redirección desde «Honey Russell»)

John David "Honey" Russell foi un xogador e adestrador de baloncesto estadounidense que xogou durante 25 tempadas na American Basketball League, a primeira liga profesional de baloncesto dos Estados Unidos. Posteriormente exerceu como adestrador, sendo o primeiro en exercer o devandito papel nos Boston Celtics da NBA, e dirixindo á Universidade de Seton Hall durante 15 tempadas. En 1964 foi incluído no Basketball Hall of Fame.

John Russell
Nacemento31 de maio de 1902
Lugar de nacementoBrooklyn
Falecemento15 de novembro de 1973
Lugar de falecementoLivingston
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Nova York e Alexander Hamilton High School
Ocupaciónadestrador de baloncesto e baloncestista
Na rede
Find a Grave: 119067727 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria deportiva editar

Xogador editar

Tras deixar o seu High School con 16 anos, converteuse en xogador profesional, disputando diferentes ligas, como a Interstate League, New York State League, Pennsylvania State League, Metropolitan League, e a American Basketball League, a primeira gran liga profesional dos Estados Unidos.[1] En total xogou en 22 equipos diferentes nos seus 25 anos de carreira profesional, disputando máis de 3.200 partidos, unha cifra que sería o equivalente a entre 30 e 40 anos dunha traxectoria profesional moderna.[2] Foi en catro ocasiones All-Star cos Chicago Bruins e os Cleveland Rosenblums, gañando a ABL en dúas ocasións, en 1926 e 1939.[1]

En 1928 disputou tamén a NFL, a liga profesional de fútbol americano, cos Chicago Bears, que eran do mesmo propietario que os Bruins, cos que xogaba a baloncesto.[2] Durante moitos dos seus anos como profesional exerceu como xogador-adestrador.

Adestrador editar

Tras retirarse das canchas, foi o adestrador da Universidade de Seton Hall entre 1936 e 1941, logrando un balance de 101 vitorias e 32 derrotas.[3] A súa carreira viuse interrompida pola segunda guerra mundial, regresando aos bancos en 1946, cando se converteu no primeiro adestrador da historia dos Boston Celtics,[4] posto que ocupou durante dúas tempadas, xogando na BAA.[2]

Regresou a Seton Hall en 1949, dirixindo ao equipo até 1960, logrando o maior éxito dos Pirates na súa historia ao conseguir gañar o NIT en 1953, contando con xogadores do talle de Walter Dukes e Richie Regan.[3] En 1964 foi incluído no Basketball Hall of Fame como xogador.[1]

Estatísticas como Adestrador editar

Equipo Ano Liga Regular Playoffs
Partidos Gañados Perdidos % vitorias Clasificado Gañados Perdidos % vitorias Resultado
Boston 1946-47 60 22 38 .367 6º na División Leste
Boston 1947-48 48 20 28 .417 3º na División Leste 3 1 2 .333
Total 60 18 42 .300 - 3 1 2 .333

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Official Website of the Naismith Memorial Basketball Hall of Fame - John Russell". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2008. Consultado o 08 de abril de 2010. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Honey Rusell". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2008. Consultado o 08 de abril de 2010. 
  3. 3,0 3,1 "Former Men's Basketball Coach John "Honey" Russell Inducted Into New York Basketball Hall of Fame". Seton Hall University Athletics (en inglés). Consultado o 2020-03-29. 
  4. "Boston Celtics Coaches". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2010. Consultado o 08 de abril de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar