Universidade de Nova York

Universidade estadounidense

A Universidade de Nova York (en inglés: New York University) (NYU) é unha universidade privada de investigación que se atopa en Nova York. Fundada en 1831, a NYU é unha das meirandes institucións sen ánimo de lucro de ensino superior nos Estados Unidos.[1][2] As clasificacións de universidades recollidas por U.S. News and World Report, Times Higher Education e o Academic Ranking of World Universities sitúan áUniversidade de Nova York no top 34 das universidades de todo o mundo.[3][4][5] A universidade está organizada en máis de 20 colexios e institutos,[1] que se atopan en seis centros de Manhattan e Downtown Brooklyn. O campus principal está en Greenwich Village, en Lower Manhattan con institutos e centros no Upper East Side, edificios académicos en Wall Street, e o campus de Brooklyn en MetroTech Center do Downtown Brooklyn.[6] A Universidade tamén estabeleceu a NYU Abu Dhabi, a NYU Shanghai e mantén outros 11 Centros Académicos Globais en Accra, Berlín, Buenos Aires, Florencia, Londres, Madrid, París, Praga, Sidney, Tel Aviv e Washington, D.C.[7]

Universidade de Nova York


Tipouniversidade privada, universidade de investigación, institución educativa privada sen ánimo de lucro e local de traballo Editar o valor en Wikidata
SedeNova York Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 40°43′48″N 73°59′42″O / 40.73, -73.995
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoNova York
CidadeNova York
BoroughManhattan Editar o valor en Wikidata
Código postal10012-1091 Editar o valor en Wikidata
Enderezo70 Washington Sq South, New York, NY, 10012-1091 Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1831 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Fundador/aAlbert Gallatin Editar o valor en Wikidata
Cadro de persoal15.286 Editar o valor en Wikidata
Número estudiantes51.848 e 57.270 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Contacto
Páxina WEBnyu.edu Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: NYU Twitter: nyuniversity Youtube: UCWbOgmmhIvrmcxKiAF8twPA BNE: XX138969 Dialnet: 852733 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
  1. 1,0 1,1 New York University (ed.). "Schools and Colleges". New York University. Consultado o 30 de agosto de 2013. 
  2. New York University (ed.). "The Global Network University". New York University. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2013. Consultado o 30 de agosto de 2013. 
  3. "Top World University Rankings, p4 | US News Best Global Universities". Usnews.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2014. Consultado o 17 de febreiro de 2016. 
  4. Times Higher Education (ed.). "World University Rankings 2016 | Times Higher Education (THE)". Consultado o 17 de febreiro de 2016. 
  5. Shanghai Ranking (ed.). "ARWU World University Rankings 2015 | Academic Ranking of World Universities 2015 | Top 500 universities | Shanghai Ranking - 2015". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2015. Consultado o 17 de febreiro de 2016. 
  6. NYU Web Communications. nyu.edu, ed. "Travel and Transportation". 
  7. "Global Academic Centers". New York University. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar