Basketball Hall of Fame

O Naismith Memorial Basketball Hall of Fame recoñece e premia a xogadores que demostraron unha habilidade extrema no baloncesto ao longo da súa carreira e a adestradores ou árbitros cunha grande contribución ao mundo do baloncesto. Algúns equipos ao completo tamén están no Hall of Fame, coma os Harlem Globetrotters.

Basketball Hall of Fame en Springfield, Massachusetts

Creouse en 1959, e a construción do museo rematouse o 17 de febreiro de 1968 en Springfield, Massachusetts. En 1985 o edificio foi trasladado a outra zona de Springfield, preto do centro, na beira leste do Río Connecticut.

O 28 de setembro de 2002 o Hall of Fame volveu ser trasladado de novo á súa terceira localización, un edificio de 45 millóns de dólares e 7 400 m².

Membros

editar

Despois dos nomeamentos do ano 2008, o Salón da Fama conta con 285 membros individuais (130 xogadores, 73 adestradores, 3 de ambos postos, 51 colaboradores e 12 árbitros) e 5 equipos. John Wooden, Lenny Wilkens, e Bill Sharman son os únicos que foron incluídos como xogadores e como adestradores.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar