Abrir o menú principal

Kristaps Porziņģis

baloncestista letón

Kristaps Porziņģis, nado o 2 de agosto de 1995 en Liepāja, é un xogador profesional de baloncesto letón que xoga para os Dallas Mavericks da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 2,16 metros xoga na posición de pivote.

Kristaps Porziņģis
Kristaps Porzingis.jpg
Dallas Mavericks – No. 6
Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 2 de agosto de 1995 (24 anos)
Flag of Latvia.svg Liepāja
Nacionalidade Letonia Letonia
Altura 2,16 m (7 ft 1 in)
Peso oficial 111 kg (245 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2015 / Rolda: 1 / Elección: 4

Por New York Knicks

Carreira dende 2011
Historial de equipos
Baloncesto Sevilla (2011–2015)
→Sevilla B (2011–2012)
New York Knicks (2015–2019)
Dallas Mavericks (2019–presente)

Traxectoria profesionalEditar

Porziņģis comezou a súa carreira en varios equipos da súa localidade natal, antes de fichar polas categorías inferiores do CB Sevilla no ano 2011. Debutou co primeiro equipo o 29 de setembro de 2012, na derrota do Sevilla contra o CB Murcia.[1]

O 25 de xuño de 2015, Porziņģis foi elixido na 4ª posición do Draft da NBA de 2015 polos New York Knicks.[2] O 30 de xuño de 2015, asinou o seu contrato de rookie cos Knicks.[3]

O 31 de xaneiro de 2019, Porziņģis foi traspasado xunto a Trey Burke, Tim Hardaway Jr. e Courtney Lee ós Dallas Mavericks, a cambio de DeAndre Jordan, Wesley Matthews, Dennis Smith Jr. e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft.[4]

NotasEditar

  1. "Universidad Catolica De Murcia CB 93, Baloncesto Sevilla 77". RealGM. Consultado o 20 de xuño de 2015. 
  2. "With The No. 4 Pick, The Knicks Select Kristaps Porzingis". NBA.com. 25 de xuño de 2015. Consultado o 26 de xuño de 2015. 
  3. "Knicks Sign Kristaps Porzingis and Jerian Grant". NBA.com. 30 de xullo de 2015. Consultado o 30 de xullo de 2015. 
  4. "Mavericks acquire All-Star Kristaps Porzingis, Tim Hardaway Jr., Courtney Lee, and Trey Burke in trade with Knicks". Mavs.com. 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2019. 

Véxase taménEditar